Luís López Lombardía, fundador da fábrica de Holandillas en Mondoñedo

Luís López Lombardía, fundador da fábrica de Holandillas en Mondoñedo

Luís López de Lombardía nado en San Martín de Villaoruz, concello de Vilamea era fillo de Brais López de Lombardía e María Rodríguez Monteseiro. De mozo emigra á América e casa con Dona Manuela de Mora e Cardenas, natural de San Francisco de Quito, filla de Don Francisco Mora natural do reino de Xaén e dona Sebastiana de Cárdenas de Quito.
O 28 de Setembro de 1738 sendo veciño de Madrid, obtivo R. Cédula, dada en San Ildefonso, para establecer unha fábrica de “holandillas” no reino de Galiza.

En 1739 o 5 de febreiro, o administrador do hospital de San Lázaro de Mondoñedo, Lucas de Miranda, afora o Señor Lombardía un terreo de catro fanegas, en San Lázaro por remato de cen anos e canón de 352 reais en cada un para construír unha fábrica de Holandillas.
Logo comezou a funcionar a dita fábrica, pero Luís Lombardia non a puido ver pois morreu en Madrid o 15 de Nadal de 1741. Días antes, outórgase poder a súa esposa e a don Pedro Rodríguez Acebo, procurador dos reais Consellos, veciño de Madrid, para facer testamento. Nel nomea a súa dona titora e curadora dos seus fillos.

En Xaneiro de 1742, procedeuse en Mondoñedo o reconto e recoñecemento dos seus bens.
Os obxectos de prata pesaban 1835 onzas. Había 106.874 reais en moeda, cuxa suma era da esmola da bula do ano anterior.

Na casa onde vivía a viúva acháronse nunha peza baixa 5.596 varas de lenzo e 24 pezas de holandillas de distintos cores e 15 varas cada unha e os seguintes libros: “La historia de Leopoldo” en tres tomos, “Guerras civiles en Francia” “De la fe y de la ley” e “”Verdades Católicas”.

O recoñecemento e reconto dos bens da fábrica ten lugar o doce de xaneiro de mil setecentos corenta e dous, por D. Juan Francisco Espinosa de los Monteros, alcalde maior de Mondoñedo e a súa xurisdición. Acude en nome da viúva Raymondo López Lombardía, irmán do dito Luís. Nela atopouse o seguinte:

Mil sesenta e catro pezas de holandillas de todos os cores prensados e empapeladas. Outras trece pezas tinguidas de distintos cores e por prensas. Sete pezas que se atopan por tinguir, todas elas de 15 varas.

Se acho unha partida de zumaque para tintes que se regulou en sesenta arroubas, unha porción de alazos que se regula en catro arrobas, una porción de alazos que se regulou en catro arrobas, cincuenta e seis libras de cardenillo, caparrosa que se regulou en vinte e catro arrobas. Dous costales con agallas temen para tinguidura reguladas en oito arrobas, outra barrica con pedra lumbre regulada en catro arrobas, una porción de pau de campeche que se regulou en oito arrobas, seis maromas de esparto para a prensa, unha caldeira de cobre nova grande, vinte e unha barras de ferro platino de peso cada unha de cincuenta libras. Unha argola de ferro grande. Unha grade cos seus pasos e rodas nos pés para subir os estantes das holandillas, todo o cal se deixou pechado con chave que recolleu Raymundo López.

Na prensa atopouse en moi bo estado e con todo o necesario para o seu uso, sen que faltase cousa algunha e a ten o seu cargo Alonso Olano, Mestre Prensador.
Alí atopouse dous barriles de pedra lumbre que se regularon en corenta e oito arrobas. Unha peza de tinguidura que se achou perfecta con todo o necesario para o seu uso según dixo Gaspar de Brea, mestre tintureiro que corre con ela.

,Nela atoparonse tres caldeiras grandes de cobre encaixadas para vos tinguiduras, unha tinaxa do mesmo efecto con tres arcos de ferro grande, dous peroles de cobre grandes, outros dous peroles tamén de cobre pequenos. Cinco aseras duas tinguiduras e dous bancos de pau todo o cal quedou no seu sitio e as chaves en man do dito Raymundo López.

Nas cortes acháronse dúas mulas de bo tamaño, unha de cor pardo e outra tordo que serven para a prensa.

Logo se recoñeceu a casa de dita fábrica. Tiña una zaguan moi grande. A fachada principal que da o Camiño Real coa peza en que se recontaron as holandillas, palio e escaleira principal achábanse fabricadas. O mesmo atopase rematada e acabada outra peza que fai esquina na parte do vendaval e outra inmediata a ela as que serven para vivenda dos mestres de tinguidura e prensa. A cociña da dita casa esta rematada e outros dous cuartos inmediatos a ela que un fai esquina a parte do solano.

O zaguan da expresada casa se atopa cos seus arcos de cantería arredor no centro dela e sobre os mesmos arcos columnas tamén de cantería que sosteñen o teito pero os corredores que saen a dito zaguan todo o arredor se allan por sellar e posto soamente os pontones e madeiras maiores.

Tamén se acharon no chan da referida casa e noutras partes dela moita cantidade de madeiras maiores e menores, táboas destinado todo elo para ultimar e acabar de fabricar e perfeccionar a dita casa.

O falecer don Luís tiña da súa dona os fillos seguintes: Xan de 12 anos e Nicolás de 10 bautizados na Catedral de Quito; Antonio Bernabé, nado en Madrid en 1733, e Rosa María que nacera en Mondoñedo en 1740.

Xan foi monxe benedictino e faleceu en Santo Toribio de Liebana. Na orde era coñecido co nome de Dr. Santiago.

Antonio casou en Mondoñedo e morreu sen sucesión. Nicolás era fato.

A viúva de don Luís López casou en maio de 1745 con don Santiago de Olano Villanueva, administrador de Tabacos e anidos de Mondoñedo.