Lembranza de dúas visitas a Manuel María

Lembranza de dúas visitas a Manuel María
Aló polo ano 1980 fixen unha viaxe a Monforte, xunto co meu veciño e amigo xa falecido, Xosé Pardiñas Losada, simplemente para coñecer a Manuel María. A miña intención era falar con el e ver as posibilidades que tíñamos os emigrantes galegos en EuskalHerria, de poder contar coa súa participación nalgún dos actos culturais que tiña en mente organizar na Casa de Galiza de Santurtzi, na que recentemente fora elixido Delegado de Cultura.

Visitamos a librería Xistral e alí nos atopamos con el e co escritor betanceiro, Xesús Torres Regueiro, profesore investigador de temas históricos, quen tamén estaba de visita.

O primeiro que fixo, ao saber que éramos dos Vilares, foi preguntarnos por Díaz Castro, “ese medio pantasma que ninguén sabe si vive ou non”, díxonos. Daquela sentín vergoña por non saber contestarlle e de nin sequera haber lido Nimbos. Penso que el deuse conta dilo, polo que cambiou de térceo e empezounos a falar da grandeza da súa poesía, da calidade do poema Oración polos tolos, e que non entendía porque non incluíra esa oración no único libro do noso veciño, sendo unha das mellores poesías escritas no idioma galego.

Recitounos o poema e daquela deime conta, tanto da grandeza do poema como do gran humanismo franciscano dos dous poetas, do seu cariño e comprensión poresa xente que con brazos de ferro dan apertas á escuma;xente á queesta sociedade insolidaria e individualista aparta da vida normal,poñéndoos á beira de todo, camiño de ningures, na vez de llesaxudarlles a ligar os cachos da súa vida, como ben di o vilarego na súa oración.

Manuel María ten escrito moito sobre estas persoas que xa esquenceronpra que é a rabela do arado, tanto na súa poesía coma nos seus artigos, con moito cariño e respectando sempre a súa dignidade.Este cariño e humanismo que acabo de dicir puiden comprobalo noutra visita que lle fixen, anos mais tarde, coa miña dona Gloria.

Despois de comer competentemente, como lle gustaba dicir a el, de ver a súa colección de navallas e a súa impresionante biblioteca, díxonos que pola tarde habería un mitin do daquela BNPG, nunha praza da que xa non me acordodo nome. Como aínda nos daba tempo para coller o tren despois do acto, aló fomos as dúas parellas.

Lembro que antes das intervencións dos oradores había unha actuación do Mago Antón co seu moneco Facundo. Todo ía ben, pero cando empezou a falar Facundo, un home empezou a berrar entre o público, esixindo que calara a boca“ese espantallo”. Eu, nun principio -aínda que xa vira varias actuacións do Mago Antón, quen xa estivera en varios Centros Galegos e incluso coincidira con Manuel María na Casa de Galiza de Santurtzi, nunha das veces que ostrouxeramos pola patria do seu amigo Gabriel Aresti-, pensei que todo estaba amañado e que formaba parte do acto. O noso poeta coñecía a aquel home e sabía que non ía calar senón éramos capaces deentendelo.

A xente, Facundo e mais Antón, seguíanrogándolle que escoitara e que os deixara falar, pero el seguía na súa teima, dicíndolle ómago que el podía falar, pero que mandara calar a “ese monicaco”.

Como víamos que non había maneira e que a cousa seguía igual, díxome que ía falar con el para ver si entraba en razón.

Levantouse da súa cadeirae foi xunto del. Non sei que razóns lle expuxo, pero ao pouco tempo vin como aquel home movía a cabeza afirmativamente, como dando a entender que os argumentos que lle dera o poeta eran o suficientemente convincentes para facelo cambiar de opinión.

A partir dese momento Facundo deulle as grazas por deixalo seguir coas súas conversas con Antón, rematando o mitin nunha festa,despois da intervención dos oradores.

Grazas a súa mediación, Gloria e mais eu aínda puidemos chegar a tempo para coller o tren cara a Guitiriz, porque Manuel María non so era capaz de rezar eerguer os seus ollos polas almiñas tortas, senón que tamén sabía poñerse no seu lugar para poder entendelos e que o entenderan a el.