Ciprián Antonio Gutiérrez, fundador da VOT de Mondoñedo

Ciprián Antonio Gutiérrez, fundador da VOT de Mondoñedo

D. Ciprián Antonio Gutiérrez Bermúdez e Reimóndez, foi natural de Villafernando en Santa María de Magdalena de Balboa. Foi rexedor do Concello de Mondoñedo.

Estivo casado con Doña Xuana Sanjurjo Montenegro Andrade, filla de D. Salvador Cardigondi Valladares, capitán de infantería e D.ª Isabel de Andrade e Montenegro.

O 8 de Nadal de 1730 otorgou testamento aberto ante Xan Varela escribán de Mondoñedo baixo o cal morreu.

Nel dispuxo que o enterrasen nun hábito de San Francisco “junto y pegado a la pila de Agua vendita de la Iglesia de esta dha Ciudad que hace frente al altar de San Francisco de ella”.

Deixou 12 traxes de pano pardo, con zapatos para doce pobres e dispón que se de de comer e beber a estes o día do seu soterramento.

50 ducados as Angustias de Betanzos e funda “mayorazgo” de 3.º y 5.º a favor do seu fillo Xan Ramón Gutiérrez, agregándollo o vínculo que quedara de D. Xan Antonio Trelles, abade de San Esteban de Noalla e herdara pola morte de D. Xosé de Trelles e D.ª Catarina Bermúdez de Ribadeo.

O vínculo comprendía o lugar de Vilafernando e todos os bens do testador que adquirira no concello de Sante e Castropol, tanto por compra a D. Froilán Ignacio de Ulloa, Rexidor e Alférez maior de Lugo e a súa dona D.ª Manuela Becerra e Montenegro como por outros títulos, así como tamén as aceas de Penatallada, os lugares de San Pedro de Arante, Vilaronte, Ribadeo e o seu condado, a casa, rocha e horta en que vivía en Mondoñedo e todos os seus bens en Cabarcos.

D. Ciprián fundou sobre ditos bens a carga de tres misas cantadas cos seus responsos, que se celebrarían o día de San Ciprián, o de San Antón de Padua e o día de San Agustín na capela do Carme que había construído as súas expensas en Vilafernando.

Dispuxo que toda vez que en dita ermida había de haber fundación de confraría se extinguise se dirían perpetuamente as misas referidas.

Todos estes bens estaban suxeitos a carga dunha misa de aniversario perpetuo “de requiem” en Couxela.

Nomeou para suceder no vínculo fundado por el, a D. Xan Ramón Gutiérrez os seus fillos e herdeiros. A falta destes a D. Agustín Gutiérrez o seu segundo fillo os seus fillos e herdeiros e faltando estes a D. Bartolome Gutiérrez veciño de Betanzos e irmán do fundador Ciprián, os seus fillos e herdeiros e faltando este a súa irma D. Rosa Gutiérrez.

O 30 de Novembro de 1730 funda unha capelanía colativa na ermida do Carme de Vilafernando con unha carga de celebrar unha misa todos os días festivos con responsos anuais.

No ano 1731 D. Ciprián Gutiérrez construíu as súas expensas a ermida da Terceira Orden de Mondoñedo dirixindo a obra o lego Fr. Lorenzo de Santa Teresa. As súas expensas mandou facer o retablo e doralo.

Ademais dispuxo que por canto D. Fernando González Santiso morrera en Madrid e lle deixara 1.000 ducados para fundar as misas que D. Ciprián lle parecera na ermida de Nosa Señora da Guadalupe de Cubelas: o capellán da dita capellanía tivese que celebrar pola alma do dito Fernando 36 misas rezadas cos seus responsos.

En 1749 un 10 de maio ante D. Francisco Antonio Fernández de Parga de Mondoñedo sendo Ciprián Gutiérrez sindico da Terceira Orden otorgou escritura con D. Ignacio de Prado Seijas Arcediano de Mellid e secretario da VOT de Mondoñedo e D. Andrés Fernández, coengo e contador da dita VOT. Nesa escritura D. Ciprián cede a VOT a capela onde esta asentada esta congregación desde a súa fundación, dota o aceite para a lámpada de prata, que tamén había doado e pesaba setenta e catro onzas, funda dez misas de aniversario perpetuo, dúas delas cantadas. Estas se dirán o día de Nosa Señora dos Dores e outra o día seguinte a conmemoración de defuntos. As rezadas serán, seis na oitava de defuntos e as outras dúas unha o día de Nosa Señora do Carme e no día de San Ciprián. Para cumprimento de todo isto sinala o lugar de Vilaverde en Vilamor que rendata 320 reais. Ordena que desta cantidade se fagan os reparos na capela e pague o sancristán menor da Capela da Orden Terceira.

Nesa escritura D. Ciprián Gutiérrez quedou nomeado patrón da Venerable Orden Terceira de Mondoñedo, á cal lle concedeu tamén o dereito de dúas sepulturas fronte o altar da Virxe “de la Soledad e imagen de dha capilla pegado al presviterío, para entierro privativo suyo y de su familia, en las qe se expresa licencia suya en su vida y de la persona que en lo futuro llevare y poseyere su casa, da aquien dejase dho patronato y uso de dhas sepulturas se pueda ni aya de enterrar persona alguna.”

D. Ciprián Gutiérrez morre en Mondoñedo o 27 de abril de 1751 e foi sepultado dentro da Catedral de Mondoñedo.