A Primeira Guerra Económica da Globalización
Esta política lévase aplicando dende o 2010 (polos sucesivos gobernos do PSOE e PP) cunha longa serie de medidas antisociais
Moitos cidadáns se preguntan por que as continuas medidas de “recortes “ que está aplicando Rajoy, seguindo os consellos de Merkel e da Comisión Europea, e que segundo o goberno son as adecuadas para resolver o problema da economía española, sempre acaban fracasando e resolvéndose, invariablemente, cunha forte baixada na Bolsa e cun incremento do diferencial co bono alemán. O que se comproba coa aplicación de cada recorte é exactamente o contrario do que que se afirmaba por parte do goberno. A economía contráese, incrementándose o desemprego, e os ingresos da Facenda Española sofren, en consecuencia, un importante descenso agravándose os problemas financeiros que, aparentemente, se pretendían resolver.
Esta política lévase aplicando dende o 2010 (polos sucesivos gobernos do PSOE e PP) cunha longa serie de medidas antisociais, como a eliminación de dereitos laborais históricos, a deturpación salarial sistemática aos funcionarios, o deterioro das condicións laborais e de funcionamento dos servizos e empresas públicas, ademais do incremento da represión das liberdades públicas e dos dereitos sindicais. Concluíndo, os resultados desta política neoliberal traducíronse nunha grave recesión económica e nunha redución dos dereitos democráticos dos cidadáns.
Sen embargo, a xa longa historia do Capitalismo Internacional permite dar unha primeira resposta –pola súa obviedade- á pregunta que se facía ao inicio deste artigo. Esta crise, como todas as anteriores, ten unha clara consecuencia económica: a descomunal masa de diñeiro subtraído á Facenda Pública, á clase traballadora e aos pequenos aforradores pasa a encher o peto dos grandes especuladores que utilizan este inmenso caudal para incrementar o seu dominio permitíndolle estender os seus tentáculos a todas as instancias do poder político, administrativo e militar no ámbito de influencia de Occidente.
Neste contexto, Rajoy só está aplicando o que lle ditan en Berlín, pero sen deixar de escoitar todo o que lle “aconsellan” dende Londres e Washington. Sen embargo, é aí onde está o problema. Merkel dille que non pode endebedarse (recortes e déficit cero) mentres Obama e Cameron suxiren que –ademais- hai que introducir políticas de crecemento (novos investimentos que só se poden realizar co incremento da débeda pública). É a cuadratura do círculo. Sen embargo é nesta contradición onde está a clave do que ocorre actualmente no mundo.
O que calquera pode observar é que despois de aplicar o “recorte” de quenda os “mercados” que inicialmente parecían saudar, alborozados, tal medida volven á carga con renovados bríos deixando en letra morta todas as anteriores promesas. A pregunta é: contra quen están actuando os mercados? Contra Rajoy ou contra Merkel? Contra Rajoy, esa parece a resposta obvia: os golpes tradúcense nun deterioro galopante da economía española, pero –indubidablemente- tamén no deterioro da imaxe de Merkel e de Alemaña como líder dese modelo. Este matiz non é menor. Os acordos do último Cumio Europeo coa recapitalización directa dos bancos, o uso dos fondos europeos para mercar débeda e a creación dun plano de crecemento presentáronse como unha derrota das posicións alemás e o principio da solución da crise europea. Nada máis lonxe. Aos poucos días do Cumio o diferencial co bono alemán disparábase a máximos históricos mandándolle os “mercados” unha mensaxe á UE de que todo o que acordaron era insuficiente.
Do que poucos xornais se fixeron eco naquela altura foi dun forte movemento do capitalismo alemá encabezado por Werner Sinn -do prestixioso Instituto IFO- e Hans-Peter Keitel da Unión Federal da Industria Alemá cuestionando eses acordos, especialmente as axudas á banca española. Replicaban que a unión bancaria da que se falou no Cumio beneficiará exclusivamente á City e a Wall Street. Este feito indica que os intereses alemáns non son coincidentes cos países do sur da UE, algo obvio e que xa sabiamos, pero o máis relevante é que indican que tampouco son coincidentes cos dos angloamericanos. Por iso o problema español resulta irresoluble no marco da economía capitalista occidental.
En realidade o que está detrás desta crise de acumulación capitalista é un conflito de largo alcance entre Alemaña e o tándem Londres-Washington. Estes queren que Alemaña acepte unha unión económica baseada na unión fiscal e bancaria, pero os alemás non queren que a súa puxante economía encalle no reflote dos arruinados bancos europeos e replican solicitando a unión política, algo inaceptable para Londres ou Francia porque significaría unha cesión de soberanía á que non están dispostos por diferentes motivos. Probablemente Alemaña tampouco quere unha auténtica Unión Política pero esta pode ser unha táctica para gañar tempo e intentar estabilizar a UE sen demasiados custes para o seu peto. Nesta tirapuxa Alemaña pode aguantar os embates anglosaxóns porque é o segundo maior exportador do mundo, pero ao mesmo tempo o inicial proxecto europeo francoalemá pode sufrir un deterioro irreversible que dificultaría o futuro da propia UE.
Para os angloamericanos a UE -na súa plena versión de unión económica- é vital para que a clase traballadora e as acomodadas capas medias continentais financien -a través do rescate bancario- o apancamento brutal do mercado de derivados que eles controlan. Pero como Alemaña (e outros países do norte de Europa) non están polo labor atacan cos “mercados” neutralizando as medidas auspiciadas por Merkel. Noutras épocas esta situación insoportable para a estabilización do Capitalismo Internacional levaría á ruptura de hostilidades como ocorreu coas dúas guerras mundiais, pero agora –e de momento- o que se libra é a I Guerra Económica Global. Se lles sae ben, a próxima será coa nacente Eurasia.
A única maneira de romper este círculo vicioso é cunha política de redistribución da riqueza a través dun réxime impositivo que faga pagar máis aos que máis teñen, nomeadamente as grandes fortunas privadas e as grandes empresas. Ese diñeiro habería que dedicalo a crear emprego, pero esa medida debería vir acompañada dunha política monetaria acorde coa situación económica actual e co control dos fluxos de capital cara o exterior, especialmente cara os paraísos fiscais, e se a UE non traballa nesta dirección habería que reconsiderar a permanencia na eurozona. Tamén é imprescindible que sexa o Banco Central quen preste directamente aos estados. Sen estas medidas o Estado Español non ten futuro e o próximo Goberno Galego -se Rajoy non cambia de política- debería declararse insubmiso coas políticas neoliberais, como afirmou Jorquera no Día da Patria. Moitos galegos e galegas apoiarían esa loita pola dignidade e o futuro do País. Sería un exemplo para o Mundo.