Mondoñedo: festas pola proclamación e xura da maioría de idade de S.M. A Reina D.ª Isabel II de Borbón.

Tivo lugar en Mondoñedo o 1 de Nadal de 1843. Os edictos fixéronse con dous días de anterioridade, para que os veciños da poboación limpasen as rúas e adornasen as súas respectivas casas.
Os actos deron comezo ás oito da maña cando dúas gaitas galegas acompañadas de dous tambores da Milicia “ciudadana” anunciaron polas rúas a ledicia e para recordo dos veciños de tan vetusta cidade. Un repique de campás soou simultaneamente en todos os templos da poboación. O tempo os cornetas e demais tambores da guarnición e Milicia tocaron para que os soldados destes dous corpos se reuniran fronte ó Seminario Conciliar, dirixíndose despois formados a praza pública no medio de “vitores e aclamaciones a excelsa reina, al pueblo de Mondoñedo y a sus defensores”.
As nove da mañá principiaron a chegar ás Casas Consistoriais todos os señores que compoñen o corpo Municipal, o sr. Xuíz de 1.ª instancia, fiscal, Excmo. de número mais antigo, o sr. Gobernador do bispado, o seu secretario de Goberno, Notario maior de asento, Xefes de Rentas Nacionais, Fiscal e oficial do propio ramo de Rl nomeamento, o contador Diocesano, empregados de correos e o de amortización, o sr. Comandante Militar, asesor de guerra e demais señores xefes e oficiais de servizo pasivo e activo que se atopan mandando a formación dos corpos da Guarnición. As nove e media saíron en comitiva en dirección da Santa Igrexa Catedral en dúas filas poñéndose a man dereita o Sr. Comandante de armas e oficiais militares por orden de gradación levando a dianteira os mais modernos e a esquerda as autoridades e funcionarios civis neste orde: empregados de correos, os de facenda pública, xulgado de primeira instancia, goberno eclesiástico e unha comisión do Venerable Cabido e presidindo a todos estes o Ilmo. Concello.
Chegada a comitiva a Sta. Igrexa Catedral celebrouse un Te Deum polo cabido a cuxo acto relixioso acudiu a maioría dos veciños do pobo. A tropa milicia formada fixo naquel acto tres descargas, unha ó principio do Te-Deum outra no medio e a terceira a súa conclusión. Concluído o Te-Deum, sendo as dez e media volveu a comitiva polo orde establecido a Casa Consistorial para recibir o retrato da S. M. que saíu da mesma nunha magnifica carretela en que ían tres nenas luxosamente adornadas das cales unha foi sentada baixo un dosel no que figura un trono e levaba o referido retrato e as outras colocadas nas gradas da anunciada carretela, simbolizando a prudencia e a pureza para recordar a todos as gracias da nosa Reina, esta carretela ía escoltada por catro alabarderos, acompañada do pendón de Castela levado polo señor Pror. Sindico primeiro D. José Pedreira Ron y Lanzos, todo o camiño está cheo de xentes e foi anunciado por boladores o repique xeral de campás anunciou a súa saída con toda a comitiva rompendo a marcha catro batidores da caballería da Milicia Nacional a fin de despexar o paso obstruído pola cantidade de xente. Era seguido pola música, logo os empregados e os seus xefes e en pos destes as autoridades e concello precedendo o acto o enunciado retrato de S. M. a cuxos lados acompañaban os dous señores Alcaldes constitucionais e concelleiros cerrando todo a tropa e Milicia formada en columna de honor.
Esta comitiva dirixiuse polas rúas Princesa e Cruz, cuxas casas atopábanse adornadas con votivas e lucidas colgaduras ata chegar o Santo Cristo dos Remedios onde se atopaba colocado o tablado ó que subiu o Concello e despois que un dos “maceros” pronuncio as voces de “oir, atender, escuchar” a continuación o Sr. Presidente deu lectura o Real decreto expedido por S. M. en 15 de Novembro e deu os vivas de ordenanza e o Pror. levantou e trémolo o pendón dicindo “Mondoñedo, Mondoñedo por la Reyna Constitucional la Señora D.ª Isabel segunda” a cuxa voz contestou o pobo con vivas e aplausos.
Concluída esta cerimonia proseguiu a comitiva polas rúas Santo Domingo e Batitales e subiu pola rúa das Angustia e Herreros na que se atopaba outro taboado onde se repetiu a proclamación anterior baixando outra vez pola de A Nova e Princesa a praza da Constitución na que se deu a volta e subiu a outro taboado colocado xunto ás casas Consistoriais repetíndose a mesma publicación procedendo de seguido o xuramente presentando primeiro o Rexedor do Ilmo. Axuntamento, “con las manos sobre los Santos Evangelios bajo la siguiente formula “juro por Dios y por los Santos Evangelios haber, tener y defender por Reyna Constitucional de España a D.ª Isabel segunda de Borbón”. A lo que las autoridades contestaron “si juro” e o pobo “Si juramos”. Entón o Sr. Presidente repuxo “si así lo hiciereis Dios os lo premie y sino os lo demanda”, terminando o acto con unha salva de fusilaría. A continuación o Sr. Presidente improvisou unha carta e significativa alocución ó pobo mindoniense, facéndolle explicación da ventura e felicidade que esperaban todos os honrados españois do reinado de unha nena que principio a empeñar o cetro de Fernando e que baixo o símbolo da ignorancia e a xustiza sería rexida esta nación. A continuación toda a comitiva retirouse á casa do Concello onde nun elegante aparador colocouse o retrato de S. M. baixo un magnifico Dosel Carmesí e o pendón nos balcóns da mesma Casa Consistorial, na que logo se puxeron dous sarxentos de garda de honor da Milicia cidadán. Neste mesmo acto arroxáronse ó publico varias moedas de ouro e prata. Despois houbo numerosos brindes á saúde de S. M. e a unión e concordia de todos os españois, improvisando composicións.
Pola tarde continuaron os festexos públicos e gaitas do pais, principiándose a adornar as fachadas das Casas Consistoriais con diferentes aras de varias figuras e con variedade de vasos pintados de fermosas cores para dar principio ás oito da noite a iluminación xeral que tivo efecto e foi anunciada con repenique das campás e unha tandada de fogo e sendo intercalada con pezas de distinto e sonoro gusto que a academia de música tocou ata as doce que tivo fin a función co campaneo, variado fogo artificial que o concello mandara construír para tal efecto. Na fachada da Casa Consistorial distinguíase e brillaba a cuartela posta nun cuadrilongo, era composición do Sr. Presidente D. Jacinto Romualdo López.
“TU TRONO EXCELSA NIÑA SALBO EL CIELO
Y A ESPAÑA DEJÓ LIBRE E INDEPENDIENTE
ADORA, MINDONIENSE AL DIOS POTENTE
PUES REYNA YA ISABEL DULCE CONSUELO”
O día dous de Nadal continuaron tocando as gaitas galegas e anunciouse a corrida do Estafermo ás doce para o seguinte día, habendo solemnizado o publico nos paseos a que brindaba a fermosura do tempo. O día tres e hora de nove da maña colocouse na praza unha “cucaña” que divertiu ó público ata as doce e as dúas deuse principio a corrida do Estafermo con xeneral aplauso do pobo que se atopaba presente polos acertados golpes de lanza que deron os xogadores os cales foron premiados con multitude de fermosas cintas.