Francisco de Paula e Buón

Francisco de Paula e Buón

O dous de Abril de mil oitocentos trinta e nove, era atopado na porta do hospital de San Pablo desta ciudad un neno. Foi bautizado ao día seguinte sendo a súa madriña a ama de propio hospital e puxéronlle por nome Francisco de Paula, por ter nacido o día dese Santo.

Francisco de Paula foi recoñecido anos máis tarde como fillo seu por D. Tomás Buón, natural de San Xoán da Regla e León, de profisión organista da Catedral de Mondoñedo e Manuela Coia, natural de San Cosme de Piñeiro por escritura pública outorgada a 15 de Xuño de 1845 a testemuña de Santiago Anido, como habido antes do matrimonio, atopándose en estado de solteiros.

Ao mesmo tempo que segue a carreira eclesiástica no Seminario, recibía do seu pai a ensinanza musical. Buón era moi amigo das diversións, polo cal nunca destacou na carreira. En 1852 o Cabildo presentouno para a Capelanía do Santo Cristo da Catedral, adxudicándolla en Outubro dese ano. En 1853 cursou primero ano de Filosofía, en 1854 e 1855 terceiro.

O cinco de setembro de 1855, Tomás Buón, en representación do seu fillo Francisco solicita a redución das Misas que debía celebrar os festivos ás 12 da maña, como Capelán da dita Capelanía do Sto. Cristo da Catedral. Contestáronlle que habéndose incautado a Nación das chaves do Arquivo non se pode dar resposta por falta de información.

No Nadal de 1855, morre o seu pai, Tomas Buón.

A viuva de Tomas Buón, en Febreiro de 1856, en atención aos corenta e dous anos de servizo que prestou o seu defunto esposo, pediu que se admitise na Capela de música o seu fillo maior. Contestóuselle negativamente.

O 23 de Abril de 1859, Francisco de Paula, solicita un violenchelo da Fábrica co fin de adquirir suficiente instrución no seu manexo para poder prestar servizos na capela de música. No anos 1858, 59 e 62 aprobou tres anos de Teoloxía coa cualificación de mérios sendo reprobado en 1861. A primeiros de Xullo de 1860 solicítalle ao Cabildo a praza de Violonchelo. O Cabildo determina esperar o regreso do bispo para contestarlle. O 27 dese mes, o cabildo, co permiso do bispo, acede ao solicitado por Buón, acordándolle dar 6 reais por cada vez que tivera que tocar o referido instrumento.

En abril de 1861, tocalle facer o servizo militar o n.º 4 na quinta ordinaria do 59 e o Concello o declara exento por inutilidade para facer o mencionado servizo.
En Setembro pídelle aumento de soldo ao Cabildo, contestándolle o 20 de Novembro que se lle conceden 4 meses para prepararse en solfexo e manexo do violenchelo, con vistas a un novo exame, e dependendo do resultado condicionase o aumento do soldo.

Na maña do 15 de marzo de 1862, ordenouse de Epístola, na Capela do Palacio Episcopal, a título de Capelán da Capelanía de San Francisco de Viloalle. Como Capelán da mencionada Capelanía afora os bens pola cantidade anual de 80 reais a Francisco González.

O viciño de Viloalle, Antonio de Castro, remite unha queixa contra Francisco Buón por ter aforado os bens da Capelanía de San Francisco, a Francisco González, pois este apropiouse de varias fincas e valéndose do documento do foro as vendeu a José Parga, polo que Antonio de Castro pide que todos os contratos sexan nulos.

En maio de 1862 presentou a súa solicitude para cubrir a praza do salmista que vacara por renuncia de Xosé Corral. O cabildo contestoulle en Xullo, indicándolle que para poder acceder a dita praza de salmista, debería mellorar a súa conduta. En Febreiro de 1862 ordenouse de Evanxelio e o 30 de Maio ordenouse de Misa na Capela do Palacio Episcopal.

En Abril de 1863 solicita a praza de violenchelo en propiedade. En Cabildo de 12 de Agosto, en vista do informe emitido polo mestre de capela déuselle en propiedade dita praza co haber de 4 reais diarios e as obrigacións de tocar o violonchelo na capela de música, asistir diariamente a coro, cantar nel ou na capela, substituír os capeláns e asistir por qyebda aos Maitines.

No primeiro cabido habido despois do Corpus de 1864 o mestre de Capela, presentou unha queixa, entorno a conduta pouco regular do presbítero Buón. Este foi requirido a presentarse ante dito cabildo onde foi duramente reprendido. O 8 de Xuño o Cabildo ordenoulle entregar un dos violenchelos que el tiña, e que eran propiedade da Fábrica, ao neno de coro Xosé Ramón García. No Cabido do 29 de Xullo de 1870 concedeúselle licencia para ir tomar os baños de mar.

