Alianza por un medio rural galego vivo: unha ferramenta para o País
26 de abril de 2012 (00:00 h.)
Faise preciso dar resposta a todas as agresións que padece o medio rural, agresións de tipo lexislativo, normativo, de proxectos ....
As políticas europeas de desenvolvemento rural, deseñadas pola Europa dos mercaderes, nunca foron estruturadas como políticas multisectoriais. Verbo disto, a función social, que deberían ter estas políticas, foi a grande esquecida. Esta filosofía traduciuse nunha perda de cohesión económica, social, medioambiental e territorial. As axudas derivadas de estas políticas de desenvolvemento rural, onde o criterio de rendabilidade económica e a chave para a concesión das mesmas, significou que os beneficiados de estas axudas non foran nin os territorios, nin as populacións que viven, traballan e xestionan o medio rural. Polo tanto, non é certo que as populacións abandonasen o medio rural. Houbo toda unha política deseñada para que o medio rural fose abandonado.
Agás o curto período de tempo do goberno bipartito da Xunta de Galiza, todos os gobernos do Partido Popular aplicaron mimeticamente estas políticas nefastas de desenvolvemento rural. Nos tempos do goberno bipartito da Xunta de Galiza, a Consellaría do Medio Rural, dirixida politicamente polo BNG, a través do Programa Leader Galiza 2007/2013, puxo as bases para un cambio positivo da política de desenvolvemento rural. Un cambio de tipo estrutural. De aí que os cimentos de este Programa eran: a dinamización dos sectores agro e montes, a política de benestar social e a participación activa do tecido asociativo nos Grupos de Desenvolvemento Rural. Non é de estrañar que, co retorno do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza, a política de desenvolvemento rural que fixo (e que fai), e o desmantelamento do Programa Leader Galiza 2007/2013, tanto nos seus obxectivos como no seu funcionamento.
Faise preciso dar resposta a todas as agresións que padece o medio rural, agresións de tipo lexislativo, normativo, de proxectos ..... E ao mesmo tempo, é preciso formular alternativas para acadar un medio rural multifuncional e sustentábel, un medio rural vivo. E dicir, con populacións adicadas a diversas actividades e con calidade de vida. Con este dobre obxectivo, constituíuse a Alianza por un medio rural galego vivo. Alianza que nace como conclusión das Xornadas sobor Medio Rural que tiveron lugar os días 20 e 21 de Abril de 2012, nos concellos de Pontevedra e Poio, e que foron organizadas por Adega, CIG, Fruga e Orgaccmm.
Esta Alianza ten que ser estratéxica para o territorio, para as populacións do territorio, para o Pais. Polo tanto, ten que ter continuidade no tempo. Non pode funcionar como unha Plataforma. E dicir, non pode ser a reunión de entidades de diversa índole para levar adiante unha reivindicación e logo, esmorecer no tempo. Porque ademais de esta falla de continuidade no tempo, o mensaxe que se lanzan desde as Plataformas (pola súa composición e pola súa mensaxe a curto prazo), as veces son difusas e non van o cerne da cuestión. Un exemplo claro de estas actuacións, veuse nas concentracións que tiveron lugar o mes pasado para contestar a queima das fragas do Eume. Nesas concentracións ou ben lanzáronse consignas que son fogos de artificio (incremento das penas para os incendiarios/as), ou consignas produto da impotencia (os montes arden porque non están limpos), ou consignas inaceptábeis para a veciñanza comuneira (como os montes que non están limpos, hai que expropialos). A reivindicación clave que, non é outra que a esixencia de unha política de montes e de medio rural, radicalmente distinta a do Partido Popular, quedou defuminada. E ademais en algunhas de esas concentracións, criticouse a presenza de símbolos do nacionalismo. Non cabe dúbida que as Plataformas teñen a súa función, mais o que precisa o medio rural galego e unha Alianza.
O documento da Alianza por un medio rural galego vivo, foi asinado por Adega , CIG, Fruga e Orgaccmm. E certo que a Alianza ten que estar aberta a entrada de outras organizacións. Mais as organizacións que queiran formar parte da Alianza , teñen que cumprir unhas condicións. Teñen que ser organizacións que, ademais de defender os seus intereses sectoriais, teñen que defender os intereses das maiorias sociais do País. Teñen que ser de ameto e de obediencia galega, e dicir, forzas propias do País. Teñen que aceptar o funcionamento democrático , respectando as opinións minoritarias e a vida interna e os principios de cada organización. Se non se cumpren estas condicións, a Alianza non será estratéxica e xa que logo, terá data de caducidade.
A Alianza por un medio rural galego vivo, que ven de constituírse o pasado 21 de Abril de 2012 no concello de Poio, ten que ser unha ferramenta necesaria para hoxe e par o futuro do País. Para o seu territorio e para a súa poboación.
---------------------------------------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]