Sociedad de socorros mutuos de ganados da parroquia de Vilamor–Mondoñedo

Sociedad de socorros mutuos de ganados da parroquia de Vilamor–Mondoñedo

Nos anos mil novecentos dez e once na parroquia de Vilamor, houbo una epidemia entre as cabezas de gando vacún, reducindo considerablemente o número delas.

Isto leva a que varios veciños, por consello do Crego, Celestino Cabarcos, a xuntarse e artellar a creación da “Sociedade San José de Socorros Mutuos de gandos da parroquia de Vilamor”. Os socios fundadores, foron: Xosé Ramón Rodríguez Núñez, Xan Bermúdez, Francisco Basanta, Xosé Tato, Ignacio Marful e Xosé Otero.

O regulamento componse de oito capítulos e cincuenta e oito artigos.

O capítulo primeiro contén as bases da asociación que serán: A sociedade será de gando vacún, o ámbito a parroquia de Vilamor e tara baixo a advocación de “San Xosé”. O fin dela será socorrer os que formen parte dela, nas desgrazas de mal natural ou caso fortuíto dos gandos asegurados.

Estará dirixida por unha xunta directiva, composta por un presidente, un vicepresidente , un secretario, que a vez será tesoureiro e contador, un vicesecretario e catro vocais. Todos os cargos serán gratuítos menos o secretario que terá unha gratificación de setenta e cinco pesetas.

O ano deberán celebrarse dúas xuntas xenerais ordinarias, que se celebrarán na casa de Antonio Sánchez, o dezanove de Marzo e o quince de Agosto. A primeira será para examinar a marcha e o estado da mesma e a do quince de agosto para elección da directiva. A estas xuntanzas deberan concorrer todos os socios, os que non acudan sufrirán unha multa de dúas pesetas.

Os socios fundadores propuxeron a D. Xosé Doural como inspector para visitar os ganados enfermos e subministrarlles os primeiros remedios. O pago deste correra a cargo do propietario dos animais.

A sociedade constitúe pagando os socios o ingresar o medio por cento do capital asegurado. O ingreso dos novos socios solo se levara a cabo nas xuntas xenerais ordinarias de Marzo e Agosto. A indemnización dos socios que tiveran algunha desgraza das reses, farase un reparto a pro rata do capital asegurado.

Esta sociedade non poderá disolverse mentres queden dez socios que queiran continuala. No caso contrario o capital que exista nese acto a directiva existente o destinara os pobres, mais necesitados da parroquia.

Nomease como Santo Patrono a S. Xosé, o cal diráselle unha misa solemne todos os anos o domingo seguinte despois da festa a cuxo acto deben asistir todos os socios, baixo a multa dunha peseta.

O capítulo segundo do regulamento esta adicado os dereitos e deberes da Directiva.

Entre eles esta, nomear empregado ou empregados, reformar o regulamento, nomear ou destituír un vixilante ou velador, se non cumpre co seu cometido, ten facultade para non admitir a baixa ou renuncia de ningún socio ata que reciba cantidade algunha da sociedade, ata que reintegre. Poderá nomear comisión si o esixen os intereses da Sociedade e poderá traer cando o vexa conveniente traer o Albeitar, especial para os gandos asegurados, pagándolle dos fondos da Sociedade.

O capitulo sétimo esta adicado os vixilantes. Os cales terán a finalidade de examinar o gando da Sociedade, nos barrios que foron designados, sobre todos nos casos de enfermidade ou nova adquisición. E obrigación deles informarse do custe dos ganados que se queiran asegurar, poñendo en coñecemento do Secretario da Sociedade para a súa inscrición e si están enfermos o notificaran a Sociedade para evitarlle prexuízo, inspeccionar as menciñas e o modo de aplicarllas, segundo prescrición do Inspector.

O capítulo octavo esta adicado os socios, os cales están na obriga de asistir as xuntas ordinarias e extraordinarias da Sociedade. Teñen dereito a percibir da Sociedade en caso de morte algunha res ou capital sobre ela asegurado. O pago farase efectivo o domingo seguinte os oito días de haber sucedido o sinistro de tres a seis da tarde.

O socio poderá pedir a taxación nos seguintes casos: Primeiro para os bois de traballo dentro dos oito primeiros días de Setembro. Segunda: para as vacas non de cría, a data mencionada e para as demais o ano de parir e antes si volverá a parir no ano. Terceiro para os xatos e xatas que se crían o lado da súa nai ó cumprir o ano do nacemento.

