Canto custa a nosa saúde?
03 de decembro de 2010 (23:00 h.)
Nestes días estamos asistindo a un debate sobre os excesivos gastos médicos
O enfoque da investigación médica que impera na nosa sociedade á hora de tratar as enfermidades é sumamente rendible para a industria farmacéutica pero unha ruína, en termos económicos, para a sociedade.
Nestes días estamos asistindo a un debate sobre os excesivos gastos médicos que se están a producir e tamén sobre como podemos diminuílos mediante a utilización dos fármacos coñecidos como xenéricos, o debate paréceme axeitado e a solución proposta tamén, non obstante, creo que nesta discusión falta un elemento clave que, polo que parece, non lles interesa a ningún dos dous partidos maioritarios. Estoume a referir ao enfoque que se lle está dando á investigación médico-farmacéutica na actualidade e a se é, ou non, a opción máis axeitada.
Sen entrar en temas como se son máis efectivas as terapias alternativas que as convencionais ou se se está gañando a guerra contra certo tipo de enfermidades (por exemplo, o cancro), dentro desta discusión sobre gastos médicos boto en falta que non se fale sobre se a orientación das investigacións médico-farmacéuticas resultan viables para os sistemas públicos de saúde; explícome, por un lado, as investigacións non fan fincapé na prevención (moitas das enfermidades que azoutan a nosa sociedade están relacionadas con cuestións ambientais do individuo) e, por outro, parece que moitos dos novos tratamentos non están encamiñados a curar enfermidades, senón a convertelas en crónicas (con custes elevadísimos que poden chegar a 6000 € por paciente e mes). A análise destas dúas variables non parece encamiñarnos, precisamente, á reducción de gastos que se pretende; a este respecto son moi ilustrativas as declaracións de dous médicos adicados á cura e investigación da SIDA, Josep M Gatell e Bonaventura Clotet [1], "A sostenibilidade da atención pasa por que o tratamento non deba ser de por vida. Un infectado de VIH ten agora unha expectativa de vida cercán á da poboación xeral, se se infecta con 20 anos, máis de 50 anos de medicación a 900 euros ao mes...é insostible". Todas estas reflexións parecen levarnos cara unha conclusión sinxela: o enfoque da investigación médica que impera na nosa sociedade á hora de tratar as enfermidades é sumamente rendible para a industria farmacéutica pero unha ruína, en termos económicos, para a sociedade.
En vista de todo o exposto anteriormente, creo que a única maneira de conseguir que o enfoque das investigacións médicas vaian polo lado adecuado é que o estado teña un maior control sobre as mesmas de maneira que o que se persiga sexa a prevención e mais a cura. Dito isto, quero aclarar que en ningún momento pretendo poñer en tea de xuízo a efectividade de ningún dos tratamentos que existen hoxe en día (entre outras cousas porque non son médico e, polo tanto, non podo xulgar a validez dos mesmos) pero si insistir no feito de que, se lle permitimos á industria enfocar as investigacións que se realicen, eles non buscarán só resultados clínicos, senón que tamén farán fincapé nos económicos e ese é un camiño moi perigoso porque as palabras saúde e economía postas na mesma frase abren a porta de que a sanidade sexa o privilexio dos ricos e non o dereito das persoas..
[1] Magazine, suplemento dominical do Faro de Vigo do 28 de novembro de 2010.