Feliz Día dos Dirigentes Estúpidos para todos


Pudera parecer uma brincadeira frívola, mas o anúncio final é uma primícia para a língua nacional.

Hoje é o Día Internacional dos Dirigentes Estúpidos e a Radio Galega orgulha-se de ter em estúdio o presidente da Xunta da Galiza, Sr. Feijó, bom día:

Bos días, buenos días. E antes de nada mandar un saúdo a todos os galegos que se atopan nas súas casas escoitando a radio pública da Xunta do Goberno Galego. Que ben para min estar aquí, é un placer tan grande poder celebrar este día sen imposiciós e en libertade.


Sr. Presidente, para os galegos que nos están escoitando, que é o Día dos Dirigentes Estúpidos?

Ben, este día podería definirse como o estupor, ou estado de suspensión da actividade física e psicolóxica en que o enfermo ou dirixente político, ainda que consciente, non responde a estímulos dos seus electores, respondendo tan soio as ordes dos seus superiores, poñamos por exemplo de Madriz, valería calquera outro, se vostede quere e se me apura, tamén de Bruselas.


Como vai celebrar este Día?

En casa e en familia, é dicir, co conselleiro de Educación, que é una persoa que me cai moi ben e tamén invitaremos o conselleiro de Presidencia, que un gran amigo noso e nos dirixirá unhas palabras de consuelo e alento. Os demais conselleiros nin sei quen son, nin me debe importar.


Recibiu algúm presente para este dia?

No, presentes non sei se vai haber máis. Moitos dos vellos "presentes" morreran e os seus fillos preferiron ir pra Madrí.


Disculpe, refíro-me a se recibiron algúm, como diriam vocês, algúm "agasallo"?

Ah, se refiere a regalos. Hui, que vergoña, non me faga iso


Vá lá.

Ai, non...Ben, recibimos un coche


Un carro?

Non, un carro non, un coche, sin censuras. É un vehículo que nos enviou o Presidente da Real Academia Galega, o cal agradezo dende aquí por poder quitar unha foto con él e que despois xa viron todos vostedes na Voz de Galicia cando se celebrou o Día do Escritor Patético.


Alguma coisa máis senhor Presidente?

Non, teño pensado un suicidio xeral dos galegos. Porque as persoas din "Ai, a vida não está fácil", pero a morte tamén está carísima. Unha poboación que se queira imolar polo lume, por exemplo, que é un suicidio de gran espectáculo e que algunha experiencia teñen os galegos no 2006 por culpa do bipartito, é un investimento brutal. E iso é unha cousa de excéntricos, que xa vimos os resultados dos nacionalismos caducos.


Portanto está en contra dos jornalistas?

Non, non, todo o contrario. Admíroos moitísimo. Son magníficos mentirosos e tamén os xuices. Eu cuando un profesional ten valor seino recoñocer, senón xa estarían na cola do paro. Debemos reivindicar, dende aquí aproveito a oportunidade que me brindan, que todos os días sexan Días dos Dirigentes Estúpidos, todos xuntos, unidos na defensa desta Xunta de Galicia mortífera.


Muito patético

Moitas grazas. Mire o que lle digo...


Calma, você está muito enervado

Pois estou e non me podo enervar máis por causa da tensión. Vou descansar un pouquiño para Madrí, dacordo? Os resultados nos avalan.


Bom e para rematar anunciar que no 2016 a cerimónia de inauguração dos Jogos Olímpicos de Río de Janeiro fará uma homenagem á língua galega, celebrando o Día dos Dirigentes Ignorantes.