A Provincia de Mondoñedo. Extensión e lindes

A Provincia de Mondoñedo. Extensión e lindes
Era unha das mais pequenas, tiña unha extensión de 2020 quilómetros cadrados. Lindada con Betanzos polo Oeste, sendo curso do río Sor durante 17 o linde natural; polo Sur coa provincia de Lugo sendo a súa divisoria o actual linde entre os concellos de Abadín e Cospeito, polo Norte co Mar Cantábrico e polo Este o principado de Asturias.

Mondoñedo era unha das provincias más antigas de Galiza. En 1500 atópase divido o Reino de Galiza en cinco provincias sendo Mondoñedo unha delas, as demais eran Santiago-Tuy; A Coruña-Betanzos; Lugo e Ourense.

Consta en documentos do arquivo mindoniense que os de Mondoñedo eran preferidos os de Ourense.

O 16 de Febreiro de 1586 faise traslado dunha “sentencia dada por el oydor Bimbiesca de este Reino por lo qual prefieren al Procurador de esta ciudad de Mondoñedo al de Orense”.

Mondoñedo ocupaba o quinto lugar entre as sete provincias galegas e o representante dela nas xuntas do Reino de Galiza sentábase despois do de Lugo.

Xurisdicións e Cotos da Provincia de Mondoñedo.
O concello de Mondoñedo en 11 de Xullo de 1807 fixo una relación que enviou o Sr. Intendente, nela se atopan as seguintes:

Xurisdición de Mondoñedo.
Tiña 4.377 almas e tres xustizas que era: un alcalde maior e dous ordinarios. O primeiro exercía xurisdición na cidade e nos pobos anexos. Exercía ademais no civil e única no criminal con todas as xurisdicións de provincia onde o bispo nomeaba xuíz.

Os alcaldes ordinarios tiñan igual xurisdición que o maior peor solo podían exercela na cidade e o seu concello. O Alcalde Maior era nomeado polo Prelado quen tamén nomeaba os alcaldes ordinarios tendo que saír a proposta das tres parellas que o primeiro día do ano lle facía o Concello.

Outras xurisdicións eran a de Alfoz do Castro do Ouro, Bares e Mogor, Barreiros, Bretoña e Reigosa, Cabarcos, Costas de Monte, Portocelo, Riotorto, San Ciprián, Tierrallana del Valle de Oro, Villaforman, Nois e Vilaronte todas estas pertencentes o Lic. D. Manuel Iravedra e Puga, avogado da Real Audiencia de Galiza; Ribadeo, pertencente o Duque de Hijar; Viveiro pertencente o Rei; o Val de Lourenza os veciños; Vilanova de Lourenza o mosteiro beneditino de dita Vila; Vilaronte e San Martín pertencentes o Conde Gimonde.

Cotos.
Abadín e Lagoa pertencentes a D. Xosé de Luaces e Presno, de Mondoñedo; Balboa, a D. Pedro de Oia Baroncelle; Villacesar a D. Pedro Benito Bermúdez de Castropol; Burela a D. Antonio Bolaño y D. Xosé Quiroga; San Xusto de Cabarcos o mosteiro de Lourenzá e os veciños; Canedo á marquesa de Villasante; Cedofeita á Marquesa de Camarasa; Cima de Vila a os veciños; Ferreiravella á fábrica da Catedral de Mondoñedo; Ferreira a D. Xosé María Moscoso de Mondoñedo; Xerdiz a Pedro Nolasco de Cora; Graña de Villarente a Dª María Cornide; Grañas do Son o Mosteiro de Meira; Landrove a Doña Manuela Navia Bolaño; Moncelos os veciños; Mouxoeira e Santa Marta de Meilán o Marqués de Bendaña; Buliquiera a D. Vicente Trelles; Villaseca de Arriba a D. Francisco Gegunde; Santalla a Nicolás Sarmiento Teijeiro; Oirán o Cabido Catedral de Mondoñedo; Orrea a dito Cabido; Otero a Pedro Luís Vaamonde; Pena de Cabras e Barreiros a don Pedro de Oya y D. Antonio Montenegro del Pino; Rececende a D. Nicolás Sarmiento; Samarugo a D. José Pardo Osorio; Silán a D. Josefá Bermúdez; Suego a D. José Bolaño y D. Gabriel Cora; Trabada o mosteiro de Meira; Vilegabe o cabido Catedral de Mondoñedo; Villagabe o Cabido Catedral de Mondoñedo; Fontao a D. Xosé María Moscoso e Fanoi o Cabido o cabido de Mondoñedo.

En 1833 o 19 de Febreiro contestando a un interrogatorio do Intendente do Reino de Galiza di o seguinte:

“Que el ramo de industria en la parte principal de la provincia es la fábrica de lienzos e hilos, cuyas manufacturas se extraían para las Castillas; pero actualmente se hallan estancadas y asea por la entrada de linarias extranjeras o por la miseria general. Al parecer del ayuntamiento el medio más apropósito sería el suprimir las alcabalas á alibiarlas y juntamente el dro. de puertas con respecto a esa mercancía y otros frutos nacionales; grabando las introducciones extranjeras, que por haber sido estas aquí abundantes hicieron que los naturales se descuidasen de la siembra del lino, siendo su consistencia acaso maior que el que sale de Rusia, el cual debiera prohibirse absolutamente, porque su introducción es la ruina del país, solo sirve al Comercio de bien pocas cosas y este Reino y el de León sobran para abastecer el mercado.

No hay en esta provincia gremio alguno y solo a las inmediaciones de Ribadeo hay una fábrica blanqueria de lienzos dirigida por uno de los Comerciantes de la misma villa, donde a medio de ciertas operaciones químicas se curan brevemente en tela, lo que convendría mucho fomentar, lo mismo que las tenerías puesto que aunque hay varias distan lo infinito de la perfección de las extranjeras y en pocas provincias podría este ramo llegar a su esplendor como en esta por la bondad y abundancia de pieles”.

