Cara onde vai a marca Galiza?
19 de xuño de 2011 (00:46 h.)
O futuro pasa por un maior control e por mirar ao mar non so como medio de vida senón como un medio de futuro
Se por algo é coñecida Galiza e sen dúbida pola súa gastronomía, pola fama que temos de farturentos e pola calidade dos seus produtos. Produtos moitos que chegan ao noso prato despois dunha labor de recolección laboriosa e que cociñados dun xeito ou outro sempre sabes que estas a comer un bo produto galego.
Pero esta semana a raíz das diversas informacións que apareceron na prensa como son a operación "capacho" sobre o comercio de vieiras ilegais e a denuncia do sector do mexillón a unha conserveira por vender mexillón foráneo como autóctono crea unha certa incertidume no consumidor.
Furtivismo o houbo toda a vida, eu sendo de costa sempre escoitei a palabra furtivo dende cativa por iso pasados os anos non se esta acabando con esta práctica ilegal senón todo o contrario esta aumentando. Pero a non ser que salga unha gran operación deste tipo no que relocen nomes de restauradores coñecidos sobre o resto correse un tupido velo.
Ninguén se lembra pasado uns días se pillaron algún percebeiro coas mans na masa ou a un mariñeiro cun capacho de centolas camiño do restaurante X, cantos de nos despois do anuncio dunha noticia deste tipo ao final coñecemos a sentencia interposta? Só uns poucos.
Pero esta situación non se corrixirá mentres dende as propias institucións non se poña interese en solucionalo, se volva a recuperar o potencial mariñeiro galego e se crea no mar non so como medio económico senón tamén como riqueza cultural e social. Para iso hai que empezar non so pola educación dos propios mariñeiros e mariscadores senón polas institucións que din organízalos como son as confrarías e rematar pola educación do consumidor.
No artigo 1.1. da lei 9/1993, do 8 de xullo, de Confrarías de Pescadores de Galiza, di que "as confrarías de pescadores son corporacións de dereito público, dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lles están encomendadas, que actúan como órganos de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representan intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, sen prexuízo da representación que posúen as organización de empresarios e traballadores da pesca."
Estas mesmas confrarías deixaron que se desmantelase parte da flota galega sen rosmar, algunhas destas confrarías son claramente armas políticas que están politizadas e en vez de mirar polo sector están mirando beneficios máis aló do que están destinadas creando un desamparado de moitos dos asociados mentres outros campan as súas anchas, por si hai outra cousa moi típica en Galiza é : como é un veciño. Logo súmanse ao carro mediático cando a garda civil anuncia que se colleron x quilos de peixe ilegal ou x quilos de marisco, pero súmanse a facer unha declaración pero non se molestan en profundizar máis, non vaia ser que nos explote a nasa nas mans e entón si que pasamos de demandantes a denunciados.
Non se pode varrer para baixo da alfombra e esperar a que ninguén se lle ocorra levantala, porque non so esta en perigo a imaxe da Galiza mariñeira senón a imaxe da Galiza gastronómica porque pódense facer feiras como SALIMAT, feiras sobre o mar, mil festas dedicadas ao produto estrela do mar ,..., e logo pasou o día pasou a romaría.
Logo chegamos a unha grande área comercial e vemos ameixa babosa procedencia atlántico e pregúntaslle de que zona son e dinche do norte de Galiza e ti estas mirando esas ameixas e de galegas so comparten a vinculación celta de Irlanda. Ou que che ofrezan para xantar ameixa de Carril e cando as tes no prato e lle dis que eu son de preto de Carril e estas ameixas nin se lle parecen, o camareiro chama ao cociñeiro e este di que o provedor llas vendeu como ameixa de Carril.
Sacamos a conclusión de que a marca Galega vende, os produto galegos venden o nome outra cousa e que se consuma un foráneo disfrazado de galega porque se cola cola. E as veces hai que deixarse de tanta diplomacia e baixar a carón da auga e mollar os pés, porque de nada vale regular se logo non se aplica, se logo dentro do sector coñecen aos furtivos de sempre e calan, se o distribuidor sabe que compra marisco sen depurar pero como é fresco e galego a venda esta segura, e si a campaña vai abrir dentro de dous días xa vamos enchendo a rede antes para así logo presumir da captura do primeiro día.
Porque o futuro do sector non so pasa por facer plans de explotacións e quendas de vixilancia polas mariscadoras, o futuro pasa por un maior control e por mirar ao mar non so como medio de vida senón como un medio de futuro e porque o noso mar é un mar moderno, un mar con posibilidades e un mar que precisa respecto e una revalorización con garantías.
E si, porque non, tamén se precisa coñecer sancións exemplarizantes, sancións que a hora de ir cometer outra vez o delito che faga pensar dúas veces si vale a pena ou non, e sobre todo a rotación do persoal de vixilancia e dos cabildos porque xa se sabe que as veces a costume non permite ver a realidade.