A parroquia de Santa Eulalia da Devesa de Ribadeo no século XIX

A parroquia de Santa Eulalia da Devesa de Ribadeo no século XIX

O seus lindes son polo Norte co mar cantábrico, polo Este con San Xoán da Piñeira, polo Sur con San Vicente de Cubelas e San Pedro de Arante e polo Oeste con Santiago de Reinante. Divide se en cinco quintas que son “Cinge”, “Rinlo”, “Vilaframil”, “Villagüiz”y “Villandriz”; a primeira comprende os lugares de “Cinge, Cotoril, Esteiro, Noceda, Pedreira, Pereiro, Piñeiro e Rochela”, a segunda o de Rinlo, a terceira os de “Carreira-blanca, Coedo, Magdalena, Regueiral, Siñeira, Tumbin e Vilaframil”; a cuarta os de “Meirengos, Dos-Carballos, Villaguiz, San Xulián e Vista-Alegre” e a derradeira os de “Barral, Cereijido, Rato, Villadroiro e Villandriz”.

A igresa parroquial é única, curato de término e patronato ordinario. Ten nove ermidas con a advocación de “Nosa Señora de Pastoriza, San Roque, San Ramón, San Xulián, o Bon Xesús, a Magdalena, San Pedro, a Virxe Blanca e San Lourenzo”, sendo todas elas sostidas polos veciños.

Algunhas novas.

O 19 de Febreiro de 1819 apareceu roubada a lámpara de prata da iglesia e rota a porta desta que fai o medio. O crego co fin de descubrir o seu cambio ou fundición o puxo en coñecemento dos Señores Xuices e Xusticias das vilas de Ribadeo e Viveiro e das cidades de Mondoñedo e Lugo e as de outros xuzgados. Non obtivo resposta algunha.


No ano 1821 un 24 de febreiro, a medianoite acudiu “una gavilla de malhechores que a escalaron rompieron y taladraron impetuosamente los fuertes de la casa rectoral” franqueandoa e roubando os efectos que tiña o cura e as seus criados para a súa subsistencia e abrigo das súas persoas, os enseres e intereses que conserbaba. Non poido ser socorrido, nin reservar mais que con rogos a liberdade da persoa e salvación da súa vida.

Nesta época houbo varias amenazas de asaltos e de pleitos, entre eles sin dúbida o mais importante foi sobre “a posesión e regalia das augas do río Lousas”.

Os párrocos de aquí teñen dereito ó goce e posesión de percibir e os veciños de pagarlles a ofrenda que vulgarmente se chama de “Santos” e cada cual polas ánimas dos seus difuntos en novembro de cada ano a saber: de todos os fogares donde haiga un hombe casado, viuvo ou solteiro; os de maior caudal un ferrado de trigo e dous cuartillos de viño; os de mediano caudal un ferrado de ferraxe (que es mistillón de trigo e centeo) e os dous cuartillos de viño e os de inferior caudal un ferrado de maiz e os dous cuartillos de viño. As viuvas según as súas clases a mitade de ditas especies e o mesmo as caseeiras solteiras, vellas e novas que vivan sin varón na sua compañía. Polo mesmo orden están na obrigación de pagar ós varóns sete ovos polo que se chama da “Cruz” e cinco cuartos polos “Besamanos” dos días das festividades sinaladas na Diócesis y as viuvas e caseeras a mitade de ovos e outros. A excepción os comprendidos na quinta ou porto de Rinlo que non pagan ovos e si todas as demais especies; pero si pagan unha “Mielga” ou pescada curada cando o fan os demais e as viuvas e solterias media “mielga” ou pescada. No ano 1736 D. Domingo Antonio Somoza cura rector desta parroquia acudíu ante o Sr. Provisor de Mondoñedo articulando la inmemorial posesión, libráronse letras, os veciños se opoñeron ante o Tribunal eclesiástico e con auditoría obtiveron letras co que requiriron a o Notario D. Doming Antonio Posada ante quen deron principio a xustificación que ofreceran intentando reducir a súa ofrenda a outras especies. O final o dito párroco cos veciños otorgaron escritura de convenio, obrigándose por si polos enfermos ausentes y sucesores a pagar ditas ofrendas de trigo, forraxe, maiz, viño e Mielga. A data 18 de Abril de 1736 na ermida de San Pedro de Rinlo. Anos mais tarde alguns veciños de Rinlo na compaña dalgúns de Vilaframil e outros con fin de perturbar a posesión do párroco. A este fin o Lic. Don Juan José de Senra y Castra Avogado da Real Audiencia deu querella de forza no Real Tribunal Superior do Reino de Galiza para e en “semanaria se le mandó despachar en la frma ordinaria para recetor del país que les mandare hacer juntar para hacerla saber a segundo di y pasada la cosa a su costa fecha enla Coruña veintinueve de setecintos cincuenta y uno”. Esto tivo efecto e se librou oficio de Gómez na mesma data autorizado por tres señores e o escribano de asiento Manuel García Morado. Así vemos que o día dous de novembro xunto a ermida de San Cayetano, día no que se celebra a conmemoración dos difuntos presenciou a entrega das ofrendas ó cura párroco ata o número de 154 individuos que alistou na primeira lista por quintas sendo a primeira de entre casados y viuvas y solteiras 44 do porto de Rinlo; 33 de Vilaframil, 24 de Villaguiz, 17 de Villandriz, 26 de ofrendas.

