A República no Concello de Mondoñedo
Coa chegada da república, o concello de Mondoñedo publica un bando da Alcaldía, facendo saber a implantación dun novo réxime político e a continuación D. José María Álvarez Mon, como alcalde de Mondoñedo.
Para celebrar a chegada da república a cidade de Mondoñedo a banda municipal de Música fixo un pasarrúas o xoves 16 de abril. Ese día e o seguinte na casa Consistorial da Praza da Constitución ondearon a bandeira tricolor e a rexional. Co gallo da festividade de Corpus o Alcalde ordenou á Banda Municipal de Música que seguise coa tradicional costume de asistir á procesión na que é conducida a imaxe da Virxe dos Remedios á Catedral e á procesión de Corpus. O xornal “Vallibria” describe o acto desta forma “Este rasgo, sanamente democrático del Sr. Alcalde, ha sido muy elogiado y hay que confesar que en esta ocasión, supo el Sr. Carreiras dar a Dios lo que es de Dios y al pueblo lo que es del pueblo”.
No mes de xuño, o comité de “Alianza Republicana” está organizando unha homenaxe aos concelleiros triunfantes de dita agrupación. Esta consistira nun banquete popular que se celebrou no Salón do Principal Cinema o 25 de xuño. Os afiliados e persoas simpatizantes con dito acto poderán adherirse no local de “Alianza Republicana” ata as 12 da noite do 22 de xuño e no estanco do Sr. Lombardía.
O 19 de xullo o Gobernador civil da Provincia visita Mondoñedo. O recibimento tivo lugar no Campo de Alcántara, á porta de Casa Consistorial, onde se atopaba o Excmo. Concello en Corporación Municipal, presidida polo segundo Tenente Alcalde Sr. Lorenzo Carballeira e a Banda de Música as diversas representacións da localidade e bastante público. Foi recibido cos acordes do Himno nacional de Riego. Durante toda a mañá no despacho do Sr. Alcalde recibiu numerosas visitas.
A instancias do Sr. Barja, acordouse izar as bandeiras nacional e galega na Consistorial antiga da praza da Constitución o día de Galicia e que nese momento se executase o himno galego.
O 11 de Nadal día da Festa Nacional con motivo de celebrarse a promesa do Presidente a República cerrou todo o comercio, casas bancarias e oficinas públicas. O anoitecer houbo un concerto no Cantón pola Banda Municipal.
No pleno do 30 de Nadal de 1931 o Sr. Aguiar propón a adquisición dun emblema da república para colocar baixo o dosel presidencial do salón de sesións. O Alcalde, ordena adquirir una fotografía do Presidente da República para colocar baixo o dosel.
O 25 de marzo de 1932 o Sr. Sánchez Gacio presenta unha moción no concello para a retirada do despacho da Alcaldía da imaxe da Virxe dos Remedios, a colocación na porta principal deste cemiterio municipal a inscrición “Cementerio Municipal” e que se supriman do recinto toda clase de vestixios que indique separación no mesmo de crenzas distintas e que se prohiba toda manifestación de tipo relixioso na condución de cadáveres dende o domicilio do morto ata o cemiterio Municipal. A moción foi aprobada polo Sr. Sanchez e José Ramón Villamarín. Dita moción quedou sobre a mesa a proposta do Sr. Balsa e foi impugnada a proposta dos Sres. Aguiar, González e Aladino.
O pleno do 6 de abril presentouse un escrito que contén dúas mil firmas, rebatendo punto por punto a moción presentada polo Sr. Sánchez. Houbo varias intervencións entre elas a do Concelleiro Sr. Pérez Balsa propón: Recoñecer da exclusividade da alcaldía o destino que ha ter o cadro e recoñecer a incompetencia da Corporación para adoptar calquera medida no referente o acompañamento polo clero dos cadáveres na súa condución o cemiterio. Co fin de votar tales puntos a presidencia propuxo a votación secreta, negándose os señores Trigo, Ares, Vijandi, Sánchez e Villamarín, os cales se retiraron do salón ao ver que a votación ia ser secreta.
O resultado foi de nove papeletas a favor do Sr. Balsa e unha en branco. Durante o escrutinio retirouse tamén do salón o concelleiro Sr. Barja Prieto, e advertido diso a presidencia o secretario actuante unha vez realizado aquel levantou a sesión por falta de “quorum”.
O Sr. Sánchez Gacio, o 15 de xullo de 1932 solicita o Ministerio de Instrución Pública a instalación dunha “Biblioteca Popular”. En setembro de 1932 o Sr. Vijandi propón tapiar a porta que serviu de entrada para o antes chamado cemiterio civil.
En Orde do Ministerio de Traballo e Previsión do 4 de febreiro, concedeulle o concello de Mondoñedo autorización para que celebre o seu mercado todos os domingos e feiras mensuais os días 2 e 17 de cada mes, aínda que coincidan domingo e as anuais das Quendas e San Lucas.
