A Europa do capital mandou calar

As políticas de axuste acatadas por Zapatero e impostas por Bruxelas siguen a ser un instrumento ao servizo dos causantes da crise

As políticas de axuste acatadas por Zapatero e impostas por Bruxelas siguen a ser un instrumento ao servizo dos causantes da crise, arrastrando a amplísimos sectores da cidadanía á involución social e económica nunha perspectiva sin saída.

A orixinalidade, sen dúbida, non é a característica deste meu artigo de hoxe. O "monotema" da crise económica e as medidas que ven de anunciar o goberno pseudo- socialista de ZP expresan a capitulación en toda regla diante das presións da UE, do Banco Central Europeo e do capitalismo internacional.

Preténdense reducir 15.000 millóns de euros do déficit público. Segundo as cifras oficiais este sitúase no 11,2%, pero o obxectivo é chegar ao 3% no 2013 par cumprir co tratado de estabilidade da UE. Haberá, pois, que recortar aínda máis no futuro e todo "para mandar sinais aos mercados financieiros e evitar o camiño de Grecia".

As propostas do Goberno significan, a todas luces, un empeoramento das condicións de vida da imensa marioría da cidadanía e deixan de lado a actuación sobre a poboación con máis recursos. Son medidas dirixidas a que paguen os que xa pagan e a que os que menos contribuen co erario público sexan, sin embargo, os que sigan dictando as regras do xogo.

Por un lado: A conxelación das pensións para o 2011, co que se aforrarán 1.600 millóns a costa de 8,5 millóns de pensionistas que cobran, de media, 750 euros/mes e que perderán, tamén de media, arredor de 190 euros ao ano. A rebaixa dos salarios dos empregados públicos, co que se aforrarán 3.000 millóns a conta dos casi 3 millóns de funcionarios públicos que perderán, de media, perto de 1.000 euros anuais. A eliminación da retroatrividade la Lei de Dependencia, que suporá que arredor de 700.000 persoas en todo o Estado se vexan privadas dunha axuda económica de arredor de 300 euros ao mes. A eliminación do cheque bebé, que suporá un aforro de 1.200 millóns e que se retirará incluso ás nais por debaixo do umbral de pobreza.

Por outro: A inxección de 230.000 millóns á banca privada, causante da crise, e que obtivo uns beneficios no primeiro cuatrimestre de 2010 duns 12.000 millóns de euros mentres sigue sin facilitar o creto ás pemes e ás familias. A supresión do imposto de Patrimonio, que supuxo a perda de máis de 3.000 millóns de recadación. A eliminación do imposto de Sucesións, que restará outros 3.000 millóns dos ingresos. O mantemento dos impostos ás SICAV (sociedades anónimas onde as grandes fortunas refuxian o seu capital) no 1%. O imenso fraude fiscal, que supón arredor de 90.000 millóns de euros ao ano, nin se menta neste paquete de axuste. Tampouco a subida dos impostos ás rendas máis altas nin o fraude do IVE, que superou, no 2008, os 17.000 millóns.

Como pode verse, o plan de axuste é dunha grande sensibilidade social, as medidas son as propias dun goberno dos banqueiros e da patronal, por iso son aplaudidas polo Fondo Monetario Internacional, a CEOE e os Emilio Botín e compañía que instan a "aplicalas xa".

Os mesmos que nos fixeron crer que Europa estaba no primeiro mundo. A Gran Europa, a Europa social, os que construíron esa identidade ficticia a través de Masstich, do Tratado Constitucional, de Lisboa, os que crearon unha familia europea con irmáns grandes e pequenos, con élites enriquecidas e pobos empobrecidos. Esos son agora os que nos din que atravesamos unha crise e nos piden un esforzo.

A construción monetarista e neoliberal da UE convertiuse nunha xigantesca trampa para os estados que, como o noso, teñen unha estrutura económica débil. Durante todos estes anos foi o poder económico (os mercados), e non outro, quen dictou as instrucións en base ao seu obxectivo de acumulación ilimitada de capital e poder. ¿Quen, si non, nos convertiu nunha "potencia" con miles de segundas vivendas, coches caros, empresarios emprendedores, fraude fiscal masivo, grandes fortunas ...?. Daba igual si para iso había que acometer reconversións industriais, reformas laboraris, privatizacións, paro estrutural, desmobilización social e política, precariedade xerenalizada ... ¿E agora nos sorprendemos de que os gobernos non teñen capacidade de decisión?

A participación na UE non pode ser ao prezo do suicidio democrático, económico e social da clase traballadora e da maioría da cidadanía, sobre todo despois de ver como a Comisión, o Consello da UE, o Banco Central, os gobernos dos estados, os amos das finanzas, os bancos e as empresas pecharon os ollos diante do éxito da especulación financieira e inmobiliaria, diante dunha realidade que non podía sosterse indefinidamente.

Non me satisface recoñecer que moitos xa o advertíramos. Posicionámonos realista e valentemente diante do Tratado Constitucional Europeo e, mesmo nas últimas eleccións europeas de hai apenas un ano, fomos quen de instar á cidadanía a non seguir apoiando as medidas antisociais coas que, de novo, o neoliberalismo rampante, representado polo PP e o PSOE, pola extrema dereita e pola dereita, quería seguir chantaxeándonos e levándonos finalmente a onde nos levaron.

A estas alturas todos e todas sambemos xa que a crise non é superficial nin conxuntural. Naceu da voracidade dos mercados financieiros internacionais e da ausencia do control dos fondos especulativos. Os seus responsábeis principais son os que se enriqueceron delirantemente a conta da miseria allea e siguen, a día de hoxe, intentando convencernos de que é polo ben de todos. Aínda que sexa deste xeito tan brutal temos que despertar, temos que mobilizarnos polo ben, isto sí, de todos e de todas, e temos que esixir medidas reais que ataquen o fondo do asunto: Fiscalidade progresiva, loita contra o fraude fiscal, bancos centrais sometidos á vontade democrática cidadá, políticas de inversión públicas e gasto social suficientes que incrementen a demanda, medidas urxentes de cohesión social, aposta decidida pola reconstrución do noso tecido económico, apretar as torcas á banca para asegurar a financiación e os cretos, redución dos gastos inúteis da administración, exército e forzas da orde, retirada das tropas de Afganistán ... e prantexar sobre novas bases a construcción dunha verdadeira Europa democrática, social e solidaria.

Mentres, respostemos ás medidas antisociais coa mobilización xeral, coas mobilizacións que sexan necesarias ata que o goberno pseudo-socialista retire as medidas anunciadas e vaia directamente ao cerne do problema. Non é doado. Neste conflicto, o goberno conta coa patronal e cos partidos da dereita política que, a pesar das súas proclamas e críticas cheas de cinismo e hipocresía electoralista, comparten co goberno o sometimento ás políticas ditadas pola UE.

Non desperdiciemos, de novo, a oportunidade de desbotar definitivamente este sistema de loucura, non aspiremos tan só "a que as cousas sexan como antes". Nunca serán como antes.