O país das beirarrúas feitizosas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O país das beirarrúas feitizosas
Esa é a grande verdade que eu (pequeniño empresario-traballador, membro dunha cooperativa de traballo) aprendín
Xa se consumou o erro de baixar salarios públicos, conxelar pensións e subir o IVA.

Fíxose o que debe dicir o manual do perfecto economista especializado en facer as cousas doadas, isto é, recoller no peto dos colectivos máis numerosos e están máis desprotexidos.

Con esta filosofía económico-política vaise a recadar máis (algo máis) e vaise a gastar menos (algo menos). Pero no fundamental non cambia nada.

E non cambia nada, porque o que realmente fai falla e crear emprego, xerar novas vías de ingreso a partires de actividades económicas produtivas, facendo o esforzo de poñer en valor aqueles recursos que están desvalorizados, olvidados ou escondidos.

É posible que sexa necesario correxrr o gasto do sistema público, e que algunhas das variables teñan que ser modificadas. Pero tamén é moi certo que o gasto público "en dinamizar a economía" nos últimos semestres foi de manual, pero do mesmo manual de esa corrente dos "perfectos economistas do doado". 

Gastar por gastar non serve para nada bo (serve para esconder a incapacidade de moitos e para arruinar  un pais).

Esa é a grande verdade que eu (pequeniño empresario-traballador, membro dunha cooperativa de traballo) aprendín.

Dado que esta crise veu para quedarse uns anos (van a ser máis dos que deberían, si os que mandan non espertan), fai falla poñer en marcha políticas novedosas para transformar/crear riqueza, emprego, valor engadido e como proceso seguinte, levar máis cartos (vía impostos) as arcas públicas.

Si non se actúa de esa maneira imos mal, moi mal e vou a explicar porque penso así.

Están a implantar, tanto o goberno central como o autonómico, unhas receitas que fixo o sr. Doutor en economía realista que é "alemán", que consiste nunha cousa moi sinxela e que ven a ser a seguinte: posto que nestes anos demos en ser moi gastóns, pois a receita é atrancar a porta e non gastar nada de nada; temos que arreglarnos co que temos dentro de cada unha das nosas casiñas.

Os alemáns están de acordo, xa que teñen a súa casa chea de todo e co suficiente para "un longo inverno de crise". O problema ven que outros temos a casa a medio terminar, non ten o teito e aínda falta un andar para poder cobizar a todos os nosos.

Iso é o que penso que está a pasar. Que os nosos dirixentes seguen facendo o que se di noutros sitios que é o mellor para nós.

Sinto que non teñen razón, que están fatalmente equivocados. Que o problema de uns ten unhas receitas e os de outros, necesariamente, ten que ter outras. A inflación, obsesión de Alemaña, non é o problema de España, e o nivel de paro si que non é un problema alí e aquí é unha lousa que ameaza absolutamente todo.

Perdemos máis duns anos en enterrar cartos e máis cartos en ter as beirarrúas máis abraiantes de occidente, complementados con uns contedores escamoteables á vista para recoller as vasoiras que son a "envexa" de Europa e do mundo enteiro.

Outros países están adicando cartos a crear riqueza, estimulando ó mundo universitario (o fonte do coñecemento), investindo en investigación, tecnoloxía, recursos humanos,  impulsando alianzas estratéxicas entre as empresas punteiras de cada sector co mundo universitario e das finanzas.

Aquí, nembargantes, estivemos a enterrar en cemento os catro euros que nos prestaron en Europa. E agora que os gastamos (esto das beirarrúas e gasto, non investimento), apagáronse as luces. E esa mala opción de gasto, disfrazarona como "política keynesiana", isto é, que en tempos de crise o estado é o que ten que tirar para adiante e facer grandes investimentos.

E istes economistas e políticos pequechos tomaron na súa literalidade o de"grandes investimentos públicos", polo que "gastar moito en obra pública".

Triste futuro si seguen gobernando xente con tan pouco criterio.

Están orfos de criterio económico, de criterio político e de criterio social.

Escoitei que os chinos din que unha crise debe servir como oportunidade. Si se ve de ese xeito, podería ser bo ter chegado ata aquí con estes chumbos nos pés. Soamente queda que nos demos conta que temos ese problema e poñerlle as solucións. Doado, non parece, pero nada hai que merece a pena e que non custe esforzo.

Temos que xerar o noso futuro tendo en conta a nosa realidade, e non a do Sr. Doutor que receita a catro mil kilómetros ou a seiscentos.

Outro exemplo vou a poñer. Resido en Compostela, cidade única por moitas razóns, sendo a máis coñecida a de ter a Catedral. Pois a min paréceme triste que sigamos tirando de ese recurso (que ten máis de seis séculos), sen aportarlle nada máis que a complemente aos ollos dos que nos visitan.

Non está rodeada a Catedral dun deserto, pero a foto fixa de moitos visitantes/turistas que veñen a Compostela é a Catedral e os 200 metros que a circundan.

Pouco ou nada di da nosa clase dirixente, xa sexa económica ou política.

Sei que hai empresas que se adican a traballar no proceloso mundo das subvencións europeas para tratar de traer axudas económicas aos organismos públicos galegos, xa sexa á Xunta, Deputacións ou Concellos.

Pois ben, tamén debería haber xente adicada a poñer en valor a nosa realidade cultural, etnográfica, paisaxística, etc e que pudera vivir de ese traballo, xa que de ese traballo iamos a beneficiarnos toda a sociedade durante máis tempo. Ven a ser o vello tema de dar peixes ou ensinar a pescar.

Basta xa de buscar axudas que terminan sendo esmolas que desmotivan a a acción, e escomezemos o proceso de crer en nós mesmos, nas nosas realidades.

Temos que loitar polo que temos, polo que sabemos facer, polas nosas capacidades de xerar riqueza.

Quixera non seguir escoitando que son outros os que nos axudan a pagar as pensións dos nosos maiores (que é unha gran mentira, aínda que moi repetida), e calan que Galicia ven desangrandose dende fai máis dun século, perdendo a unha gran parte do mellor que ten (a súa xuventude), antes na emigración a América e Europa e hoxe como persoal excepcionalmente ben formado nas nosas universidades, e con traballo  en diferentes multinacionais do mundo enteiro.

Temos que saber que non vivimos nunha burbulla, e que si non loitamos polo que é noso, van a vir outros e van a quitarnos o produto do esforzo de xeracións de galegos honrados e traballadores.

É o caso das caixas de aforros. Un caso máis destes que non fan ver que o mundo muda de xeito impredecible. Apenas nos decatábamos que eran públicas,  "nosas", que non eran do Sr. Fulanito e do Sr. Menganito e agora sacan unha lei que vai a facer que deixen de ser de "todos" para ser dos que xa teñen case todo.

Non estarán a explotar de vergoña algúns dirixentes políticos e economistas "de prestixio" que xestionaron en xestionan estos instrumentos de aforro colectivo.

Queda claro que o esforzo, o mérito e a capacidade,  non se corresponde cos premios que acadan algúns. E iste novo acontecemento é un exemplo brutal. Seguimos profundizando no erro de facer pagar o pobo os pecados das elites.

Pero temos que ser optimistas e seguro que terminamos atopando o noso camiño.

A disfrutar das beirarrúas con contedores soterrados. É o que temos.