Feira e mercado do Valadouro

Foi fundado por D. Anxo Castañón e Ayala, crego propio de Sta. Eulalia de Budián e San Xoán de Alaxe.
O concello de Mondoñedo ó ter noticia de que na parroquia de Alaxe, xurisdición da “tierra llana” e moi celosa do dano que podía ocasionar a creación de feiras e mercados a súa economía, sen a debida autorización un mercado semanal todos os sábados, ganou dúas reais ordenes prohibindo. Pero o mercado continuaba celebrándose.
O que fomentaba e alentaba dita resistencia era o seu fundador D. Anxo Castañón cura de Alaxe.
Este sacerdote nos seus sermóns para entusiasmar os seus veciños decia mil pestes contra o Concello de Mondoñedo “ por haber ganadose las citadas Reales Probisiones asu ynstancia, estando en la corte el Señor D. Antonio Rubiños Baamonde que muriera en ella enel Real servicio de enfermedad natual, atribuyendo el referido cura en sus sermones le sucediera la muerte por haber ganado dhas Probisiones y que por haber interbenido en la solicitud de que cesasen los enunciados Mercados los más Capitulares de esta ciudad habían muerto muchos de ellos y otros padecido trabajos y calamidades diciendo que todos ellos habían sido por las citadas causas habiendolo creer así a los Oientes rústicos sus feligreses y otros sujetos de poca intelix.ª con notorio escándolo”.
En vistas de todo isto o concello de Mondoñedo toma cartas no asunto e na sesión do 9 de xuño de 1712 dise entre outros particulares que D. Xan Bermúdez procurador Xeneral di: “ que en prexuízo de Mondoñedo se continuaba celebrando a feira e mercado todos os sábados, novamente introducida sen facultade Real nin consentimento da Cidade de Mondoñedo, no lugar de Ferrreira, San Xoán de Alaxe, e facéndose notorio ós xuíces de aquel partido e os veciños e persoas que concurrisen o dito mercado dous Reais Provisións de S. M. e señores do seu Real Consello para que cesasen, baixo as penas que se lles impuxesen.
Que era público e notorio que d. Anxo Castañón, cura de Alaxe e Budián, había fundado e fomentado a continuación dos referidos mercados, alentando os veciños e demais persoas a que os continuaran, non obstante as mencionadas Reais Provisións que a Xustiza e Rexemento acordou que o Alcalde maior practicase averiguación por proceso informativo de todo o que había pasado e pasaba na maior brevidade.
Pero o Sr. Castañón pouca importancia lle deu as ameazadoras actitudes do Concello de Mondoñedo e seguiu co seu empeño e tivo a satisfacción de ver florecente o mercado.
D. Anxo Castañon e Ayala faleceu o 10 de Marzo de 1732, sendo sepultado o día 13 na igrexa de Budián.
Outras feiras e mercados nas terras do Valadouro.
En 1744 aparte do mencionado mercado celebrábanse as seguintes feiras nas xurisdicións da “tierra llana del Valle de Oro y Alfoz del Castro de Oro”.
Xurisdición de Alfoz: o 25 de abril, día de San Marcos feira de Lagoa, lugar de Cerdeirido; outra no mesmo punto polos días de Santiago e Santa Ana; outra o día 13 de Xullo xunto a ermida de San Antón en Carballido, e a do 7 de Agosto en Carroceira de Sta. Cruz, sendo todas elas de gando, quincalla e comestibles.
Na xurisdición de “tierra llana del Valle de Oro” había feira en Vilacampa o 15 e 16 de Agosto e no Cadramón o 24 de Agosto e o 29 de Setembro.
En 1833 por R. D. de 10 de agosto crease un mercado todos os mércores e unha feira de gando o primeiro mércores de cada mes en Correlos, parroquia de San Pedro de Mor.