Tres mulleres galegas
Neste ano 2020 cómprense 200 do nacemento en Ferrol de Concepción Arenal. Rechama que sexan tres mulleres do século XIX, galegas de nación, as que teñan mostrado coa súa actitude e a súa obra, as tres perspectivas básicas de futuro para Galiza, consoantes coa súa visión da Humanidade. As formas de posicionarse de cada unha delas verbo do proceso de modernización capitalista e de expansión imperialista, que avanzou e se consolidou na súa época, son reveladoras por moitos conceptos e deitan moita luz sobre o que ten acontecido até hoxe e da súa vixencia e capacidade para nos orientar no futuro. Non é nada esaxerado advertir que, cada unha delas, nas súas obras, de forma explícita ou implícita, ofrecen unha concepción do Estado español, entón en construción, así como a anuencia ou rexeitamento de España ser unha soia e única nación nación. En consecuencia tampouco está allea a óptica destas tres mulleres a visións de Europa e do mundo radicalmente diferentes. É máis, defínense, queréndoo ou non, sobre a concepción eurocéntrica, tamén entón nun momento álxido da súa construción tal e como a coñecemos hoxe.
As súas interpretacións e actitudes correspóndense cunha experiencia vital e cunha orixe, incardinación e identificación física e mental en distintos espazos sociais, culturais e lingüísticos. Como non podía ser menos, pertencen e caracterizan diferentes opcións ideolóxicas e políticas. A este respecto non é indiferente onde elixiu cada unha delas exercer o seu activismo cultural, literario e social, a favor de que e en contra de quen. Resulta claro que a única das tres que optou por unha ruptura significativa co espazo, cultural, político e ideolóxico, simbolizado por Madrid e conforme á idea de España nación única, foi Rosalía de Castro. Fíxoo conscientemente en defensa dun proxecto cultural e social, nacional, galego. Xa en 1861, coa súa volta definitiva ao país, consideraba Galiza a súa única patria, aquela que quería darlle aos seus fillos, transmitir á súa descendencia. Non é explicábel a súa obra sen esta elección. Non foi en balde, pois ela mesma acabou, co tempo, por simbolizar a idea de patria galega, de nación, de Terra, para os milleiros de galegos e galegas emigrados polo mundo.
As outras dúas mulleres, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, tiveron Galiza como punto de referencia familiar, como orixe, como infancia, por unha banda, e logo como lugar de residencia para o verán ou evocación dun pasado morto. Pola outra, considerábana algo residual, secundario, na súa percepción política e cultural, como un apéndice anómalo dunha realidade máis ampla e xenérica representada por España. Sería un pobo condenado á desaparición por fusión ou absorción cultural e lingüística, e por integración e disolución políticas. En todo caso, era algo excéntrico, periférico e marxinal, como se se tratar dunha reliquia do pasado, condenada a desaparecer por absorción nun novo espazo de progreso e de futuro, a nación española, o Estado español. Esta consideración actúa con forza, e xa que logo, condiciona a obra de Emilia Pardo Bazán. Nela está viva e márcaa de forma radical. En Concepción Arenal fica máis arrombada e esvaecida, máis colateral, pero tamén está actuante, de forma máis racional e atemperada, non menos irreversíbel. A colateralidade está favorecida pola lonxanía desde a infancia, por unha relación intermitente, que non a obrigaron a pousar os seus ollos con maior frecuencia no país de orixe, alén das súas preocupacións profesionais favoreceren as abstraccións ideolóxicas, co conseguinte esquecemento ou a anulación da realidade específica de Galiza.
Rosalía de Castro foi soterrada pobremente en Iria, Padrón, no cemiterio de Adina, após vivir sempre na Galiza, agás seis anos en Madrid, en distintas etapas da súa vida, por diferentes motivos. Emilia Pardo Bazán foi soterrada en Madrid, na cripta da igrexa da Concepción no barrio de Salamanca.
Desde logo onde máis idolatrada se sentía era na Coruña por todos os galegos á española que ela representaba. Pasou normalmente desde a mocidade a súa vida na Corte, agás as tempadas de verán. Concepción Arenal non mostrou nunca afán ou preocupación pola realidade galega, chegando a se doer e esixir solucións polas fames en Castela, sen nunca abrir a boca polas que o pobo galego traballador padecía, malia o seu sentido da xustiza ser férreo. Afastada da vida pública e viúva, contando cun fillo enxeñeiro en Vigo, pasou os seus últimos anos nesta cidade. Aquí foi soterrada de forma pouco ostentosa, máis recoñecida oficialmente e profesionalmente como muller de ideas sociais cristiáns, empeñada na sensibilización das administracións públicas para a reforma dos cárceres, os orfanatos, e a eliminación da prostitución, a axuda aos nenos pobres, a colaboración coa Cruz Vermella ou as sociedades caritativas como las Conferencias de San Vicente Paúl.
Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, após mortas, aparecían citadas conxuntamente pola maioría dos medios de comunicación relacionándoas por seren mulleres de altas dotes intelectuais e/ou artísticas cunha común orixe galega: “Tres mulleres galegas” era o titular ou expresión frecuente. Porén, a dicir verdade a única que exerceu a súa condición de galega, de forma confesional e con vocación de servizo á realidade específica do pobo galego, foi Rosalía de Castro.
Das tres era a que tiña as condicións socio-económicas máis precarias, a que fixo uso literario, artístico, da lingua do país, e a única que vincula a súa obra, a unha tendencia ou perspectiva defensora da idea de o pobo galego ter dereito a existir como tal. En consecuencia, a única en ter expresado a súa problemática desde dentro de el, como preocupación fundamental.