Crise económica e futuro ambiental
11 de agosto de 2010 (00:01 h.)
. Nesta situación e á vista destes datos, cabe, dende logo, repreguntarse se, á saída da crise, pode o medio natural ter mellor futuro
Se hoxe comparáramos algún dos indicadores ambientais máis recoñecidos,-como as emisións de CO2, a xeración de residuos, a contaminación ambiental, a degradación do solo, a perda de biodiversidade, etc-, cos de fai tan só dous anos non poderíamos menos que afirmar que a crise económica ten dado un respiro ao medio natural, -noso e das xeracións futuras-, ao reducírense, -nalgúns casos notablemente-, os impactos ambientais da actividade económica. Nesta situación e á vista destes datos, cabe, dende logo, repreguntarse se, á saída da crise, pode o medio natural ter mellor futuro. Pode a sustentabilidade ambiental que os ecoloxistas reivindicamos ser compatible coa natureza depredadora do sistema capitalista?. É a crise ambiental unha consecuencia dos excesos desta etapa neoliberal e incontrolada do capitalismo globalizado actual, -excesivamente dominado pola especulación do capital financeiro-, ou é ela co-substancial coa natureza depredadora do capital? Da resposta que deamos a estas cuestións dependerá, dende logo, que o movemento ecoloxista quede limitado a un, - máis ou menos acertado-, recetario reivindicativo fronte aos problemas ambientais, ou que, -a maiores-, poda tamén constituírse, dende a súas reivindicacións e autonomía, en forza esencial da loita de clases a favor dese novo modelo de produción, baseado na solidariedade, que resulta imprescindible construír para salvar o noso planeta e a nosa civilización da catástrofe ambiental e humanitaria á que nos está conducindo a irresponsábel depredación do actual modelo neoliberal.
Depredación capitalista: plusvalías ambientais
A depredación do traballador: as plusvalías do traballo: Xa hai tempo que a teoría marxista nos ten explicado a natureza depredadora do capital: de como o capital, -mediante a propiedade e o control dos medios de produción-, se apropia da plusvalía que xera a forza de traballo, é dicir, da diferenza entre o valor de mercado das mercadorías producidas (por dita forza de traballo) e o valor que o capital (o empresario capitalista) devolve ao traballador (convertido á súa vez en mercadoría que, no chamado mercado de traballo, oferta e negocia a cesión do seu tempo, coñecementos, habilidades, - (forza de traballo). Nesta explotación, que se produce tanto a nivel individual (a través do salario de cada traballador) como a nivel social (a través do desigual reparto das cargas sociais, na privatización e desigual acceso aos servizos públicos ou na desigual presión fiscal que soportan as rendas do traballo fronte ás do capital) e que en Galiza é, a maiores, explotación colonial (expoliación dos recursos naturais e dos excedentes económicos da nación, destrución das capacidades e potencialidades endóxenas, etc) afinca as súas raíces a teoría marxista da loita de clases como ferramenta coa que as nacións colonizadas e as clases populares, -revelando a natureza espoliadora do capital e agudizando as contradicións de clase na constante loita por mellorar as relacións de explotación-, poden liberarse definitivamente de tal explotación.
Certo que nas economías desenroladas do Norte estas contradicións de clase foron, durante tempo, facilmente enmascaradas grazas ao noso relativo crecemento económico, baseado, dende logo, na expansión do consumo a crédito, pero, sobre todo, na expoliación colonial,-unhas veces mediante a ocupación directa e outras a través do intercambio desigual-, dos países do Sur e na depredación continuada da natureza, utilizada tanto como fonte de materias primas, como para sumidoiro dos residuos xerados no proceso de explotación económica.
A depredación da natureza: plusvalías ambientais: a actividade económica consiste, en última instancia, na transformación de materias primas en bens para o mercado (mercadorías) mediante a incorporación de enerxía e forza de traballo (que tamén é enerxía). Estas materias primas proveñen sempre, por un ou outro camiño, da natureza, e delas (e demais recursos naturais e capacidades da natureza) tamén se apropia o capital sen preocupación algunha nin pola súa reposición nin tampouco pola restitución dos equilibrios ambientais alterados: os vales dos nosos ríos asolagados polos encoros ou o carbón de As Pontes e Meirama convertido en CO2 e esgotado en beneficio dun negocio eléctrico que sae de Galiza sen sequera abonar aquí taxas de peaxe; os nosos montes reconvertidos ao monocultivo de eucaliptos para a produción de pasta de papel e o amoreamento de celulosa en vivo; a nosa tradicional produción agraria e gandeira desmantelada a beneficio da agroindustria europea ou, -máis actualmente-, o rescate polo goberno do Sr. Feijóo da potencia do noso vento para, de novo, entregala aos monopolios de fora do país, son algúns exemplos da vinculación entre explotación económica e depredación da natureza, sempre característica de todas as economías colonizadas.