Permiso de celebración de unha misa en todos os días festivos na ermida de San Pedro de Rinlo e asignación de dereitos parroquiales.

A maior parte da vecindade de que se compón a Quinta o porto de Rinlo son da clase terrestre e a parte menor goza do foro de marina e entre eles algúns fines particulares, nomean catro diputados dous terrestres e dous de mar e algúns sin ser facultade polos veciños nas súas épocas que eran acesibles e personándose en asuntos que non lles competen por su emprego.

Na rectoral desta parroquia se concertou unha executoria despachada por duplicado ó cura párroco D. Juan Antonio Moreira polos señores do Supremo Tribunal de la Rota en Madrid a 23-2-1780 en donde se seguiu pleito que elebaron por apelacioones Fernando Frado, Lorenzo de Mantaras e concertantes individuos da Marina sobre que se lles permitise oir misa na Capela de San Pedro que tiñan equipada de todo o necesario as súas expensas según o relacionado por una representación coma él presentada a S. S. Ilma. Obispo de Mondñedo por D. Xavier Blanco por si é en nome de todos os veciños, supoñendo que todos vivían da pesca, que era porto de mar “brabo”, que non tiñan ría dulce para conservar os aparellos que tiñan, que a igrexa parroquial distaba tres cuartos de legua, había ríos que non podían atravesar para oir misa nin o facían 50 persoas de las muchas que ha detallado.

Sendo crego D. Tomás García Martínez e nos 30 de xuño de 1790 otorgou cos veciños de Rinlo escritura de transación do dito pleito por ante Francisco Xavier Lombán escribano de número e mariña da Ribadeo na que se dí: “.. .en todas las dominicas de el año y días festivos de el se puedan celebrar y celebre misa en la expresada capilla por sacerdote que buscaran los vecinos del Puerto para oirla en ella sin necesidad de venir a la Parroquia excepto en las Dominicas de Pascuas y en las más en que hubiere Sermon, ofrenda y otra alguna festividad solemne …. No obstante de que se ha decir la misa en la citada capilla han de concurrir a las funciones de la iglesia todos los que buenamente puedan del referido puerto y a lo menos una de las cabezas o persona mayor de cada casa. Que el sacerdote que diga misa han de tener obligación de buscarlo y pagarle los vecinos de el puerto …”

Os diputados do Gremio do Mar do porto de Rinlo, Xoán Torrente e Xosé Oroza en data de dous de marzo de mil oitocentos doce firmaron memorial relativo a queixa contra o crego D. Xoán Agundez Escudero supoñendo que lles exixía excesivos dereitos parroquiais polas tres funcións que tiñan costume de celebrar a expensas do Gremio pagando ós sacerdotes, relixiosos e a xustiza coa equidade e moderación que reclaman estes interesados sinalando ó párroco da Devesa por cada unha das tres funcións que se celebrán en Rinlo, incluidas as visperas solemnes da festividad de SanPedro vinte reais de vellón por razón dos seus dereitos parroquiais, en atención a que non pode esixir maior cantidade por este aspecto en atención o que leva na súa parroquia por iguais funcións …


,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.