O futuro sistema financeiro
08 de maio de 2011 (01:28 h.)
Retornarase parcialmente ao modelo tradicional: para poder prestar os bancos deberán ter primeiro depósitos
Imos coñecendo os acordos tomados no G-20 no que respecta ao deseño do futuro sistema financeiro mundial, unha cuestión de extrema importancia xa que hai que lembrar que a crise económica actual tivo o seu cerne no mundo das finanzas.
José Luis Rodriguez Zapatero foi convidado nos cumios do G-20 que deseñaron o futuro sistema financeiro, gabábanse daquela da fortaleza do sistema financeiro do Estado fronte a crise provocada polos EUA que contaminou a maior parte da banca europea e destacábase o papel do Banco de España. Poucas voces, entre elas a nosa, avisaba que bancos e caixas non estaban contaminados polos produtos tóxicos comercializados pola banca norteamericana, pero que o sobreendebedamento e a sobre exposición ao ladrillo tiña un tempo de maduración maior e mais destrutivo. Fora máis rendíbel endebedarse para investir no ladrillo que os rendementos dos produtos tóxicos.
Historicamente definíronse dous modelos de sistema financeiro dentro do capitalismo, o xaponés ou continental, propio de países como Xapón ou Alemaña, no que as entidades financeiras teñen unha estreita relación cos sectores produtivos, non só como financiadores como de implicación directa a través das participación industriais. Existe ademais o modelo anglosaxón, propio de países coma os EUA, onde as relación entre empresas e entidades financeiras se reduce ao papel de financiadores destas últimas.
Se a crise tivo a súa orixe no sistema financeiro dos EUA e non tivo relación coas participacións industriais, semella que o coherente (dentro do seu sistema de mercado) houbera sido descartar o modelo anglosaxón. Pola contra o neoliberalismo ten aceptado como de seu este modelo fracasado, o que levará a que a banca teña que reducir as súas participación industriais. A nivel galego os desinvestimentos que deberá realizar novacaixagalicia, dentro do plano de recapitalización pero tamén ligadas a este novo modelo, poden afectar a numerosas empresas ademais de afectar a estabilidade accionarial do Banco Gallego, Echeverria ou Pastor.
Unha das maiores preocupacións económicas, nun sistema baseado no creto, é a restrición do mesmo, froito do grado de apalancamento das economías occidentais. Neste senso si que é certo que se retornará parcialmente ao modelo tradicional: para poder prestar os bancos deberán ter primeiro depósitos, polo menos ataéque se reduza o endebedamento das entidades.
Por último é preciso dicir que pensan que a solución ante futuras crises é incrementar o tamaño das entidades e requirirlle maiores recursos propios, para evitar que deban ser rescatadas polos minguantes Estados. Afondan no problema facéndonos crer que é a solución.