Cando por maltrato do seu dono morrese ou inutilizase unha res a mais de non abonarselle nada, a Directiva deberá dalo de baixa na Sociedade e esixir a indemnización do que por calquera concepto houbese percibido da Sociedade.

Os socios ó darse de baixa da Sociedade ben de forma voluntaria ou forzosamente abonara a mesma: primeira, a que corresponda pagar polas mensualidades vencidas ata a separación, e segundo si houbera percibido cartos da Sociedade, a diferenza que houbese entre o que entregou e o total recibido, indemnizando de este modo a Sociedade e ademais o vinte cinco por cen da cantidade ou cantidades percibidas, todo o cal quedara en fondos en dita Sociedade.

Todo socio, sen distinción de sexo, nin idade ten a obrigación de desempeñar os cargos que a Directiva o nomee.

O Regulamento foi aprobado o sete de febreiro de mil novecentos trece polo Gobernador de Lugo E. Ortiz Casado.

O 24 de Febreiro de 1913, constitúese a primeira xunta Directiva a cal estivo formada da seguinte forma:

Xoán Bermúdez, Presidente; Francisco Basanta, Vicepresidente; Xosé Ramón Rodríguez Núñez, Secretario; Xoaquín Mar, Xosé Tato e Xesús Otero, vocais.

A xunta directiva o 25 de marzo deste ano acorda celebrar a festa do Patrón, San Xosé, a conta da Sociedade e demais individuos da parroquia que queiran contribuír con algunha cota ou esmola. E taxar todos os meses os bois destinados o carreto diario.

O 25 de Maio nomeouse a Luís Seixas, inspector para os lugares de Pedrido, Vilaverde, Airas, Chao do Val, Veiga, Lamelas e Guillade e a Francisco Sánchez para os barrios de Cima de Vila e Grove.

En xunta xeneral extraordinaria do once de outubro de mil novecentos trinta e un, foron renovados varios artigos do regulamento.

O quince de agosto do corenta e un renovase o artigo corenta e sete do regulamento “por toda cría que se muera en el nacimiento o desde su nacimiento hasta los tres meses ciento cincuenta pesetas, desde los tres hasta los seis doscientas pesetas y en este intermedio todo socio que quiera pedir taxa para una cría excepcional tiene derecho a que sela taxe y los espoltros en cuanto se le conozca y se le justifique con el vigilante y dos socios del barrio opuesto se le abonaran cincuenta pesetas y cuando las crías tengan algún pelo 100 pesetas”.

O dezanove de Marzo do ano corenta e seis a petición da Sociedade acordase traer unha báscula a pro rata do capital que cada socio ten asegurado para pesar os gandos cando sexa necesario.

En xullo de 1952 acordase poñer 100 pesetas de multa a Josefá Bermúdez por non avisar ó secretario de que tiña unha vaca enferma grave, para que o día da taxa no fose taxada nin baixala do prezo que tiña na taxa anterior.

Na xuntanza de marzo de mil novecentos cincuenta e catro acordouse que todas as vacas teñan o número da sociedade e a que morra sen el teña o cinco por cen de rebaixa e a mesma cantidade o que teña unha res enferma e non o poña en coñecemento dentro das vinte catro horas.

Todo socio que morra e teña de débeda coa sociedade deberá ser abonada polo representante da casa patrocial e todo socio que venda unha cría para matar nos matadoiros de Vilanova e Mondoñedo e si a dan por enferma o responsable será o dono.

A última xunta xeral ordinaria data do 15 de agosto de 1985.

Na contraportada do libro de cada socio, ai unha fermosa poesía que se podería considerar como himno, composta polo poeta Celestino Cabarcos Suárez, coñecido popularmente polo “Bruxo dos Ermos”. Esta dí:

La Sociedad de Socorros Mutuos
que es la Sociedad parroquial
fundada por labradores pobres,
pra asegurar os animales.

Os que a ela pertenecen
na queren abandonar
por que si nonhay siniestros
nada teñen que pagar.

Socorrémonos os Socios
sin mensualidades de pagar
e como non temos fondos
naide pode desconfiar.

E temos un Reglamento
que debemos respetar
e cando se faí algún pago
todos deben presenciar.

E despois de feito o pago
saben o que pode quedar
asi de esta maneira
naide debe protestar.