Da globalización e das colonizacións modernas?
Qué pequecho é o mundo
Qué pequecho é o mundo. TEPCO, a empresa propietaria da central atómica de Fukushima, onde podemos ver xornada a xornada eses reactores nucleares que están a provocar tantos problemas de contaminación en Xapón, e que a día de hoxe non queda claro como vai ficar o problema radioactivo, tamén ten intereses en Galiza, máis concretamente, no sector eólico. Unha vela téñena posta aos deuses e outra aos diaños.
Leía esta noticia fai uns días nun xornal, onde informaba que tiñan -xunto coa Toyota- e a través de dúas empresas, uns 540 Mw, dos cales uns 400 xa estaban producindo e os outros en vías de...
E eu que pensaba que as grandes corporacións económicas de Xapón descoñecían onde estaba a nosa terra. Debo confesar a miña inxenuidade. O capital ten un ollo global e está sempre tentando ver onde están as oportunidades (sobre todo as Oportunidades con maiúscula).
Nesa información, loxicamente, non se facía ningunha crítica a Tepco, mais se louvaba esa empresa, por ser a multinacional xaponesa que máis ten investido en Galiza.
E a miña reflexión vén porque nese mesmo xornal e durante moito tempo tivo nun recadro (na súa edición dixital), no que dicía algo así como que "un panadeiro dunha comarca de Lugo quería entrar no concurso eólico -no que sacara o goberno PSOE-BNG", dando a entender coma que "a onde íamos chegar!". Xa digo, estivo moito tempo na páxina web, algo así como para escarnio de futuros.
Efectivamente, hai un sector da sociedade, pequeno en número, pero importante polo seu poder, que considera que hai negocios nos que poden participar todo o mundo, e outros -os deles e os da súa casta-, que son para empresarios "dos de sempre". E iso, ademais de non ser xusto é ir -no fondo- contra os intereses do país, alonxa ao capital galego dos sectores nos que Galiza podería ser potencia.
Xa é coñecido por todos a anulación do concurso eólico do bipartito e a aprobación do que fixo o actual goberno do PP (iremos vendo como se da solución a incerteza xurídica derivada de tal anulación).
O resumo que eu -seguro que malintencionadamente fixen- foi que é preferible (para algúns), que os xaponeses (ou outros de outra parte do mundo) exploten a potencia eólica galega, e que despois se leven os rendementos para o seu país, nun sector onde o risco empresarial é moi limitado ou nulo (xa que está nun sector con prezos intervidos e non suxeito a competencia), a que ese mesmo negocio o fagan pequenos ou medios investidores galegos que teñen empresas e están xerando traballo e riqueza no sector agropecuario, industrial ou de servizos.
E ao carón desa noticia, estaba o tema do incremento do paro. E as solucións, neste caso, pasan por solucións individuais, fomento do emprego autónomo, máis créditos para as pequenas empresas, bla, bla, bla,...
Efectivamente, parece que estamos nun proceso imparable de desintegración económica e social. Deixamos escapar as posibilidades de crear riqueza naquelo no que podemos apoiarnos para medrar, e tentamos competir no que xa é obsoleto e non ten sentido con solucións que servían fai un século, pero que hoxe son quiméricas. Estando onde estamos, e xogando nun taboleiro global, temos que afortalar as nosas capacidades e, sen embargo, estamos a regalar o noso futuro como país por un prato de lentellas ou, por mellor dicir, por unhas campañas publicitarias en diferentes medios.
Xa estamos a ver a "gran capacidade de xestión" de TEPCO, na resolución dos problemas causados pola "súa" central nuclear. Haberá que ver se os ancoraxes dos muíños de vento desta empresa cumpren a norma, non vaia ser. Tamén está por ver ese compromiso polo país que debera de ter calquer empresa que veña a explotar os nosos recursos naturais (explotar no sentido colonial).
Tendo en conta o escenario económico-laboral e social tan complicado no que estamos nesta parte do mundo, e que parece que vai durar un par de lustros, é extraordinariamente importante que a nosa clase política poña en valor as nosas capacidades e non as malvenda ou as deixe sen desenvolver.
Como conxunto temos posibilidades, e individualmente terminaremos sendo esnaquizados polo sistema globalizador de miseria e destrución capitalista no que estamos instalados. E como nun castelo de naipes, caerán todos os niveis. Pode que un parado galego non importe en Xapón, en China ou en EUA, pero teñen que saber os nosos gobernantes que eles alí tampouco pintan nada.
Temos que loitar contra o paro e a crise económica con sentido de país. Un galego en paro leva, moitas veces, aparellado unha traxedia persoal ou familiar, xa que a posibilidade de voltar a traballar en tempo breve parece cada vez menos doado. E a isto teñen que ser sensibles todos os estratos políticos (comezando pola Xunta e rematando polos concellos).
Así que se os políticos queren seguir sendo parte da elite desta sociedade, dedicados a nobre tarefa de dirixir ó seu pobo, teñen que esforzarse por facer un país económica e socialmente moderno, dando oportunidades aos de aquí e tamén aos de fora. Non veñen tempos para privatizar a riqueza e socializar a pobreza, iso xa é unha trampa que ninguén se cree. Van vir xornadas complicadas, e xa non funciona a válvula de descompresión da emigración. É necesario que as capacidades produtivas se poñan dunha vez ao servizo do pobo, porque o momento actual pide ese compromiso co país ás clases dirixentes.