Décimos, ofrendas e maís dereituras que deben percibir os cregos desta parroquia de Celeiro de Mariñaos

Na freguesía de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos a vinte e cinco días do mes de Maio de mil setecentos noventa e seis o Diego Pérez cura propio desta parroquia en cumprimento dos autos das visitas antecedentes dos bispos fai un apeo xeneral, de acordo co fabríqueo e veciños de todo “lo que por derecho natural, divino, eclesiástico y costumbre inmemorial deben percibir los curas de esta expresada Parroquia”:
Contribución do trigo, centeo, avena e cebada.
Todos os veciños labradores desta freguesía de Celeiro de Mariñaos así plebes como nobres contribúen o cura más participes nos décimos con la décima parte de todo lo que collen de trigo, centeo, avena e cebada; tendo a precisa obrigación de separalo, recollelo e carrealo cada un respectivamente para a súa aira, resgardando como seu ata que o cura o ofertorio da misa, sinala día para ir buscalo polas airas.
Contribución de fabas, garavanzos, millo miúdo e millo.
Contribúen ditos veciños en grao coa décima parte de todo o que collen de fabas, garavanzos, millo miúdo e millo, tendo a obrigación de escanar este, despoxalo e curalo dando limpo o tempo que o cura e os participes no décimo vaian buscalo a casa de cada un.
Contribución do liño e cáñamo.
A décima parte do liño e cáñamo que recollen, tendo a obrigación de arrancalo e curalo, poñelo na casa ata que o cura pase a recollelo.
Contribución do viño.
A décima parte do viño que collan, tendo a obrigación de vendimalo, estrullalo e coidalo ata que se poña en líquido corrente de modo que os que o “hirvieren” en alto lo pagan a tempo que se faga. Avisando o crego para que asista e os que “yerben” como dicen afogado o paguen pola vila.
Contribución das patacas ou castañolas.
A décima parte das patacas ou castañolas que sementen, medindo o tempo de estar sazonadas a terra en que están sementadas por una vara e logo cando queira o cura as recolle.
Contribución do touciño.
Págase a décima dos marranos que cada un mata na súa casa, coa advertencia que non é a décima parte como nos demais froitos senón que é na forma seguinte:
Dun marrano seis costelas polo medio do touciño e dunha marrana soamente tres costelas. Se son mercados antes do día de San Xoán desen a décima enteira na forma que vai dito e si o fosen mercados despois de San Xoán pagarán medio décimo.
Contribución das peras, mazas e castañas.
A décima parte das peras, mazas e castañas que se recollan, tendo a obrigación de recollelas o tempo que estean sazonadas e traelas.
Contribución de Froses.
Ase mesmo todos os veciños de estado chairo sexan homes ou mulleres sendo casados ou tendo laboria asentada e a labren por si ou por mau allea contribúan o cura e mais participes nos décimos cando se morran con los “froses” que veñen sendo nove ferrados de froito en esta forma, tres de trigo, tres de centeo e tres de millo rasados e o mesmo sendo viúvo/a. Deben de poñelos os herdeiros na casa do crego.
En toda a parroquia non ai ningún feudo, nin predio exento e libre de pagar e contribuír co os décimos que van expresados.
DESTRIBUCIÓN DOS DÉCIMOS, FROSES E LUTUOSAS.
Todos se dividen en oito partes ou oitavas das que o cura percibe cinco e o rexedor D. Josef Pardo, señor de Samarugo dúas oitavas e a colexiata de Ribadeo unha oitava.
Ten o cura preferencia a escoller a súa parte.
Pensións que teñen os décimos.
Todos os froitos desta parroquia de Celeiro pagan o Ilmo. Cabido de Mondoñedo 12 fanegas de trigo e 24 de millo rasadas ás que se comparten entre o cura e máis porcioneros a razón da décima que perciben coa advertencia de que o trigo ten que ir limpo de po e pallas, tendo a obrigación o cabido de tomalo como o producen os décimos e non de outro modo e de recollelo no mes de setembro de cada ano.
Décimos de rexas.
Todo o décimo que producen tan soamente as cortiñas e montes de Rexas, dividese entre o cura e mais consortes en os décimos co mosteiro de Vilanova de Lourenzá de por metade sen ser visto percibir o mosteiro ningún fros, nin lutuosa dos veciños de dito Rexa.
Décimos do Igrexario.
Todo o décimo que produce o igrexario do cura divide se a metade entre o cura e o cabido de Mondoñedo ora la labre o cura o por medio de colonos.
DIVISIÓN DA PARROQUIA DE CELEIRO DE MARIÑAOS DAS CIRCUNVECIÑAS.
Comeza a dividirse esta parroquia de Celeiro da de San Cosme de Barreiros no Pontigo de Espasante seguindo a división das dúas parroquias a corrente do río arriba, ata a Pena do Revertedoiro que aquí finaliza a división de San Cosme e comeza a de San Xulián de Cabarcos en dita pena, xirando a o alto do monte ata o marco de Argán y de aquí sigue a división de San Xulián o marco de “Locellido” e de aquí a pena das corvas, xirando abaixo o río que ven de “Jifoucos” e aco acabouse a división de San Xulián e comeza a de San Xusto en dito río servindo esta de división ata o río caudal, sube arriba polo río caudal a demarcación ata a cabeza da presa de Rexa e de alí sube arriba a una pena alta que esta a vista do camiño que va a San Fíz e aquí acaba a división de San Xusto e comeza a división dos termos de Sn. Fiz no sitio que chaman poceira que e unha lagoa que se fai coa moita choiva no camiño que esta a vista de San Fiz, de aquí sube a división polo chan do Monte arriba a pena de Pedrouzos e de aquí sube a o alto de Cornería, terminando aquí a división de San Fiz e comezando a de San Xoán de Vilaronte baixando a baixo a demarcación por unas penas de lomba, ata o lugar do cal en onde se atopa un marco que xira por medio dunhas cortiñas e soto seguindo a corrente dun regato, ata o río caudal, seguindo a división desta parroquia e Villaronte polo río caudal abaixo ata a “junquera de espasante”.
PERCEPCIÓN DOS DÉCIMOS DAS PARROQUIAS AXENAS.
Todos os veciños que van labrar e beneficiar terras ora sexan súas ou por arrendos as parroquias confines con esta de Celeiro deben traer dela enteiramente a metade do décimo por ser costume antiga e o mesmo os que a ela veñan a esta parroquia deben de facer o mesmo.