Fuxamos do postureo e do activismo de sofá
A cuestión é que cada un atope aquel no que se sinta cómodo e no que poida posturear máis a gusto
Moitos pergúntanse como pode ser que todos os ataques que estamos a sofrer nos últimos tempos, no social, no laboral, no cultural, etc... non provoquen unha reflexión nas clases populares e un reaxir contra a actual situación por medio de mobilizacións masivas que nos permitan recuperar os dereitos que nos están a ser arrincados.
O certo é que tamén no contorno de cada un de nós hai quen asume como lóxico, dada a actual situación de crise, que se reduzan salarios, dereitos e servizos públicos e se impoña a máxima de que o que non dá beneficio hai que eliminalo; e outros din que non vale para nada mobilizarse argumentando que é imposíbel erguer unha alternativa pois a fin de contas todos os políticos son iguais.
Se hai sete ou oito anos nos dixeran que íamos estar nesta situación de desvalorización de conquistas que foron acadadas despois de décadas de loita e sacrificio e nos son arrebatadas en poucos meses ou semanas non daríamos creto, e pensaríamos que estabamos a sofrer un horríbel pesadelo do estilo da película Good Bye, Lenin!
Pero a situación é a que é non a que nos gostaría que fose, e aqueles que nos auto-cualificamos como transformadores, de esquerdas ou revolucionarios non podemos fuxir dela inventando realidades ficticias e deseñando saídas simplistas adaptadas ao noso imaxinario; ese tipo de saídas adaptadas ao que nos gostaría son moi doadas de transitar na teoría pero totalmente ineficaces na praxe.
É certo que transitamos un tempo de mudanza pero non pensemos que é tempo de revolucións cando menos na Europa; o capitalismo precisa rapidamente pasar páxina da actual fase neoliberal cara outra que lle permita seguir dominando o mundo. E neste tempo de mudanza o sistema xa non considera que precise recorrir a pensadores que nos convenzan do suposto Fin da historia ou de que a democracia capitalista occidental é o mellor sistema de goberno.
Hoxe élles moito máis doado e por tanto non se andan con chiquitas, pasan por riba dos gobernos de estados supostamente soberanos, impoñen medidas de obrigado cumprimento desde institucións que o pobo non elixe e argumentan que non hai outro remedio que aceptar os recortes si queremos tranquilizar aos mercados e manter o que nos deu a Europa realmente existente.
Un día tras outro comprobamos como se pon a pan pedir aos dirixentes políticos, englobando a todos nunha clase política que polo visto é toda ela culpábel por inepta e corrupta, buscan deste xeito que a xente rexeite a participación política e considere perigosas as ideoloxías. Realmente para o sistema non hai mellor xeito de perpetuarse e transmitirnos a ideoloxía dominante que convencernos de que non hai nada que facer porque todos son iguais.
En situacións coma esta compre firmeza e deixar de lado os discursos mornos que fuxen de chamarlles ás cousas polo seu nome, xa sexa este "loita de clases" ou "loita entre centro e periferia"; non serve enganarse e pechar os ollos pensando que escampará e xa nos tocará a nós.
Pero igual que son negativos os discursos que buscan non molestar non o son menos os que chaman á radicalización e a erguer un movemento social que dará volta de quilla á actual situación voltando a poñer en primeiro termo a "democracia" "as relacións horizontais", etc... argumentando que é doado pois son só unhas supostas cúpulas burocráticas as que impiden que saian as enerxías revolucionarias contidas.
Unhas actitudes e outras aínda que poidan semellar opostas á hora da verdade veñen coincidir no que eu cualifico, collendo emprestado o nome dun blog portugués, como Activismo de Sofá , ou como di a miña compañeira Adela Leiro non son máis que simple postureo.
A fin de contas hai moitos tipos de sofá; clásicos, modernos, tapizados en diversas tonalidades da mesma cor rosa, de cadriños vermellos, etc..., a cuestión é que cada un atope aquel no que se sinta cómodo e no que poida posturear máis a gusto.
Para uns as condicións obxectivas deberían levar a que a indignación e a difícil situación económica que está a pasar xa unha parte importante da nosa sociedade deran inicio a unha bola de neve que conforme avanzara debería facerse máis grande até rematar cunha explosión liberadora; quen así falan confunden unha vez máis os seus desexos coa realidade e na súa ansia por armarse da teoría e das receitas dos gurús que hoxe están máis de moda esqueceron repasar os clásicos do marxismo e non deron chegado ao segundo capítulo do libro, no que se nos fala de que deben crearse as condicións subxectivas e de que nunca debemos confundir vangarda con vangardismo.
Para os outros as dificuldades son unha excelente escusa para se mimetizar aínda máis no sistema, sen decatarse da diferenza existente entre alternancia e alternativa; e ademais seguen sen se decatar de que as regras dese mercado político polo que se sinten tan atraídos amosan que é unha estratexia ideada polas grandes marcas asentadas potenciar un par de marcas brancas co obxecto ocupar todos os nichos de mercado posíbeis e impedir o xurdimento de produtos competidores de calidade.
Non é doado, e aqueles que todos os días temos contacto con xente que queda sen traballo pero con hipotecas ou cretos ao lombo moitas veces cabreámonos ao ver que son incapaces de reaxir, un cabreo que é reacción humana pero que non debe levarnos ni ao derrotismo nin a buscar supostas saídas que poden destruír un patrimonio de décadas de traballo.
A realidade é moi dura pero o nacionalismo pasou por momentos duros noutras etapas da súa historia, e foron sempre a unidade, o compromiso e o sentido da responsabilidade con Galiza os que nos permitiron resistir, e hoxe resistir supón avanzar.
Nos últimos dous anos fomos quen de enfrontarnos ao PP lingüicida, abrímoslles os ollos a milleiros de galegos e galegas sobre a importancia dun sistema financeiro galego, estamos a defender con dignidade os dereitos sociais e laborais fronte a traizón dos sindicatos estatais. Por tanto hai nación porque hai nacionalismo organizado; só precisamos que todos e todas luxemos as mans traballando coa terra que nos veu nacer. Xa haberá tempo para contar batalliñas sentados no sofá cando a obra estea rematada.