O gremio dos mareantes de Rinlo

Establécese na ermida de Santa Catharina do porto de Rinlo, freguesía de Santalla da Devesa, vicaría de Ribadeo.
Reunidos o vinte e cinco de xuño de mil seiscentos vinte e cinco o crego da dita freguesía Francisco López e Alonso Valea, Fernando dos Pocos, Pedro Domínguez de Mera, Alonso García, Xan Rodríguez, Alonso Domínguez, Xan Méndez, Xan Martínez, Xan Rei, Xan Domínguez, Pedro de Mantaras, Xan de Longarela, Pedro de Martínez, Xan García, Alonso Méndez, Alonso do Parladoiro, Alonso López, Bartolomé da Pousada, Pedro de Mantaras, Xan Bein, Alonso Álvarez, Alonso Rodríguez, Francisco Domínguez, Bartolomé de Mantaras, Xan de Mantar, Alonso dos Pocos, Domingo dos Pocos, Gabriel Méndez, Xan Pedro Fernández, Alonso do Souto, Domingo López, María Alonso e Inés Palmeira, todos veciños do porto de Rinlo, coa intención de fundar a confraría do Apóstol San Pedro acordan o seguinte:
Constitucións:
Esta a de comezar o día do Señor San Pedro primeiro que virá este presente mes e ano. O dito crego a dicir misa rezada na ermida de Santa Catharina, non podendo a dirá outro crego. De esmola anual 140 reais.
O fin da misa a de “andarse y hacer una procesión con la Imagen de dicho Santo alrredor de la dha ermita”. Ademais desto cada luns de cada semana o mais cedo posible o crego que é ou fora de dita confraría de Santalla puidese una misa rezada para que os confrades da dita confraría que se atoparen presentes a puideran escoitar e pola ausencia deste os fillos e muller. O crego recibiría a pitanza e unha esmola.
Os mordomos que foran poidan pedir esmola e levar para aumento dela o que valeran e se ganara das candelas e o que os devotos mandaran poñer e puxeran a dito Santo.
Si un luns caera Nadal o crego non ten obrigación de vir dicir misa ata o outro día pola obrigación que ten na súa igrexa parroquial.
Iten que todos os confrades están obrigados a acudir a oír a dita misa en defecto que lles ocupe algunha cousa forzosa ou ausencia que llo impida a de ir tan sequera unha persoa da súa casa e no seu defecto e que falte pague de pena para dita confraría catro maravedis os cales poida o mordomo cobrar e tomar prenda por eles ata que os pague.
Iten constituímos que a dita confraría a de ter cera para o seu servizo e culto divino e alumar as ditas misas e procesións, e para cando morrera algún cofrade acompañar ó corpo do finado. A costa da confraría dirase pola ánima do defunto unha misa e vixilia cantada na igrexa de Santalla onde se enterrara. E si morrese no mar ou en outra parte se lle diga pola súa anima a dita misa e vixilia cantada e se pague de esmola seis reais co seu responso cantada.
Si algún pasaxeiro pobre e outra persoa morrese en dito porto de Rinlo e que non teña bens ningún diráselle unha misa rezada con algunha cera que alumara a dita misa, a costa da confraría.
Cada un dos fundadores da dita confraría a de dar de entrada dous reais, os cales se han de entregar en mao a Fernando dos Pocos e Alonso Valea primeiros mordomos, os cales servirán polo período dun ano, que comezará o día de San Pedro de este ano e rematará o día de San Pedro do ano vinte e seis.
E norma que o día de San Pedro do ano vinte e seis se xuntaran todos os confrades na ermida de Santa Catharina por e de conta dos ditos mordomos para nomear a os que os substitúan no cargo como mordomos, non podendo estes “repediar el dicho nombramiento” so pena de catro libras de cera para a confraría.
Os mordomos tiñan a obriga de tomar e pedir contas a os que saian, polo libro que an de ter debo e gastos que tivera, coa presenza do mencionado crego da Santalla e os confrades que quixeran estar.
A confraría a de ter dous mordomos, un libro encadernado e folleado no cal o principio a de ter a dita fundación en el anotarse todo canto fora entrando na dita confraría cada ano e o que se gastase nela e as contas que se tomasen os mordomos para que todo haxa conta e razón.
