O camarote do tito Rajoy
Teñen que poñer a funcionar o país, non a paralo
O mes pasado xa deixaban todo arranxado no tema da negociación do rescate bancario e saían pitando (tito Rajoy e compaña) cara a Polonia, para solucionarlle os problemas o presidente polaco (no descanso do partido) e para saír na foto do primeiro partido que xogaba España na Eurocopa.
Estes días están adiante e atrás coa reforma do medicamento e os diferentes tipos de contribución (en función dos ingresos).
Onte, no Parlamento de Madrid, xa deixaron cadradas as contas: subida do IVA, baixada de salarios dos empregados públicos, recortes e máis recortes que este venres irán tomando forma.
Isto é marabilloso. Esta xente amaña todo nun pis/pas, e sóbranlle miles de pezas (os novos parados que han chegar despois de estas reformas “serias e necesarias”).
Colleron un pais que camiñaba cara abaixo, e están a facer as reformas para que a velocidade sexa de bólidos de fórmula 1. Ata en iso a dereita ten máis “octanos”.
Si a xente gaña menos, e os que tiñan un salario seguro pensan que está en perigo e que estes recortes poden ser antesala de outros que poidan vir, está cantado que non se van a recoller máis cartos vía impostos, porque esa xente e outra que tamén xa estaba ou vai a estar en situación de pánico, deixará de consumir. Miren Grecia e xa está a conta feita. Non me gosta facer prognósticos e menos cando estes son negativos, pero anticipo unha nova xeira de peches de empresas de todo tipo (industriais e comerciais). O estado levará máis tallada pero dun anaco da torta máis pequena e senón ao tempo.
Fai falla un pouco-moito de imaxinación, de positivismo, de confianza nas posibilidades das potencialidades que temos como sociedade e como país, se o que se quere e saír do pozo ao que nos están a levar.
Hai que dicirlle a esta xente que teñen que deixar de esganar á sociedade a que din representar e que teñen que poñerse a traballar de verdade.
Teñen que poñer a funcionar o país, non a paralo.
Non poden recortar en I+D+I, que é o noso futuro como país do primeiro mundo. Non poden recortar en educación, porque é nas capacidades da nosa xuventude na que está o futuro económico do pais.
Non poden recortar en sanidade porque o medo é libre e si a xente comeza a pensar que é algo que o estado vai a esnaquizar, os individuos van a deixar de gastar, para destinar a aforro para posibles doenzas futuras (China está a traballar nun sistema de sanidade público que abranga a toda a poboación precisamente para que destinen máis cartos a consumir). Aquí ao revés dos que ven futuro.
Teñen que desaparecer as Deputacións, o Senado, axustar salarios de moitos cargos políticos, volver a ser afeccionados en moitas cousas. Non pasa nada, hai espírito de ONGs neste pais. Polo menos nos que cren no país.
A reforma das administracións é extraordinariamente urxente, porque non pode ser que teñamos unha España das Autonomía coexistindo coas Deputacións e que decir de manter microconcellos tan escuálidos de cidadáns como de servizos e persoal.
Ten que haber moita máis transparencia no gasto das diferentes administracións. Isto é verdadeiramente urxente.
Teñen que meter as tesoiras en todos os gastos superfluos, que son moitos, e que afectan aos seus colegas, e iso antes de ir contra a sociedade a que din que representan. Si seguen sen decatarse que por aí non hai saída, estamos perdidos. En algunha colaboración anterior, anticipaba que esta crise ía ser semellante á do 1929, que levou por diante o futuro de millóns de cidadáns europeos.
Nunca pensei que os historiadores puideran ser tan necesarios para un país.
É urxente que non cometamos os mesmos erros que daquela, para que teñamos un futuro como sociedade.
Fai falla que lle dean unha oportunidade a os que queren facer cousas, crear empresas, facer economía (non desfacela), en definitiva, aos que cren no futuro, e teñen que quedar no camiño aqueles que sempre están a falar da “herdanza”. Este goberno de Madrid xa esgotou o seo creto. Posiblemente puideran ser contables, algúns incluso bos contables, pero iso non é o que se necesita neste momento. O que necesitamos é xente que crea en nós e que sexa un exemplo no que nós nos miráramos. Ese “bo pai de familia” que dicía Rajoy. Alguén lle terá que explicar a ese señor que moitos dos bos pais de familia galegos colleron as maletas de cartón e marcharon polo mundo adiante para mellorar a economía dos seus. Non quedaron a contar os grans da herdanza recibida. Loitaron polo futuro dos seus.
Pero que clase de xente é esa.
Pero a que viñan cando se presentaron ás eleccións sen un programa. Para facer festas e alboroques, mellorarlle a vida a personaxes como ós presidentes das deputacións (as de Ourense ou a de Alicante, por exemplo), aos seus amigos da infancia, aos seus familiares o pais xa non estaba. Si vían que non eran quen de loitar contra un rumbo certamente equivocado, que non se presentaran.
O país necesita de dirixentes políticos e empresariais comprometidos co seu presente e co seu futuro. O paso que deron os novos xestores de NovaCaixa Galicia debería de abrir unha vía de positivismo e de esperanza. E de xustiza recoñecer o paso que deron de manifestar os erros pasados e de manifestar o compromiso por facer as cousas mellor.
Oxalá se espallara o exemplo nos dirixentes políticos.
Seguro que temos futuro como país, pero temos que sacar canto antes estes pesos que non suman nada, que actúan como parasitos.
É a tarefa renovada.