Por abril do ano 1933 os comités locais do P.S.O.E. e U.G.T., solicitan formación de cadanseu censo de obreiros parados e en ocupación residentes neste termo, o funcionamento dunha bolsa de traballo, a intensificación de obras municipais e particulares e o cumprimento estrito da xornada de oito horas. Do mesmo xeito solicítase o establecemento da Oficina local de colocación Obreira segundo o artigo 4 da lei do 27 de novembro de 1931.
No Nadal do 1933, autorízase para que o “Circuíto Nacional de Firmes especiales” a construción dunha caseta no Campo da Feira con destino a Fielato e báscula de peso de gando.
A proposta do Sr. Pérez Balsa no pleno do un de febreiro de 1935 acórdase ante o Concello de Santandre a protesta do Concello de Mondoñedo pola profanación cometida na tumba do Marqués de Valdecilla.
O 4 de marzo de 1936 por orde do Sr. Gobernador Civil de Lugo, D. Guillermo Otero, cesan como concelleiros os señores Andrés Pérez Balsa, Benito Ledo, Alejo Barja, Germán Rego e Antonio González. Nesta sesión foi elixido como alcalde José Ramón Villamarín Pallín por catorce votos e un en branco.
,Moción do Sr. Candido Carreiras Domenech.
Entre outras cousas o Sr. Carreiras pide: Responsabilidades directas e subsidiarias, de carácter político, administrativo os alcaldes, secretarios e concelleiros que interviron na administración municipal desde o 30/9/1923 o 14/4/1931. E todo o mesmo para o período 14/4/1931 o 4/3/1936. Anular o nomeamento de fillo adoptivo de esta cidade a favor do señor Don Manuel Lage Castrillón e protestar por figurar durante algúns anos tamén fillo adoptivo o Sr. Severino Martínez Anido. Revisar o nomeamento de todo o persoal procedendo a anulación de cantos foran adxudicados de forma irregular. Coas vacantes que resulten anunciarase un novo concurso oposición. Os señores Lorenzo, Bermúdez, Alonso e Arias, pediron que a moción quedara sobre a Mesa. Os demais membros asistentes subscribiron verbalmente a moción.
Co motivo do V aniversario da chegada da República o pleno municipal acorda que todo o pobo engalane as súas casas con bandeiras e colgaduras, preferentemente dos colores da bandeira nacional e os comerciantes pechen os seus establecementos as doce da maña co fin de contribuír a conmemoración do dito día. Para facerlle chegar o pobo tal resolución o alcalde publica un bando.
No pleno do 20 de abril de 1936 o Sr. Cándido Carreiras dá as grazas ao pobo, empregados municipais e a banda de música Pascual Veiga, pola conmemoración do quinto aniversario da República. Fixo constar que se proteste “contra la rebeldía pasiva del Sr. Don Benjamín Arriba y Castro”, bispo da Diocese de Mondoñedo por non atender o convite do Sr. Alcalde de engalanar con colgaduras as xanelas e balcóns das casas habitadas, centros culturais, Palacio Episcopal, Seminario... Manifestou o mesmo sobre o Señor Reitor do Seminario.
Co gallo das festas do un de maio do 1936, a “Agrupación Socialista y Sociedades Trabajadores de la Tierra y Oficios y Profesiones”, acordaron trasladar ao Concello de Mondoñedo as seguintes peticións: 1.º Traslado do cemiterio municipal a un lugar máis apartado do pobo; 2.º activar a consecución do Instituto e Escolas Graduadas e rescate de Alcántara; 3.º Cambio de nome a varias rúas: Bispo Sarmiento por Pablo Iglesias; Marqués de Rodil por Manuel Azaña; Concepción por Luís Sival; Oswaldo Codina por Mártires de Asturias e Bispo Solís por Mártires de Jaca.
Foron aprobadas as tres propostas polo pleno, só co pequeno cambio de manter o nome da rúa bispo Sarmiento, por considerar o seu gran mecenazgo coa cidade de Mondoñedo e dándolle o nome de Pablo Iglesias á rúa Bispo Solís.
En xuño de 1936, por iniciativa do Sr. Sánchez Gacio, acordouse por unanimidade municipalizar libremente con carácter de Monopolio o servizo de Abastecemento da Electricidade dentro do termo Municipal, en relación aos artigos 132 para iso, xa en principio a expropiación da planta ou fábrica da empresa “Electricidad Mindoniense” e de todas as redes de todas as empresas que abastecen de enerxía eléctrica o termo Municipal e as concesións existentes a execución deste acordo. A fin de dar cumprimento foi designada unha comisión integrada polo Sr. Alcalde, Concelleiros Sánchez e Vijandi, o interventor Municipal e o enxeñeiro industrial D. Alfonso Andrade García.
O 15 de xuño inténtase a secularización e incautación dos cemiterios de Viloalle e Oirán. Non puido levarse acabo por terse oposto de forma airada e violenta o veciñanza das respectivas parroquias.