Para aumento da dita confraría e que non “perezca” que cada bolante que o presente hai ou houbera no dito porto de Rinlo canto a pescar todo xero de “pesqueria o perjeles o en otra forma” tivesen ganancia e gañaren algún intre, an de sacar e dar a confraría “medio quiñón ou soldada” e cada barco de castaño que estivese no dito porto un “cuarto de quiñón” de todo o cal se a de cargar cada mestre dos ditos bolantes e barcos e ó cabo da semana dar conta co pago ó tal mordomo ou mordomos. En caso de non facelo debe de pagar una libra de cera para a confraría.
A dita confraría a de ser perpetua, e nela terán cabida todos os homes e mulleres nativos do porto de Rinlo. A entrada na dita confraría será dous reais e despois cada ano una libra de cera ou o seu valor.
O crego que é ou fora da dita freguesía sexa admitido e recibido por confrade da dita e dela goce como os demais con que de entrada de oito reais e despois cada ano polo día de San Pedro unha libra de cera.
Aceptouse como confrade a Francisco Rodríguez de Villaronte y Río veciño da vila de Ribadeo por canto nos ofrece de entrada oito reais, que os mencionados mordomos han de cobrar.
A dita fundación foi feita ante o escriban Lópe García de Redondo veciño de Ribado e foron aprobadas polo bispo D. Rafael Cabrera.
Na visita que fai o bispo Sr. D. Fr. Gabriel Ramirez de Orellana manda que os mordomos que foran “al presente son de dicha cofradia, por cuenta de ella compren un libro de blanco encuadernado con cubierta de pergamino de trescientas hojas paraque se de dicha cofradía y en el se ponga por cabeza las ordenacionas y constituciones de ella con el auto de erección y aprobación hecha por el Illmo. Señor obispo Fr. Raphael Díaz de Cabrera”. Se anoten a continuación a lista de confrades, “ansi mismo mareantes como no mareantes”.
O vinte e sete de maio de mil seiscentos oitenta e oito xuntáronse o Licenciado Lucas López cura da freguesía de Santalla e os confrades designados pola confraría, Francisco Blanco, Alonso de Mantaras, Francisco Lanza, Juan García larena, Andrés López, Andrés Rodríguez, Domingo Mantaras e Diego Vázquez co fin de tratar as constitucións engadidas ou modificadas da confraría.
A primeira constitución da dita confraría é agregar e adiantar a misa cantada que se di o día da festividade do Apóstolo San Pedro, a de ser con diácono e subdiácono e que a procesión que se facía arredor da dita ermida o dito día a de ir a da Nosa Señora da Branca con asistencia de presbítero y acólitos.
No capítulo undécimo para maior aumento da confraría que todos os confrades “de el mareantes hagan de hacer y dar a dicha cofradía la tercia parte enteramente de un quiñon de la pesqueria que nuestro Señor les diere en las barcas de castaño y en los bolantes han de hacer quiñon entero”. No caso de que algún barco navegase han de facer quiñon enteiro para dita confraría en conformidade coa ganancia do fleto que tivesen. O mesmo todas as persoas mareantes ou confrades que foran a pescar fora deste contorno así por mar, como por terra o vir os que o fixeran por terra deberan aportar para a dita cada un trinta e catro maravedis.
Na duodécima, todos os veciños do porto de Rinlo poderán pertencer a dita e deberan dar de entrada cada confrade marido e muller vinte e dous reais cada un e cada ano polo día do Apostol media libra de cera.
Nas funcións de enterro dos confrades dirase misa cantada, honras e vixilia, con diácono e subdiácono e co terno negro.
Ensimesmo se engade que o dito crego que fora ha de vir a buscar a calquera defunto confrade con cruz, peliz e auga bendita a súa casa. A confraría dará o crego 6 reais.
Cada mordomo recibirá cincuenta reais polos servizos prestados.
Os cregos que acudan as misas do apóstolo San Pedro recibirán a pitanza.
No ano mil seiscentos noventa apartaban fondos á confraría a chalupa de Domingo de Mántaras, a de Domingo Blanco, a de Francisco de Lanza, a de Juan García de la Arena, a de Alonso Longarela, a de Andrés García, Antonio López e compañía, Andrés López e o de Antonio García Piedra. Durante este ano foron catorce “jovenes” a las costas del principado de Asturias o “Besugo”.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.