Antón do Cura


Con este nome era coñecido en Mondoñedo, e na súa bisbarra Antonio Díaz Núñez. Nado en Mondoñedo o 21 de febreiro de 1820, entre as tres e catro da maña. Foi bautizado o mesmo día cos nomes de Antonio Francisco María. Os seus padriños foron Antonio Inocente Piñeiro e a súa esposa María Rodríguez de San Lázaro.

Era fillo de Manuel Díaz e Sabela Núñez de Mondoñedo e neto paterno de Xosé e Manuela Núñez de San Carlos e Materno de Antonio Núñez e Rosenda García de San Lázaro.

Estivo casado con Josefa Gallego da cal non tivo descendentes.
Entre obras realizadas caben destacar o casino e os retablos do Convento de Alcántara.

O 29 de Marzo de 1894, ante D. Gerardo Alvarez Giménez, otorgou testamento aberto baixo o cal morreu.

Nel lega 500 pesetas a cada unha das conferencias de San Vicente de Paul e 250 a Catequesis de nenos e nenas. Deixa a 40 labradores pobres dos mais necesitados da parroquia 20 pesetas a cada un. Deixa tamén a 40 pobres da parroquia, 20 pesetas a cada un. Declarou, que “siendo como es fundador y Presidente de la Sociedad titulada de Socorros de Obreros Católicos, establecida en la casa de su propiedad, calle Alta de Batitales hoy de Pacheco, número ochenta, y de la que es Patrono el Patriarca San José, por acuerdo de la junta según el Reglamento de la misma, que fue aprobado por la Superioridad de esta Provincia, con fecha diez y nueve de julio de mil ochocientos noventa y tres, y deseando el otorgante el bien y prosperidad de dicha sociedad, lega con dicho objeto a la misma la casa referida, la cual llevará el nombre de “Casa de Socorros e Instrucción de Obreros Católicos de Mondoñedo”. Lega a dicha sociedad todo cuanto en la citada casa existiere de la propiedad del testador. Manifesta que despoís de cubrir “los gastos y donativos que aparecen autorizados por el testador, tanto los expresados en este testamento o en cualquiera cédula o memoria que se halle en su domicilio o en poder de alguna persona de su confianza que todo lo sobrante si lo hubiera se convierta en titulos de la renta perpetua emitidos con autorización del Estado y mando un solo capital veinticinco mil pesetas que en títulos tambien de la deudad perpetua tien en el propio Banco el testador”. Dispón que “desde su óbito sean Patronos perpetuos de la casa de Socorros e Instrucción de Obreros, con las facultades queles señalará el Reverendo Prelado de este Obispado, el señor Alcalde, presidente de este municipio y el presidente de la Conferencia de San Vicentede Paul”.

,Dispón tamén que cando a sociedade se atopase con recursos suficientes, se establecera unha escola graduada destinada con preferencia ós membros da mesma sociedade ou ós fillos deles; nela ensinarase: “história, aritmética, alxebra, xeometría e debuxo lineal e de adornos”. Si Chegase a ser posible, elixindo os patróns os maestros que sexan mais a propósito para dita insinanza, señalandolles a asignación que crean necesaria para desempeñar ditas clases. E tamén manda o testador que si o estado chegase en virtud dunha lei a privar do disfrute dos intereses do capital legado a Sociedade de Obreiros, ou non permitirá dar a instrucción establecida na regla segunda, pasara dito capital por mitad o Hospital de San Pablo desta cidade e casa de beneficencia que na misma está construindo o Excmo. Sr. D. José María Pardo, o todo o primeiro si o segundo non chegase a ter efecto; mais si por a lei se consintira a constitución de sociedades como a de que o otorgante e presidente, e despois de disolta de novo se formara, volverá a ela o capital, sempre que se constituia do mesmo modo que hoxe o está e así alternativamente”.

Ademais Antón do cura, dispuxo 1.000 pesetas para funerais e mandou celebrar doce funcións fúnebres no Convento da Cocepción de Mondoñedo, o primeiro ano do falecemento.

O día 10 de maio de 1894, ás tres da tarde finou na súa casa do barrio das Casas Novas, sendo sepultado o día 12. Foi administrado dos santos Sacramentos de Penitencia, Viático e Extremaunción.