Europa sempre en costrucción

Europa sempre en costrucción
Mirando os xornais nestes meses de verán, da medo o que está a pasar na Europa rica

Mirando os xornais nestes meses de verán, da medo o que está a pasar na Europa rica, superavanzada en todo tipo de liberdades e cun "ego europeo estúpidamente superlativo".

Escomezamos estoupando e asasinando en Oslo e terminamos prendendo lume a Londres. E non veñen de ningures. Bastámonos nos, os europeos, para estragarnos a "boa vida" que temos.

¿Ou non é tan boa?

Neste momento, parece que se cumpre o dito de que calquer tempo pasado foi mellor, e seguro que non é certo. Pero o que si é certo, e que non imos cara a tempos doados. Nin no económico nin no social nin no político. Do mundo da ética, dicir que parece que está en construción.

O que si parece certo é que temos un gran desafío neste recuncho de Europa. E ten que ser o de non seguir esas "novas modas" de correr para adiante sin que de tempo a pensar si iso é o mellor.

Miro con nostalxia para atrás, e como rapaz que crecín nunca pequena vila, lémbrome das tabernas que eran algo así coma os salóns comunitarios (dos homes), das tendas de comestibles que en 40 m2 tiñan case que todo o necesario para a boa administración dun fogar (artigos de alimentación é de limpeza) e onde funcionaba a libreta "a creto", das panaderías que competían por facer o mellor pan,... e todo iso se facía andando e onde as relacións comerciais eran relacións vitais, de veciñanza, de amizade,...de colaboración económica nun sentido extenso.

Todo iso esmoreceu para dar paso a unha sociedade "moderna",  onde ninguén coñecemos a ninguén, todos somos anónimos (ou iso pensamos), onde todos imos sempre con presas e no coche -por suposto- desprazámonos a mercar a centros comerciais que están as aforas das vilas e cidades. Non vale o que está feito, ai que facer cousas "modernas", para ser iso..."moderno".

Tamén son modernas as sociedades norueguesas e inglesas, pero teñen neste verán motivos para repensar cara a onde van. E nos tamén deberemos facer o mesmo. É a nosa obriga como individuos facernos ouvir para correxir a ese poderes de todo tipo que marcan tendencias.

É o camiño ou a velocidade que levamos para chegar a esa "modernidade" os que fan que deixemos case que todo o que antes era valioso e estámolo cambiando por iso que brila, que nos din que é mellor, pero que en realidade termina sendo unha ilusión que termina por frustarnos.

Europa, a cuna da sociedade occidental, esa Europa que estivo sempre en guerra (non o olvidemos), parece que estaba dormida e que comeza a despertar.

E de esta vez vai  a despertarla do seu sono etnocentrista o "Mercado".

A situación económica, os diferentes intereses económicos imposibles de negociar nunha mesa, foi o que fixo que Europa estivera século tras século ardendo en guerras.

E agora parece que imos polo mesmo camiño. Estorban os emigrantes (máis ben os emigrantes pobres), e os fillos de estes. E tamén estorban os parados, sobre todo os que cobran algunha prestación (aínda que sabemos que non hai traballo para todos), e os dependentes, e as viúvas con pensións mínimas, e os que son de esquerdas (xa están a dicir que a política non sirve para nada).

Esta nova Europa, non sei por qué me lembra o peor da vella Europa.

No camiño perdemos o encanto do pequeno, do singular, da dimensión humana e adaptamos o peor da era industrial: o termo estándar.

Todos teríamos que ser sociedades de dimensión (política-social-ética-) estandar. E iso, sinxelamente, é imposible. Porque somos persoas, seres individuais, non somos seres robotizados (aínda que as veces parecería que si o somos).

E cando iso non se ten en conta, xurde a loucura incontrolada e a ira da masa.

A ditadura do mercado está detrás do que pasou en Noruega, no que pasou en Londres e o que pasou nas bolsas de toda Europa, cos seus valores financeiros e non financeiros e na débeda pública atacados por terroristas económicos que veñen do "planeta Mercado".

Europa volve a ser un campo de batalla, unha guerra entre os defensores do bo que podía quedar de antes, do mundo á medida das persoas, e por outra banda os defensores do "mundo estándar" que nos quere impoñer os emisarios de ese mundo onde Mercado manda.

Confío en que gañen os bos, a xente, nos.