As "xoias" do Sr. Rosell, Presidente da CEOE, e as súas receitas para saír da crise
30 de xullo de 2011 (00:00 h.)
Así pouco a pouco vai o Sr. Rosell ofrecéndonos as "súas" solucións á crise, como se soñara con pequenos holocaustos.
Nestes días de atrás o Sr. Rosell facía responsables desta crise aos funcionarios, parados, contribuíntes ou estudantes, ofrecéndonos as súas receitas máxicas para saír dela.
Resumo algunha das " xoias", ditas polo Sr. Rosell, tomando como fontes distintos xornais e medios de comunicación do día 18 de xullo de 2011:
1.- Denuncia aos funcionarios "prepotentes e incumpridores".
A este respecto, non sei como pensa definir a prepotencia dun/ha enfermeiro/a, médico/a, mestre/a, inspector/a de facenda, persoal de facenda, xuíces, persoal de xustiza, bombeiros/as, carteiros/as e demais profesionais públicos que, despois de moitos anos de preparación, e tras unha baixada do seu xa limitado soldo, atenden profesionalmente os dereitos e liberdades da cidadanía.
2.- Critica aos desempregados/as que " se apuntan ao paro porque si", e afirma que hai que "dicirlles que non".
¿Dicirlles que non, cando parte das súas cotizacións foron a cubrir esa continxencia durante a súa vida laboral e o sistema está baseado na protección das persoas nunha situación non desexada polo traballador/a?.
3.- Que "para conseguilo hai que cambiar a estrutura dos servizos públicos", tras indicar que se el fose presidente do Goberno o primeiro que faría sería "simplificar e avaliar o sector público e dar aire ás empresas".
Que me quere dicir? Que o sector privado cubre mellor as necesidades dos/as cidadáns, aínda cando estes superen o custo da súa satisfacción?
4.- "Débese de loitar contra os que visitan ó médico abusivamente, aos que hai que dicirlles que abonda,".
Abusivamente? E iso, quen o mide e como? Chegou o momento de penalizar os traballadores/as que, desgraciadamente, se poñen enfermos?
5.- Sobre os mozos/as que non trunfan nos seus estudos, Rosell subliñou que " un fracaso llelo consentimos" pero non que "estean 8 anos en vez de 5" para rematar unha carreira. "Non llo imos pagar sempre", agregou.
Vale Rosell. Os alumnos brillantes si. Aqueles que teñan problemas, endóxenos ou exóxenos que lles impida a brillantez, non. Que se vaian a outra parte que a sociedade non lles protexe.?
6.- Segundo o presidente da patronal, "non vai ser nada doado, vainos custar moitos sacrificios, ao mellor pagar máis impostos e igual ter menos servizos, pero esa é a vida, a vida non é doada".
Claro, claro... xa sabemos que ese é o obxectivo. Quedar sen servizos públicos (que para iso condenamos aos empregados públicos,) porque a empresa privada ten a solución (Quen paga, recibe. Quen non, séntese).
7.- "Os gobernos non queren dar desgustos aos seus votantes, pero teñen que dicir moitas cousas a pesar de que se vaian perder moitos votos".
O sacrificio da clase traballadora, ante todo.
8.- "As solucións só virán a través de traballar moito, de ter moita coraxe e de facer moitos esforzos,". Neste sentido, engadiu que "é necesaria a redución de gastos por parte do Estado".
Xornadas de 67 horas? Ou deben ser ampliadas? E o responsable, claro, é non esperar un salario medio decentiño, que para iso estamos a arrimar o ombro. E polo que se refire ao gasto do Estado... ¿Refírese a minorar o gasto social ou en infraestruturas (por dicir algúns) destinado á solidariedade entre os cidadáns?
9.- O presidente da patronal defendeu tamén que " as empresas son a solución e advertiu que a redución do paro non vai vir a través do emprego público, senón por parte das pequenas e medianas empresas, e do traballador autónomo".
De acordo no segundo e en desacordo co primeiro. O emprego público, xestionado de forma eficiente, incorpora un valor engadido á sociedade, garante os dereitos e liberdades dos/as cidadáns e son un piar básico do Estado de Benestar. Con respecto ao segundo, que llo digan á banca, que pechou a billa para a pequena e mediana empresa, con cuxo concurso se tivese garantido o 80% dos postos de traballo deste país.
Así pouco a pouco vai o Sr. Rosell ofrecéndonos as "súas" solucións á crise, como se soñara con pequenos holocaustos. Solucións a unha crise a que nada contribuíron os dous millóns e medio de servidores públicos deste Pais. Porque : ¿Sabe o Sr Rosell que o 40% dos empregados públicos non teñen estabilidade no seu emprego? ¿Sabe que se están levando a cabo expedientes de regulación de emprego nas Administracións Públicas? ¿Sabe que o soldo medio dun/ha empregado público é en moitos casos inferior os mil euros mensuais? ¿Que sobran funcionarios? Habería que saber onde, porque máis do 50% dos/as empregados/as públicos son persoal sanitario e de ensino, nun Estado, no que, de momento, se presupoñen servizos universais e gratuítos.
Que deixen de ser universais e gratuítos os servizos públicos e o que pretenden , para así especular mellor coa vida da xente, coas conquistas sociais que tanto nos custaron o conxunto da cidadanía así como especular cos valores democráticos.
A diferenza de vostede Sr. Rosell, e de algúns que pensan como vostede, existe moita outra xente que coma min, non estamos dispostos a renunciar a uns servizos públicos universais, para todos/as, que non sirvan para facer negocio. Vamos a seguir loitando porque nos, a diferenza de vostede, creemos na xente. Creemos nos funcionarios/as eficaces, creemos na xente que está no paro, creemos na xente que está enferma, creemos nos estudantes.
Non creemos como vostede, que os problemas de esta xente, os problemas de todos/as nos, sexan problemas de impostores/as ou que teñamos que impoñernos ós nosos ombros o peso de toda a culpa. Non somos nós os especuladores, nin os vendedores de fume. De modo que, Sr. Rosell, gárdese as súas receitas, a súa prepotencia e insultos.