O A.V.E. que asexa
No futuro, a centos de kilómetros por hora pasará o tren de alta velocidade, e dentro dese ambiente de presas as novas inquietudes de negociantes, aventureiros, relixiosos...
Os ollos labregos de toda a Ulla e os de toda a Galiza rural non se asombran, xa están afeitos a todas as obras que fan e desfán diante do seu, ás do AVE tamén. Por aquí a capacidade de asombro vai minguando despois de tantos camiños andados e a velas vir. Como unha intrusa, pero necesaria, serpe de futuro, a que pese a tantos pesares, acordos, desacordos parlamentarios, contubernios, limitacións orzamentarias e do terreo... nace serodiamente. Obra que pese ás novas tecnoloxías, de momento, segue a tradición das orelleiras e fura obsesivamente por derriba e debaixo de todo cara o Madrid do Km. 0. Cando o Porto lusitano e Atlántico -esa parte de nós e de progreso, que é algo máis que a Europa dos mellores viños e do fútbol- está tan preto. Cousas dunha xeopolítica interesada noutras xeodésicas, na liña máis corta e máis rápida para unir coa metrópole.
Para enxergar o panorama, para ser testemuñas do noso acontecer compre poñer os pes no chan, subir ó mítico Pico Sacro de Boqueixón, ou baixar a ese, non menos enigmático, lugar de San Xoán da Cova, en Ponte Ulla. Dous referentes en relación cos mitos e a arqueoloxía de Compostela, que é como dicir a cerna de Galiza. Observatorios do acontecer histórico, a carón da sangría do Serraval, das minas do "ouro branco" que non morrillo, esa especial cuarcita que se emprega para as altas tecnoloxías. Velaí o porqué do topónimo de Pico Sagro (Saxo=seixo) e "Sacro" tamén entre as ondas montesías.
Paraxes que inspiraron a primeira e romántica novela de Marcial de Valladares, "Maxina ou a filla espuria", propia para un serial venezolano; terras tamén do historiador e cóengo Antonio López Ferreiro; onde Neira Vilas vive e pode seguir a escribir novos capítulos das "Memorias dun neno labrego" o que envelleceu polos camiños da rosa dos ventos da emigración, para retornar a súa Ithaca... Pazo de Oca, de Santa Cruz de Ribadulla, Guimaráns...
Esculcamos como polo horizonte, de norte a sur, se perde esa liña recta de túneles, que furan baixo altares, montes que noutrora serviron de orientación para peregrinos, arrieiros ansiosos de pasar fronteiras... viadutos sobre ríos, veigas, lameiros, bosques, ermos, deixando de costas vilas, a parte de atrás de factorías, polígonos industriais abertos e pechados, escenarios de traballo e esperanza. No futuro, a centos de kilómetros por hora pasará o tren de alta velocidade, e dentro dese ambiente de presas as novas inquietudes de negociantes, aventureiros, relixiosos... e nuns segundos, a unha e outra banda, vai quedando ese outro noso ritmo e mundo.
Camiños de cemento e ferro, de travesas e raís trazados sobre o mapa, impostos sobre a realidade de ríos, fervenzas, veigas, eidos, lameiros, hortas humildes ou de solemnes pazos, de mosteiros, sobre campos de romaría... por onde seguen a pastar as filosóficas vacas, a sachar o paisano, que sube e baixa, que segue a contestar con preguntas sen resposta. Ir e vir de maquinarias de última tecnoloxía, perforadoras, grúas, camións, tráilers con grandes vigas, cementeiras... portugueses, galegos, colombianos, brancos, negros, obreiros empoleirados sobre os altos piares, sobre as parábolas e os taboleiros de formigón. Ambulancias, paros, e volta ao tallo... Paisanos observadores do acontecer, os que baixo o casquete esférico da boina cavilan que se as súas penurias foron grandes, amarrados á terra, ou servindo a canto lle pedía a emigración, as de agora, as dos que están empoleirados horas sobre os abismos, non son menores.
Fora o que fora, hoxe por hoxe, ese traxín é o que move e altera a aldea: o bar esta cheo de descoñecidos que axiña se fan amigos por meses, até que desaparecen; novos hostais que dan parada e fonda, o vello hotel da estrada mellorou e no seu entorno apareceron snacks nocturnos de lucería rosa e de neón. Novas historias. E despois diso, xa Santa María de Gundián, Santa Minia de Brión, San Campio de Entíns, nosos caciques santiños, xa proveerán novos futuros.
Aqueles tramos de vías, estacións e obras auxiliares do FF.CC. Zamora-Coruña, feitas dun xeito interdisciplinar e con tanta "visión de futuro", xa non valen medio século despois. Mesmo o nome de ferrocarril e ferroviario queda trasnoitado. Nin tan sequera a arqueoloxía industrial se preocupa por tan rápido acontecer... seguramente pasadas as décadas buscaranse fotos, planos... para museos. A estación do Ferrocarril de Santiago, coas súas trazas de "neobarroco rexionalista", cos seus soportais, columnas, pináculos, balagustres, rocallas... está en remodelación para novas aventuras. Aventura xa experimentada hai décadas na Europa máis madura, onde se entende o que significa unha encrucillada, o "carrefour": estacións, aeroportos, estadios, megalocentros para contidos reconvertibles... co seu ir, vir, esperar de xente, de consumidores.
Entre "brotes verdes" comestos polas pragas do pelotazo, muda a vestimenta de Galiza, mudan as relacións, a economía, a cultura, a imaxe, a identidade tambalea... seguimos en obras sobre os vellos camiños da Meseta. Polo de agora o caso son as obras, facer e desfacer. Así se move a economía, principio e fin do que imos sendo. Fisterra, Ortigueira, Verín seguirán quedando no confín do espazo e máis do tempo.