Esta depredación da natureza (extracción sen reposición ou a non restitución dos equilibrios ambientais alterados) nunca figurou na contabilidade do chamado Produto Interior Bruto (facendo aínda menos fiábel este pretendido indicador do desenvolvemento) e só moi recentemente está a ser incorporada á análise económica baixo o eufemístico concepto de "externalidades" ("efectos colaterais" no moderno argot dos eufemismos bélicos) coa finalidade, dende logo, de incorporar a degradación ambiental na avaliación económica, pero non poucas veces sen máis intención que a de converter tais "externalidades" en novas oportunidades de negocio.
Con este concepto de "externalidades" á análise económica logra ocultar ao lector pouco avezado dúas realidades que, dende o punto de vista da ecoloxía e da explotación de clase, parecen relevantes: por unha parte ven a disimular que o sistema económico é un subsistema que funciona dentro do medio físico ou, doutra maneira, que é un sistema aberto, que non pode funcionar sen a entrada ("imputs") dende o exterior de materias primas e sen verter ao exterior os residuos xerados nos diferentes procesos de produción (transformación) económica; por outra, da a entender que tais "externalidades" son efectos evitábeis (incluso non desexados polo capital) que, polo tanto, poden ser reducidos e eliminados mediante regulación lexislativa ou, mesmo incluso, mediante mecanismos de mercado e distintas formas de imposición fiscal: a creación do mercado de CO2 para a redución dos gases de efecto invernadoiro (coa invención dunha nova mercadoría baixo a forma de dereitos de emisión=contaminación) é, precisamente, fillo directo desta conceptualización.
Dito o anterior, ninguén da teoría marxista se escandalizará, se, avanzando no camiño dalgúns teóricos da chamada economía alternativa, se aplica a estas "externalidades" o mesmo concepto de plusvalía, -plusvalías ambientais-, que se utiliza para a forza de traballo (que, ao fin e dende un punto de vista exclusivamente material, non deixa de ser un recurso natural).
Chamarase, así, plusvalía ambiental ao valor engadido incorporado en toda materia prima, en todo recurso natural e en toda capacidade da natureza das que se apropia o capital sen este vir obrigado á súa restitución e/ou reposición. Para ilustrar este concepto da plusvalía ambiental, empecemos por un exemplo sinxelo: cando un terratenente de Castela leva ao mercado a súa colleita de remolacha, non só se está apropiando da forza de traballo invertida polos seus xornaleiros na sementeira, nos coidados, na colleita, na selección, no transporte , etc., senón tamén da enerxía solar (gratuíta) que a natureza inverteu nesa produción de remolacha; e se imprescindíbel foi a forza de traballo dos xornaleiros, non menos o teñen sido "as capacidades" da radiación solar, da auga de rega e dos nutrientes do solo. Da mesma forma, cando ENDESA extrae o carbón lignito de As Pontes, non só se está apropiando da forza de traballo de cada un dos operarios e das capacidades das máquinas da mina, senón tamén de toda esa enorme capacidade enerxética que a natureza logrou acumular nese carbón lignito ao longo dun proceso bio-xeolóxico de milleiros de anos. A esta aportación que o capital recibe da natureza (de forma gratuíta, sen máis custos que os de extracción), -xa sexa unha materia prima, xa sexa calquer outro recurso e capacidade natural-, é ao que, por analoxía coas plusvalías do traballo se lle chaman plusvalías ambientais. (Por suposto, esta aportación gratuíta da natureza non se esgota na explotación das materias primas: tamén existe cando se explota calquera outras capacidades da natureza, como pode ser a capacidade da natureza para almacenar, depurar, ou reciclar residuos).