Pero corta foi a vida deste gran poeta pois o 14 de Agosto de 1872, apareceu afogado na ría de Foz, onde se encontraba bañándose e desde onde pensaba regresar a Mondoñedo para asistir as vésperas daquel día da Catedral. Os seus restos recibiron sepultura no camposanto da Vila de Foz. O 29 de Agosto, o cabildo mandou recoller da casa da nai o violenchelo, coa súa caixa que eran propiedade de dita Fábrica. Buón vivía na casa xunto o cuartel pola rúa das Angustías. Na súa casa paraban seminaristas externos.

,A súa obra

Aínda tendo unha gran habilidade co violenchelo a fama del non vén como músico, senón máis ben, adquiriuna polos súas dotes poéticas. Del dise que tiña tal facilidade para versificar, que en varias ocasións sostivo conversas en verso.

O Sr. Lence-Santar, cronista da vella cidade de Mondoñedo e autor dunha biografía, deunos a coñecer algunha das súas composicións, chegando a dicir: “Son varias las poesías que de él hemos podido reunir, no sin pasar tiempo y vencer dificultades”.

A primeira e unha redondilla, que se atopa esculpida na parte de dentor da pedra que cerra o número 5 do cemiterio e foi feita para o epitafio da nena María Dores Máteo, morta o 1.º de Setembro de 1861.

Dí así:

“Mi hermosa niña murió;
Volo al cielo su alma vella;
Ni pudo ganar más alla,
Ni pude perder más yo.”

Outra é unha panxoliña, cantada no Nadal de 1868 na Catedral. Púxolle a música o mestre de Capela, Pascual Saavedra. O 1 de maio de 1871 con motivo da inauguración da “Juventud Católica” na festa celebrada no teatro de Alcántara cantouse o himno “El Sol del Vaticano” que comeza así:

“Luce en Oriente entre zafiz y rosa
Y entre cambiantes mil de mil colores
Las ígneas hebras de sucrecha hermosa
El Astro de las Aves y las flores.
Pero su lucidez comparo en vano.
Al Sol del Vaticano”.

Ademáis o Sr. Lence recolleu estas dúas improvisacións:

“Es delito el no tener
Porque el que no tiene falta.
Y en la sociedad resalta
Sobre la deuda el haber
Si uno enchido de saber.
No adorna el saber con cobre.
Por más ciencia que le sobre
Delinque en cualquiera cosa;
Luego en lógico forzosa
Es un delito el ser pobre!...”

Outra:

“Amar es soñar despierto;
Es vivir en ilusión,
Es hacer del corazón,
Sepultura del acierto;
Es dar al criterio muerto
Una perfección mentida,
Es esculpir en la vida
Recuerdos que nadie borra,
Por eso, aunque el tiempo corra,
El que bien ama no olvida!...”

Homenaxe

Con motivo de cumprirse o vixesimo segundo aniversario da morte de Buón, un Xornal mindoniense “El Diario de Mondoñedo”, dedicoulle un número especial. Na primeira plana levaba impreso un retrato de Francisco de Paula. Este xornal foi editado na imprenta Mancebo, ainda que se compuxo e axustouse na “Imprenta Católica”.

Sendo o sumario deste xornal o seguinte:

“Buón”, da Redacción de fondo e en prosa: “Una violeta”, poesía. “En el vigesimo segundo aniversario de la muerte del malogrado poeta D. Francisco de Paula Buón”, de Cristóbal M.ª Branco, en prosa; “La poesía en sus relaciones con la religión. Al malogrado poeta mindoniense don Francisco de P. Buón, Pbro.” De D. Francisco Ben Colmenares, en prosa; un traballo en prosa de D. Xosé María Chao, presbítero e mestre de latín do Seminario; “Veso o lo que sea”, poesía de Fernando Ferreiro ; “Desde mi aldea”, en prosa de Felipe Lence, Cura párroco de Couzadoiro; “Primer aniversario, vigésimo segundo de la muerte de don Francisco de Paula Buón”; poesía de Hermenegildo Mancebo; “Al eminente poeta mindoniense Francisco Buón”, soneto de Don Pedro Méndez de Vivero; un traballo en prosa de Xosé María Montenegro, “Galicia y sus cantores”, en prosa de D. Xosé de Novoa Miranda; “¡Las glorias no mueren!”, de Xulio Rodríguez Meire, en porosa; “Ofrenda a la memoria del malogrado cantor de las riberas del Masma”, poesía de Xosé I. Saavedra; “Lauda post mortm..” en prosa de Xesús Sanchez, un traballo de Dodolino Trigo e outro de Luís Vidal y Corral; “A la memoria del poeta Buón”, soneto de Xosé María de la Fuente, “Una lágrima” poesía de Noriega Varela y “Sin titulo” en prosa de Emilio Tapia Ribas, Director deste Xornal.