Feiras e mercados na provincia de Mondoñedo

Feiras e mercados na provincia de Mondoñedo

No ano 1156, o Rei Afonso VII, concedeulle un privilexio a Vilamaior (nome que tivo durante largos anos Mondoñedo) no cal lle daba o título de cidade, oito días e feira por Nosa Señora de Agosto, un Mercado anual o primeiro de ano o “foro de León”. Aí temos o orixe da feira de Nosa Señora de Agosto.

A primeira noticia que temos das San Lucas aparece nunha sesión do Concello do 30 de Nadal de 1530, na cal púxose por “condición que la persona en quien se rematase la Alcavala de fuera pudiese llevar el día de San Lucas, desde entonces en delante de Bueis, Bavas, bestias, calderas, ni paños más de treinta maravedís uno”.
Segundo a tradición as Feiras das San Lucas datan da época en que se consagrou a Catedral polo bispo D. Martín.

O 25 de Marzo de 1759 por R. Cédula dada en Vilaviciosa déronse traslado as feiras das San Lucas ó mes de Agosto, dando comezo o día da festa e feira de Nosa Señora e durante os mesmos días que aquelas. Pouco durou o cambio pois o concello en vista que non tivera o resultado esperado por R. C. de data de 23 de Marzo de 1763 conseguiuse que volverán as feiras ó mes de Outubro.

O 6 de xaneiro de 1550, a xustiza, rexedores e procurador xeneral dispuxeron que o mercado franco que se celebraba en Mondoñedo en xoves cada quince días tivese lugar todos os xoves.

En vista de que no partido de Lindín, Cabarcos e noutros puntos mercábanse e vendíanse diferentes cousas os xoves, días de mercado en Mondoñedo, o cal prexudicaba a este e defraudaba para S. M. o dereito do dous por cento que se pagaba cada ano o concello en sesión do 14 de Febreiro de 1656, dispuxo que o Alcalde Ordinario Pedro Taboada fose a Lindín e a onde se apreciase, e por ante escriban fixese información do que ocorría, obrigando ás persoas que celebrasen feira a vir mercar e vender a Mondoñedo, prendendo a todos os que fixesen o contrario.

No ano 1744, segundo documentos do Concello de Mondoñedo, existían na provincia mindoniense o mercado de Ferreira, outro en Mondoñedo, semanal e as feiras seguintes:

A das San Lucas que duraban dende o 18 de Outubro ata o 1.º de Novembro; a do primeiro de Maio e a de Nosa Señora de Agosto en Mondoñedo.
A de San Xulián de Cabarcos, de gando vacún e libre de impostos, que se celebraba o terceiro domingo de cada un dos meses da primavera.
A de Gontan , de gandos e libre de impostos. Tería lugar o primeiro sábado de cada mes e celebrábase desde tempo inmemorial no despoboado campo daquel nome.
A de Trabada que era antiga, libre de tributos e se celebraba no primeiro domingo de cada mes.
A de Galdo, a cuio establecemento se opuxera Viveiro, creada por R. C. de 10 de Outubro de 1721. Nela cobrábase o dez por cento dos xéneros estranxeiros.
As de Cerdeirido, en Lagoa, que eran libres de impostos e se celebraban o día de San Iago Apostole e o 25 de Abril.
A de San Antonio en San Sebastián de Carballido 13 de Xuño.
A de Augaxosa, na Moxoeira, de gando, ferro e comestibles, que se celebraba o 26 de cada mes, era moi antiga e libre de tributos.
O 18 de Outubro en San Xulián de Cabarcos.
En Vilacampa o 15 e 16 de Agosto.
No Cadramón o 24 de Agosto e 24 de Setembro.
O 10 e 11 de Setembro en San Miguel de Reinante.
As de San Caetano e San Agustín en Celeiro de Mariñaos.
A de Landrove e Caxoto.
A de San Antonio en Vilaformán.
A do 8, 9 e 10 de Setembro en Ribadeo.
A do 11 e 12 de Novembro no coto de Ferreira, en San Martín de Mondoñedo.
A do 7 de Agosto en Carroseira en Santa Cruz do Valadouro.
A do 24 de abril no coto de Suegos.
A do último venres de Agosto no campo de la “Ge y Sotelo” na xurisdición do Val de Lourenzá.
A de San Brais, na xurisdición de Foz. A esta feira concorrían “algunos herreros a vender, algunos azadores, fouces, brozas y otras cosas de su oficio como también algunas maderas de carros, cazos de azadas, brozas y otras cosas y algunos tenderos con tiendas pequeñas a cuestas”.
A do 17 de Agosto, día de San Mamede e a do primeiro de Outubro en Grañas do Sor.

O 5 de xuño de 1754, o concello de Mondoñedo mandou publicar que a cidade de Lugo conseguira a facultade real para celebrar alí feira anual durante oito días. Esta sería a de San Froilán.

O ano seguinte, o 11 de xullo, nomeou o Concello administrador das feiras do partido de Riobó e Vilacampa a Francisco Antonio Vidal de Mondoñedo, coa obrigación de dar conta do produto dela.

Ese mesmo ano os veciños de Bretoña intentaron fundar una feira na súa parroquia, pero a iso opúxose o Abade Fr. Benito del Corral do Convento de Meira. En 1772 celebrábase feira mensual no Coto de Otero.

O 21 de Marzo de 178, en virtude dunha orden do Concello de Mondoñedo, D. Alexo Arias firmou una relación de feiras e mercados desta provincia. A relación estaba composta polas feiras de As San Lucas; terceiro domingo en San Xulián de Cabarcos, Gontán, Augaxosa,Trabada, Galdo e Cerdido e os mercados de Ferreira e Mondoñedo.

En Mondoñedo, un mercado o primeiro de maio administrado como o semanal e a feira de San Lucas.

Un mercado semanal en Ribadeo, administrado e outro en Viveiro tamén semanal. A feira mensual del 8 que se celebraba xunto á ermida do Carme, da Rilleira de Ambroz, era de gando vacún e libre de tributos e se creara por R. C. de 21 de Xaneiro de 1767. A de Riotorto, de gando que se creara facía dous anos y duraba “os tres meses de la primevera”.

A de San Xusto de Cabarcos, que era libre de impostos e se celebraba o domingo seguinte a de San Xulián de Cabarcos.

A de Valín ó Dompinor nas proximidades de Ribadeo. A do Peine na Devesa, que era libre de impostos e duraba “los tres meses de la primavera”.

En Carballido, que tiña lugar xunto a ermida de San Antonio, era de gandos, e se establecera facía poucos anos e duraba os tres meses da primavera.

A de Reirado, en Santa Cruz do Val do Ouro, que era libre de impostos e duraba os meses da primavera. En San Cibrao había outra anual administrada.