Cancún: Business is business
23 de decembro de 2010 (23:00 h.)
Nesta macro-crise as persoas correntes convertímonos en protagonistas do problema mais tamén da solución
O capitalismo é como andar en bicicleta, hai que pedalear seguido para non caer, aínda que nos leve dereitos a estrelarnos co muro.
Se temos en conta que o instinto de supervivencia é a ferramenta máis poderosa que ten un ser vivo, como é posible que se chegaran a acadar os acordos de Cancún? Quizais será que o capital ve enormes posibilidades de negocio e así retrasa a súa propia extinción?
Está claro que incluso cumpríndose os acordos de Copenhague e de Cancún (Cancunhague) os resultados serán catastróficos. A temperatura aumentará catro ou cinco grados centígrados neste século, transformando o plantera nun lugar inhóspito. Se non se cumpren, que é a posibilidade máis real, subirán ao redor de 7ºC. Mais que non cunda o pánico, o Santo está vestido e listo para sacalo en procesión. Como costaleiros contamos cos medios de comunicación de masas, con Oxfam, Greenpeace, o Foro Internacional sobre a Globalización, os países industrializados (responsables do 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro), os países emerxentes (China, India, Brasil e Sudáfrica, que xunto a EEUU foron os únicos asinantes do acordo de Copenhague), e... os países do ALBA. O continente africano permanece á espera das faragullas que solte o pastel.
Sorprendentemente Bolivia quedou soa, denunciando os acordos e a ilegalidade dos mesmos, xa que a funcionaria mexicana Patricia Espinosa rompeu a regra do consenso sentando un grave precedente. Bolivia foi perfectamente coherente coas propostas da Conferencia Mundial dos Pobos celebrada en Cochabamba en abril deste ano, ás que asisitiu, entre outras, a representante venezolana, que nun despregue de hipocresía superlativo declarou que Evo Morales estaba a defender posicións moi radicais en Cancún.
Deixando a un lado o discurso exclusivamente ecoloxista, os acordos desprenden un arrecendo a negocio que marea.
O paquete de axudas do norte industrializado ao sur poboado (Long-term Cooperative Action) legalizan a estructura coñecida como REDD (Reducións das Emisións producto da Deforestación e da Degradación) que se basean fundamentalmente na tala de especies autóctonas e plantación de árbores de crecemento rápido. Con esta estratexia non podemos queixarnos da diminución das masas boscosas. Cos datos na man, aumentan. Mais a novidade é a creación dun Fondo Verde do Clima dotado con 30.000 millóns de dólares para situacións de emerxencia no Sur, que podería chegar a 100.000 millóns no 2020, e xestionado nada máis e nada menos que polo Banco Mundial. O mesmo Banco Mundial que leva investindo nos proxectos máis contaminantes do planeta, que basea o crecemento en función das exportacións, a extración indiscriminada de recursos, a privatización da enerxía...O máis interesante que se lle puido escoitar ao seu presidente Robert Zoellick foi que había que trasladar o concepto de REDD cara outros sectores como o dos animais carismáticos, nomeadamente o tigre, para satisfación de Putin.
E como non, a ONU abrirá un centro de tecnoloxía climática orientada a trasferencia tecnolóxica limpa ao Sur. Business is business. Incluso o presidente Zaparero, sendo presidente de turno da UE, cancelou un cumio previo a Cancún UE-EEUU coa condición de que Obama viñera a Madrid a facerse unha foto con el, feito que acontecerá en breve.
Os conflitos do século XXI xa non son ideolóxicos, senón ligados aos recursos naturais, e a tentación de radicalizar a poboación con discursos demagóxicos e xenófobos contra as inmensas migración que han vir é máis poderosa que fomentar unha nova cultura do consumo. Debemos ver como "natural" a desaparición dunha parte sobrante da especie. O agro-negocio, a industria e o transposte son os verdadeiros culpables e non o exceso de poboación, nin a tecnoloxía en si, nin tampouco a mala vontade do xénero humano. Son consecuencias directas do proceso de acumulación de capital e do modelo neoliberal imperante. A expansión ilimitada é o "mal infinito".
O capitalismo verde non existe. O único camiño válido para que o clima non cambie é a mobilización social e para iso debemos traballar para recuperar e fomentar as comunidades locais e a esas pequenas organización que loitan sen descanso na procura dun obxectivo tanxible, como no caso da APDR (Asociación Para a Defensa da Ría) de Pontevedra, capaz de manter a tensión durante décadas para que a cidadanía continúe en pé esixindo o peche de Ence-Elnosa e a recuperación dos terreos que ocupa.
Nesta macro-crise da moderna civilización industrial e tecnolóxica, as persoas correntes convertímonos en protagonistas do problema mais tamén da solución.