Capitalismo e medio ambiente:
Dende este concepto de plusvalía ambiental, a depredación da natureza que en todas partes practica o capital xa non é unha indesexable "externalidade" que podamos eliminar a través da regulación lexislativa e moito menos a través dos mecanismos de mercado: constitúe, máis ben, o imprescindíbel camiño para a apropiación das plusvalías ambientais por parte do capital sendo, pois, tal depredación co-substancial coa natureza espoliadora do sistema capitalista.
Así as cousas, nada definitivo pode esperar o ecoloxismo da irracionalidade do sistema capitalista (actualmente globalizado) nin nada tampouco do constante crecemento dunha economía que estraga os recursos naturais e só persegue (aínda arriscando a mesma supervivencia do planeta) maiores taxas na acumulación de capital: a espoliación dos recursos naturais que el practica e a degradación ambiental que el provoca son da mesma natureza e perseguen o mesmo obxectivo que a explotación da forza do traballo: a acumulación permanente de capital a taxas de crecemento cada vez maiores.
Reciprocamente, nada poden agardar tampouco a forza de traballo e as clases populares dun sistema de produción que ten no lucro a súa única franquicia; nada poden agardar os traballadores/as dun proceso produtivo, -por máis que nolo queiran vender como progreso económico e postos de traballo-, no que o lucro poda prevalecer fronte á degradación da natureza, a salubridade ambiental ou a saúde pública: todo é, en fin, a mesma explotación. Nelo deberan reflexionar, por exemplo, algúns dirixentes sindicais de ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra.
CONCLUSIÓNS:
Unha: por moito que se volva a falar agora da economía sostíbel ou do desenvolvemento sustentábel, poucos progresos ambientais pode agardar o ecoloxismo desta crise económica. Ben ao contrario, da mesma forma que no mundo do traballo se recortan dereitos e aumenta a explotación, tamén no eido ambiental, -se a mobilización social non logra evitalo-, se reducirán as garantías ambientais, aumentará a espoliación dos recursos naturais e se incrementará a degradación da natureza. O fracaso do Cumio de Copennague sobre a redución dos gases de efecto invernadoiro co correspondente cambio de discurso dalgúns dirixentes europeos, ou a "reentrada" da enerxía nuclear na planificación enerxética dalgúns Estados da Unión Europea que, como no caso do Estado Español, se mantiñan na moratoria, son xa, -no ámbito mundial, europeo e estatal-, un indicio ao respecto. E en Galiza? Temos ben avezados abandeirados, con, dende longo, xa longo camiño reiniciado despois de recuperar o negocio eólico para as multinacionais do sector, de aprobar unha reforma urbanística á medida da especulación, de levar ao Parlamento un canon da auga máis pensado para asegurar o negocio de empresas xestoras que para a protección do medio ou de volver ao negocio do lume coa eliminación de toda política preventiva e de reordenación forestal.
Dúas: os obxectivos finais da loita ecoloxista contra da espoliación e a degradación da natureza e os da loita contra de calquera outras formas de espoliación dos recursos nacionais e/ou de explotación social non son nin poden ser contrapostas. Acertarmos na vinculación das reivindicacións ambientais coas dos demais sectores sociais interesados en rematar con calquer outra forma de espoliación económica e de explotación social ten que ser, pois, un reto permanente do ecoloxismo, imprescindíbel para o éxito da súas reivindicacións. E así foi, efectivamente, a historia do ecoloxismo galego dende a súa loita contra dos grandes encoros e plans de celulosas do franquismo, contra da Central Nuclear de Xove e os vertidos na fosa Atlántica, contra os incendios forestais ou contra o monocultivo do monte, contra a contaminación da terra ou do mar,...
POST SCRIPTUM: sobre algunhas teorías do "decrecemento"
Se nada cabe agardar da crise económica para avanzarmos nas reivindicacións ambientais, -pois o capital sempre buscará apropiarse tamén das plusvalías ambientais-, non é moito tampouco o que pode esperarse dalgunhas teorías do "decrecemento" cando se quedan en racionalizar e mellorar a estética da espoliación e explotación capitalista, sen avanzar cara a súa substitución por outro modo de produción baseado na solidariedade e na negación da explotación do home e da natureza. Pero deste necesario decrecemento no consumo de materiais non renovábeis tocará falar noutra ocasión.