Novo ataque á clase traballadora
Un aspecto clave desta reforma é o de dar prevalencia aos convenios de empresa fronte aos do sector
O Goberno Español ven de aprobar un anteproxecto de lei de reforma da negociación colectiva que supón un novo ataque á clase traballadora. Por esixencias da CEOE, FMI e UE, o Goberno prégase aos intereses do capital e promove cambios no actual sistema de negociación colectiva que, sen colmar todas as esixencias da patronal, debilitan sensibelmente a situación dos traballadores e traballadoras e do movemento sindical.
Un aspecto clave desta reforma é o de dar prevalencia aos convenios de empresa fronte aos do sector para negociar aspectos básicos das condicións laborais: salario, xornada, horario, vacacións, pagas, ..., de tal forma que en caso de concorrencia de convenios o que prevalece é o que figura pactado no convenio de empresa.
Situados nun escenario como o actual, no que a maioría das empresas e dos traballadores teñen reguladas as súas condicións laborais a través, en concreto, de convenios sectoriais provinciais e nun País como o noso no que o 90% das empresas non chegan a seis traballadores, é evidente que este cambio na normativa vai levar a que se asinen centos de convenios de empresa, todos eles diferentes, a cada cal cunhas condicións laborais máis baixas e sen que exista, na práctica, posibilidade ningunha de facer forza a nivel sindical e de presionar á patronal para pactar convenios nunha condicións dignas. Isto vai supor unha caída xeneralizada nas condicións laborais actuais e un escenario de enorme debilidade para a clase traballadora e as organizacións sindicais. Viva o "progresismo" e o "compromiso social" da socialdemocracia española.
A orientación desa reforma, ao igual que a reforma laboral de setembro de 2010, é buscar a recuperación económica, e facer máis competitiva a economía española, a base de abaratar os custos laborais de cara a facilitar as exportacións, cousa que pode facer calquera outros dos Estados do noso entorno, co cal invalídase en grande medida o suposto efecto beneficioso desta medida, e ao mesmo tempo, incrementar a marxe de beneficios das empresas, coa inocente e xa demostrada equivocada intención de que a patronal invista ese beneficio en crear estrutura produtiva. Un exemplo moi ilustrativo é o caso da Telefónica que cuns beneficios de 10.000M€ promove un expediente de extinción de contratos para 8.000 traballadores e traballadoras.
Para saír da crise económica e empezar a crear emprego, hai que mudar estas políticas e defender a necesidade de incrementar o investimento público produtivo, mellorar o poder adquisitivo dos salarios, fomentar empresas públicas en sectores estratéxicos, potenciar o tecido produtivo fronte ao capital especulativo, promover unha banca pública que canalice recursos as familias e pequenas e medianas empresas, é dicir, facer xustamente todo o contrario do que está a facer o Goberno Español e a xunta de Galiza.