A verdade sobre as contas públicas
18 de agosto de 2010 (00:01 h.)
A información sobre a política orzamentaria das diferentes administracións é unha guía de primeira orde para coñecer cales son as prioridades na acción de goberno
A información sobre a política orzamentaria das diferentes administracións é unha guía de primeira orde para coñecer cales son as prioridades na acción de goberno e por conseguinte as apostas que os Gobernos están a facer en beneficio das diferentes fraccións de clase ou dun determinado territorio. Nun contexto económico como o presente, que en sentido estricto teríamos que estar a definir como de depresión, as análises sobre estes documentos toman máis valor, posto que van a permitir coñecer con máis precisión o xeito en que se está a xestionar a crise. Tamén volve a mandar a actualidade se atendemos a débeda que a esta altura o Goberno do Estado lle está a reclamar as Comunidades Autónomas, o que volta evidenciar a necesidade de coñecer polo miúdo as nosas balanzas fiscais e denunciar a hipocrisía dun Goberno da Xunta que demanda moratoria dos pagos da mesma, pero se nega analizar e facer públicas a contabilidade de Galiza co Estado para seguir a vender unha imaxe do noso como nación subsidiada, e xa que logo incapaz de responsabilizarse do seu futuro.Estes son algúns dos temas, sobre os que fornece luz o traballo que hoxe presentamos, da autoría do economista Xosé Díaz, vello coñecido desta publicación, e autor de importantes traballos sobre a economía galega.