A banca ou un furado de 350.000 millóns de euros
A factura do rescate bancario, descontando os xuros, situaríase a día de hoxe en 350.000 millóns de Euros, nin máis nin menos, que o 35 % do PIB do Estado
A banca ou un furado de 350.000 millóns de Euros Xa sabemos que non estamos diante dunha crise financeira. Tamén é notorio que a situación de colapso na que se atopan as entidades de crédito e as contas públicas das economías periféricas non son a cause senón a consecuencia da mesma. Aínda máis o momento limite que hoxe enfrontamos é a combinatoria dunha arquitectura política, o euro, que formaliza Europa como un espazo para o intercambio desigual, e dunha forma de acumulación capitalista, que arrinca da crise dos 70, entendida como resposta do grande capital para superar a tendencia ao estancamento das economías centrais. Insistimos a única economía real é aquela que se articula na esfera das finanzas, pero segue a haber saída a situación actual.
Non é casual que coincidindo coa aprobación definitiva por parte do Eurogrupo dun rescate de 100.000 millóns de Euros ao sistema financeiro a través do FROB, outro cambiazo máis polo que se transforma a débeda privada en pública, a economía do Estado Español situase no limite. Era visto, os 100.000 millóns que se van inxectar á banca non chegan para pipas, até o punto de de que a case totalidade dos informes sobre a necesidade de recapitalización do sistema, a comezar polo último informe do Banco Internacional de Pagos, sitúan a cantidade arredor dos 350.000 millóns de Euros. Un auténtico escándalo se tomamos en consideración que após de catro anos de mentiras e ocultación ao por maior, após de 40.000 millóns de diñeiro público transferidos a vena a medio do Fundo de Adquisición de Activos, após de 135.000 millóns de avais do Tesouro aportados pola vía do FROB, após unha débeda co BCE de preto de 500.000 millóns de Euros, dos que 250.000 millóns de Euros haberá que devolver en pouco máis de dous anos nun contexto de economía en caída libre, após de dúas reformas do sistema financeiro en tres meses, o que deron en considerar a banca máis sólida do planeta precisa de aportacións masivas de capital así como da conversión en capital de débeda subordinada por unha contía de preto de 75.000 millóns de Euros. E aínda que isto cubrise a práctica totalidade das necesidades de capital das entidades de crédito, cousa que como xa sabemos non é posíbel, a factura do rescate bancario, descontando os xuros, situaríase a día de hoxe en 350.000 millóns de Euros, nin máis nin menos, que o 35 % do PIB do Estado.
Máis unha vez é necesario reparar no xeito en que os organismos internacionais formalizan as achegas das operacións de rescate e no papel que nestas operacións xogan as auditorías sobre o estado da situación das finanzas públicas e de xeito moi particular do sistema financeiro. Se a Comisión Europea e o FMI non procederon a esta altura a unha recapitalización da banca que se aproxime as necesidades da mesma, isto é unha cifra arredor dos 350.000 millóns de Euros sobre os que se concita o consenso na maioría dos traballos elaborados ao respecto, a razón non é outra que a día de hoxe non dispoñen do diñeiro que se precisaría. Pénsese que a contía solicitada por Grecia, Portugal e Irlanda anda preto dos 403.000 millóns de Euros, se ben a cantidade que lle achegaron a día de hoxe non chega aos 134.000 millóns de Euros. En definitiva que as necesidades de capital destes tres estados son calderilla en relación co que precisa o Estado Español. Aínda sabendo, á vista da información que ofreceron anteriores auditorías ou os propios test de estres sobre a saúde do sector financeiro, que as mesmas son antes unha coartada para xustificar decisión previas que un ferramenta para garantir información fidedigna é necesario reparar nas eivas do traballo que están realizando os dous auditores independentes, isto é as auditorías de Roland Berger e Oliver Wyman. Nun e caso e noutro, por indicación da propia Comisión e do Ministerio de Economía, non se toman en conta a perda de valor das participación empresariais así como os créditos fiscais, moi elevados nas entidades do Estado e que iran en aumento a medida que xurdan novas perdas. Vaia como exemplo Bankia onde a minusvaloración das participacións empresariais representan 3100 millóns de Euros e onde os créditos fiscais de 2012 ascenden a 2.700 millóns de Euros. Non fai falla logo, extrapolando o caso Bankia ao resto das entidades de crédito para caer na conta que esta auditoría non é só unha grande farsa senón que as necesidades de capital do sector son moi superiores á contía da que nos están falando. Pero é que hai máis porque as previsións económicas sobre as que se formulan en ningún caso recolle o escenario de depresión que se asumen xa polos organismos internacionais e que se van ver agudizados polas políticas de recortes aprobadas nos últimos meses.