O 25 de Outubro de 1833 o concello recibe unha Real Orden para que se proclamase por Reina a Isabel II. Dispuxo que a dita proclamación tivera lugar o 10 de Novembro próximo.

En sesión o primeiro de novembro presidida por D. Juan Pampillo de Saavedra, alcalde maior con asistencia dos señores Cora, Marzo, Zapico, Vázquez, López e outros ordenou tamén o concello que se dirixise o Sr. Capitán Xeneral do Reino pedíndolle permiso para quitar dos fondos dos voluntarios realistas a suma de 3.000 reais para as festas da proclamación. Sendo denegado, advertindo D. Francisco Moreda que os festexos debían celebrarse por conta dos propios fondos do concello.

O 9 publicase o seguinte bando:
“El Ayuntamiento de la M. N. L. y F. ciudad de Mondoñedo de voz y voto en Cortes P. S. M. (Q. D. G.) una de las siete que compone este F. R. de Galicia - Mondoñedo. La serie larga de infortunios que de algunos años a esta tuvo vuestros pechos oprimidos con el dolor más acerbo, veis desaparecerlos en esta bienheda época de justicia de ilustración y de paz. Si: La Benefica providencia por sus decretos eleva al Trono de Castilla a la Augusta Primogenita del jamas bien llorado Monarca Don Fernando 7 º (Qe. Ge.) La ley veneranda de sucesión que desde remotos tiempos supor espetar el heroico pueblo Español destiana a las manos inocentes de Da. Isabel 2.ª de Borbón el Poderoso Cetro en la Magestad Real imbuida en las maximas virtuosas qe. Su sabia madre Doña María Cristina sabrá inculcarle esmeradamente labrará la prosperidad de sus leales Pueblos y desvanecera con su influencia los ominosos obstáculos qe. hasta aquí, han impedido el completo desarrollo de las Ciencias, siendo pues indespensable, que su Real Proclamación se haga según costumbre y bajo las formulas pescritas por las leyes fundamentales de la monarquia transportado vuestro Ayuntamiento de un gozo, qe es facil explicar, ha determinado en cumplimiento de la Rl. Orden de 18 de Octubre último ejecutarla solemnemente mañana a las 10

Bien conoceis amados convecinos es indispensable cooperar con vras Autoridades a la Magnificencia de tan interesante ceremonia y así esperan, sin necesidad de otro mandato, que suspendido el luto por tres días contados desde la fecha limpies las calles el de su celebración y adorneis con Colgaduras vras casas iluminandolas por la noche sin distinción de personas desde las 8 a las 12.

No se promete menso vro. Ayuntamiento en este día de júbilo y entusiasmo del acendrado amor que os posee a favor de N. Excelsa Reyna digna sucesora de la Grande Isabel. Mondoñedo 9 de Noviembre de 1833. El presidente Juan Pampillo de Saavedra . – De su mandato Ramón María Seijas”.

O día seguinte tiveron lugar os festexos. Na praza da catedral colocouse unha plataforma e outra na rúa da Cruz (hoxe bispo Sarmiento) contigua o nicho do Cristo dos Remedios.

Estas estaban adornadas primorosamente con mirto, flores e colgaduras de seda.

O acto deu comezo coa saída do consistorio a media maña da comitiva. Rompía a marcha unha comparsa do Gremio de Zapateiros, a cal ía executando a danza das espadas. Despois ía unha artística carroza cuberta de raso carmesí. Nela ía unha fermosa nena que simbolizaba a xoven reina. Logo ían as comunidades de Alcántara e os Picos. O rexedor mais antigo que era D. Ramón da Rocha o cal levaba o pendón de Mondoñedo. O seus lados ían o Alcalde maior e o Rexidor que en antigüedade seguía a aquel.

As rúas estaban cheas de xente. A música da Catedral foi costeada polo gremio do Comercio. Tocaban unha marcha composta para tal día.

Por todas as rúas e lugares partían voadores.

Subiu a comitiva pola rúa da Princesa (hoxe Progreso) e xa na da Cruz o concello subiu a plataforma e alí se proclamou a reina. A tropa fixo varias descarga. A comitiva recorreu varias rúas, Santo Domingo, Batitales, Angustias y Herreros baixando pola Real Princesa ata a plataforma da praza para verificar a proclamación. O pendón colocouse no balcón do Consistorio, en un dosel de varios cores púxose un retrato da Reina.

Celebrouse un refresco na Sala de Sesións do Consistorio. Varios concurrentes fixeron discursos e composicións poéticas.

Pola tarde recorreron as rúas as gaitas do pais, a comparsa do Gremio de zapateiros e a música da Catedral.

A noite na praza da Catedral houbo verbena.

Pero poucos días mais tarde chegaba a defunción da provincia de Mondoñedo. Por edicto do 30 de Novembro de 1833 quedou divida Galiza nas catro provincias que coñecemos agora.

Débeda Histórica
Pasados 181 anos, os gobernos do estado, os gobernos da Xunta teñen unha débeda. A todo o mundo o foron compensando dunhas formas ou doutras pero Mondoñedo parece haberse detido o tempo nese ano. Non houbo revolución industrial, non pasou tren, as vías de comunicación sempre foron malísimas. Pola contra foron quitando servizos para o que din capital da Provincia, a cal nos anexionaron. Nestes anos que nos deron nada…. Os políticos locais tampouco nada fixeron por reclamar o que debía ser devolto. Lugo nunca tivo mar. Por iso eu non son lucense, son da Provincia de Mondoñedo.