Minas, tabernas e pan nas terras de Mondoñedo.

Minas, tabernas e pan nas terras de Mondoñedo.

Minas.


Axuntamento de Mondoñedo 19 de xullo de 1826, leuse un oficio do Sr. Intendente Xeneral deste Reino con data seis do presente mes preguntando si nesta provincia hai Fábricas de Ferro e neste caso si porán proveer as Reais Minas de Amaden de 850 arrobas de metal e 150 de aceiro

O sete de novembro do 1826 o concello acorda manifestar ó Intendente que a pesar das moitas averiguacións que este concello fixo ata agora non poido descubrir nesta provincia mina algunha de cobre nin se beneficie de este metal nela e que a noticia da Real Xunta de que no lugar da Valiña de Ares inmediata había unha mina de cobre é falso e sen dubida procedida de algunha involuntaria equivocación do que o respecto a que a mina que se atopa nesa situación e de Caparrosa que anque realmente e abundante ninguén a usa nin se beneficia, ainda estando aberta pero abandonada.

No pleno do 20 de marzo contestase ó oficio do 7 de novembro de 1826 en reposta o do día tres do mismo mes engadindo que posterior a isto chegou a saber o concello que as Fabricas de Sargadelos se surten de materia prima propia para a construción de potes e outros instrumentos duhna mina sita nun monte que está intermedio entre as parroquias de San Vicente de Cubelas e San Miguel de Reinante.

Tabernas.

O 13 de agosto de 1827 o Sr. Viveiro deu parte ó concello do altercado ocurrido na taberna de Josefa Cid situado na rúa da Panadería polo que se lle impón a multa de 20 ducados e con advertencia de que si volvese a reincidir no exercicio de tabernera.

Na sesión do 31 de agosto de 1827 do concello de Mondoñedo advirtese respecto dalgunhas tabernas desta cidade e os seus barrios causan gran prexuizo na venda o por menor e aumentase o prezo o por maior en favor dos “arrieros”. Despois de meditar este asunto tomaba noticia das tabernas que debían existir con vista delas:


San Lázaro: viúva de Ramón de Rega e Nicolás Ramos.
Os Muiños: Juan Méndez e D. Manuel do Camiño.
Rúa San Roque: Vicente Goiriz.
Rúa da Fontevella: Jacinta de la Canella, Benito García, Manuela Méndez e Luisa Rodríguez.
Rúa alta e baixa de Batitales: Josefa de Illade e Juan Rodríguez.
Santo Domingo.
Rúa dos Remedios: El achero que vive fronte a cárcere.
Rúa da Cruz: José Requeijo
Rúa dos Herreros: Francisco Mauricio.
Nova e Canadeira : Antonia Vizoso y Josefa Cid
Rúa Concepción: Juan Quinte.

Estas son as tabernas que establece o concello por agora para vender o viño o por menor crendo ser suficientes para o surtido do pobo, sen prexuízo de que algunha outra rúa da cidade lle parecese oportuno a apertura doutra ou pola contra a diminución delas.

Acordouse ase mesmo que os arrendatarios colasen o viño de todas as tabernas nas que actualmente se despache presentando a esta corporación unha relación das existencias de cada unha no día vinte e nove con expresión do tempo que necesitasen as que quedaron privadas de vender para o despacho das súas existencias e as que quedan autorizadas para a venta e coa condición de baixarlles o prezo do xénero y non sendo de boa calidade non se baixara o prezo senón que se arroxara e se tomaran as medidas necesarias.

Estando para levantarse a sesión do 18 de xuño de 1841, presentouse ante a Corporación Manuel Baliño veciño desta cidade denunciando la “Cruceta del Cañado” por onde acostumaba medir o viño o arrieiro Manuel Carballedo aducindo que o pillara infraganti. Acordou o Sr. Presidente e Srio. Se instruíse expediente.

30 de xullo de 1844, Carlos Paz veciño da Rilleira de Cesuras acudiu o cinco do actual o Sr. Intendente da Provincia expoñendo que na extensión de unha legua que en circunferencia ten aquela rilleira na cal extra radio da sisa do viño so hai tres tabernas colocadas na liña que conduce a Mondoñedo a Lugo e todas nun corto espazo de medio cuarto de lingua en razón da cal a maior parte do vecindario cando necesita viño acuden por el ás tabernas limítrofes que están menos distantes con prexuízo do arrendatario que nota por isto una falta de consumo, sendo isto fácil de remediar coa colocación dunha taberna que solicita en termos do Coto da Recadeira onde a requiren con sobrada razón os veciños da Rilleira de Cesuras que pola súa moita distancia deixan de gastar viño das tres tabernas aludida. O Sr. Intendente con data do dez pasou instancia informe ás oficinas da provincia ás que con data de dezasete, este acorda que se escoitase ó concello. Este acorda que se escoite o pedaneo da Parroquia de Viloalle así como o arrendatario da sisa dela convocándoos a este fin a secretaria deste concello onde se tratara a pretensión do mencionado Carlos.

Na sesión do 6 de maio de 1848 leuse unha instancia que con data do 4 do actual fixo o mesmo D. Domingo Antonio de Castro veciño da parroquia de Sta. María de Vilamor e arrendatario dos dereitos do consumo do viño na de Sta. María Magdalena de Coubeira solicitando que a corporación se sirva das razóns que expón o ben anular o remate o do contrarío tomar o seu cargo a defensa para que se retire a taberna que no lugar do Pouso pertencente a parroquia de Santiago de Adelán establecera Antonio Redondas pois que os siseros de Adelán non poden conceptuarse prexudicados en atención a que xamais tiveran outra taberna que a do Cristo o Mesón e asegurar ó suplicante na posesión de igual establecemento fixado na casa da “Feijoeira” como sitio de costume a vista, ciencia e consentimento da autoridade municipal do “Alfoz de Castro de Oro”, a cuxo distrito corresponde a parroquia de Santiago de Adelán. O concello consciente de todo elo acorda transmitir un oficio o concello de Alfoz instancia relacionado co Señor Antonio de Castro para que en virtude de canto nela manifesta e cuxas razóns se aprecian na parte que corresponde se sirva mandar levar a efecto o disposto polo señor presidente en oficio do 16 de abril pasado por estar en iso conforme co que se pretende.

O Pan

Acórdase na sesión do 31 de agosto do 27, que se fixasen edictos para que en razón do abuso que se advirte na venda do pan cocido o por menor segundo tivo noticia a corporación e con respecto á calidade do mesmo e xa que polo que se mire o prezo do grao nos mercados desta cidade a fin de que solo se venda a libra e pan cocido de boa calidade de trigo a cinco cuartos: o forraxe a catro cuartos libra e o de centeo a tres cuartos e medio libra e que contra o que contraveña dito mandato se tomen as medidas oportunas.

Sesión do concello do 15 de xullo de 1833 presentou o sr. Presidente unha instancia con data de onte solicitando se implore a S. M. a gracia de mudar a Rúa Pacheco o nome polo de Rúa da Real Princesa Isabel ou da Xura.