Desde a historia
26 de febreiro de 2011 (23:00 h.)
Afirmou A. Gramscy: "A vella orde agoniza, pero a nova non pode nacer". Iso dicía na década 30 do século pasado, hoxe é máis insistente, a vella orde mundial, económica e social, agoniza, pero a nova é obstruída.
A mocidade árabe está a protagonizar o cambio cara adiante. Os árabes dominan un ancho espazo ao este e sur do Mediterráneo de gran riqueza petrolífera. Espazo complexo: árabes, berberes e outras etnias. De poboacións con niveis económicos extremos: unas elites enriquecidas e uns sectores numerosos na miseria.
Os países de predominio árabe, en gran parte, liberáranse do poder dos sultáns turcos co apoio dos imperios occidentais. Estes e os de África do Norte aguantaron o colonialismo ata mediados do s. XX; precisaron de guerras de liberación colonial e viven en monarquías e/ou repúblicas autoritarias ao socairo da protección occidental. A sua descolonización é irregular, subordinada ás antigas metrópoles.
O árabes son maioritariamente musulmáns. O rol dos cristiáns e dos non crentes ten sido agachado. Un sector islamista intenta a unicidade do Islam nun enfrontamento co poder e coas culturas non musulmás para impoñer a sharía. Este complexo espazo de interaccións relixiosas, económicas e culturais, fan dos países árabes un xeróglifo a descifraren.
A historia intenta analizar o proceso da humanidade. O dos países árabes está nun intre heteroxéneo. Non coinciden Túnez con Libia, a pesar da súa proximidade, nin Exipto co Iemen, e así. Atrévome,- con esperanza de algún miligramo de acerto- a atribuírlle les esta paisaxe común: o salto a dar pola mocidade e por cantos amen a liberdade ten no 1979 un indicador.
Aquel ano deu oportunidade a Irán -pais non árabe mais veciño- a una saída á modernidade e á democracia política. Mais o erro de análise interno e externo ocasionou a caída no poder do chiismo dos mullás e frustrou a esperanza. O chiismo iránián e outras formas islámicas sectarias están a crearen, no espazo árabe e limítrofe, colectivos fundamentalistas, violentos, antimodernos e antidemocráticos. A cegueira "imperial" de USA -e UE- que protexeu eses colectivos contra a URRS, agora ten que "tourealos" como inimigos. De aí un proceso de relacións Occidente Oriente desastroso e máis coa situación conflitiva de Israel.
O erro cometido no 1979 no Irán non debería repetirse. O apoio occidental á gobernos despóticos e corruptos non é lícito. O medo á Al Quaeda non o xustifica. O truco do "terrorismo" non convence. A sociedade real dos países árabes é moi complexa; é suní maiormente, é cristiá, é laica; ni sequera o chiismo é de por si necesariamente fundamentalista... A solución "turca" do exército, a longo prazo, é nefasta. En Turquía a liberdade relixiosa é menor que en Exipto ou Marrocos. Onde non hai liberdade relixiosa, non hai liberdade.
Occidente debe aterse á "nova orde mundial": que cada pobo exerza o dereito a ser dono de si e a moverse desde si, que se autodetermine. Que se respecten os "dereitos humanos universais" e que todo poder respecte "a ética común". Calquera poder criminal -v.g. o expresado por Khadaf o día 22- debería mobilizar a s forzas da Onu na defensa dos cidadáns.
O suspiro de A. Gramsci, a esperanza da humanidade por a paz, a xustiza e a dignidade ten no esforzo da mocidade dos países árabes o sino que toca á rebato: é a hora de rachar vellas cadeas e sernos "todos igualmente libres" malia aos banqueiros do poder absoluto.