Empresariado e sistema financeiro galego
11 de febreiro de 2011 (23:00 h.)
É agora que se necesita colaboración, aporte económico, onde están os poderes fácticos da economía do país
O conxunto da sociedade galega está a viver un ciclo tremendamente convulso, no que atinxe a súa capacidade financeira para garantir o seu presente e futuro. A crise, provocada por un sistema económico irracional e criminoso para pobos e sociedades, é unha das causas principais do abaneo da nosa economía.
Este sistema tan aplaudido e seguido dunha maneira irresponsábel polos centros económicos máis importantes da sociedade galega, agora volvese contra os mesmos e vai camiño de privalos dos seus resortes financeiros. Un orde que devora, sen contemplacións, aos seus propios defensores. A desgraza e que no paquete esta o Pobo Galego. Non esquezamos que as medidas de bancarización ou privatización da Novacaixagalicia é unha medida tomada polos que provocaron a crise e non obedece nada máis, nin nada menos, que a unha maior concentración do poder económico e político. Estes poderes saben moi ben o que queren, é, sen mínimas contemplación, trazan os seus obxectivos e borran do mapa todo o que lles pode estorbar para os seus planos de especulación e concentración do capital; presentes e futuros. Arruinaronnos coa crise e agora seguen a arruinarnos coas medidas que están a aplicar.
O noso sistema económico financeiro galego, agora está ferido de morte, por falta de capacidade política e fortaleza económica, para evitar a súa privatización. Produto das políticas aplicadas polos partidos españois na Galiza. Ben é certo que cometeu erros, pero non lle podemos negar o papel que tivo na formación da grande maioría das empresas que traballan na Galiza, así como na propia sociedade galega, ao xestionar os recursos de todos nós. Gostenos ou non, foi unha peza clave na economía da sociedade galega. Hoxe, esta en apuros, en certa maneira por compartillar directrices económicas e xogar, sen protección algunha, dentro dese mercado financeiro, que agora o ataca sen paliativos. Seria importante que aprenderan a lección e dunha vez por todas, saiban, se non o sabían, cal son as práticas dos magnates da Europa, a hora de buscar a concentración de capitais. Seria necesario, aprender tamén, que ou Galiza se fortalece no político e no económico, ou as cousas seguiran a empeorar.
É agora que se necesita colaboración, aporte económicos, onde están os poderes fácticos da economía do país, si é que os temos? Onde as axudas e colaboracións dos que, cos cartos de todos, se ergueron e formaron conglomerados empresarias. Triste papel o de parte do noso empresariado, máis non inesperado. Unha vez máis, ponse de manifesto, por desgraza, unha das fraquezas da nosa sociedade, o mutismo e desleixo dos que máis beneficios tiran deste país. Optase pola pasividade desde certos estamentos económicos, cando moitos só poderán sobrevir si se conserva un poder financeiro para os sectores da Galiza. Moitos tremen, agochan a cabeza e non son capaces de dar nin tan sequera a súa opinión, non vai ser o demo. A sociedade galega, movese, opina, participa e reclama; un poder financeiro público, máis a maioría dos empresarios e da súas asociación semellan non existir. Coma si isto non vai con eles. Como se laiaran, cando o raposo monopolista lles estrague as súa empresas, como xa está a pasar.
Como se por ser tan torpe e non darse que están sendo utilizados para engordar poderes alleos que logo se volveran contra eles. Como non se dan conta de que as migallas e subcontratas ofertadas polos grandes, non lles é a solución. Como poden esquecer a fraxilidade que teñen fronte ao sistema que din adorar. Só unha cegueira de súbditos lles pode impedir ver esta crúa realidade. Impedelles ver, que ou tronzan as alianzas cos sectores monopolistas, ou corren o perigo de ficar sen diñeiro e empresas. Cando se darán conta de que os seus aliados naturais na Galiza, somos os que defendemos outro modelo económico, os que buscamos unha economía produtiva, os que buscamos a súa fortaleza económica, os que primamos as súas actividades fronte as monopolistas.
Mais, por sorte,non todos teñen estes comportamentos. Hai no país empresarios e asociacións empresarias que combaten este estado de cousas e teñen un comportamentos empresarias, pensado na Galiza e para Galiza. Pensemos, entre outras, por exemplo na Rede Galega de Empresas. Máis é necesario intensificar o confronto neste campo e pular porque estes sectores, saiban, con toda seguridade, que o seu futuro de supervivencia e de desenvolvemento económico só é posible nunha Galiza forte no político e no económico. É que o seu campo, hoxe mais que nunca é o mesmo que os dos que combatemos as políticas que levan a grande concentracións de capitais e centralización dos poderes políticos. En fin, as que optan por marxinalizar a Galiza no económico e no político.