A parroquia de San Cosme de Barreiros no ano 1782. Casas, ermidas e beneficios

A parroquia de San Cosme de Barreiros no ano 1782. Casas, ermidas e beneficios

Nun informe realizado polo crego Francisco Xavier Soto o 12 de abril de 1782 fai unha descrición da parroquia de San Cosme e das súas igrexas:

O número de casas ascende a 151 incluídas as “bodegueras” nos que habitan un total de 834 almas. Componse a parroquia de 18 barrios. A Igrexa parroquial esta situada no medio e dista dos barrios mais afastados un cuarto de legua. Dun extremo a outro a media legua e resulta moi difícil a súa administración no inverno, por ser a maior parte do chan de barro e moi difícil cruzar os dous ríos que por ela pasan ó mar.

Hai tres capelas públicas. San Esteban: “parece haber sido antigamente axuda de parroquia, na que percibía o cura medios díezmos, e no día a que ten mais uso para as funcións parroquias se intitula San Esteban del Yermo, así dito pola súa situación o de Augas Santas polo beneficio que reciben os fieis coa auga da súa fonte, distara da igrexa parroquial media legua. Hoxe solo hai obrigación de dar misa o pobo nos segundos días das tres Pascuas e nas Ladaíñas maiores e primeiro día dos menores, no sétimo, octavo e 29 de setembro, cando os veciños piden se faga alí rogación por bos temporais.”

San Xosé: “distante da igrexa case medio cuarto de legua, na que hai fundada unha misa cantada na festa principal, coa asistencia do pobo e por entre ano, outras rezadas ademais das que celebran alí os sacerdotes por conveniencia propia”-

San Bartolomé: “está sita o extremo de dita parroquia, xunto ó mar distante da igrexa un cuarto de legua ai nela una misa cantada por fundación no día da súa festa a que concorre o pobo e outras rezadas no mes de agosto ou setembro cuxo cumprimento está de conta do patrón que é da de San Xosé Don Villapol e Vega, veciño da cidade de Mondoñedo coa vixilia da Ascensión e cando os fregueses piden se vaia alí de rogación por bos temporais”.

Os meus antecesores, ata o último inclusive dicían en todos os días de festa dúas misas, a unha na ermida de San Esteban o en calquera das outras dúas e a outra na igrexa parroquial, así consta das licencias de moi antigo dos Ilmos. Bispos ata o bispo Sarmiento.

A dotación da Igrexa parroquial ou renda da fábrica consiste na esmola de dez reais de vellón que percibe anualmente, oito por foro e dous de pensión que lle paga á capela de San Xoán e no que produce unha porción de terras que hoxe van arrendadas e producen 330 reais anuais. O Venerable Cabido e Dean da S. I. Catedral de Mondoñedo e quen presenta en todos os tempos.

O Valor do curato polo que respecta a pe, altar e parroquiais, facendo a coñecida “quiebra” de moitos veciños ser a maior parte caseiros, e o “arancele” de dereitos mais suave que en calquera das parroquias circunveciñas; que a ofrenda de Santos non ten cota fixa e polo mesmo e libre de cada un en ofrecer como se acomode a súa devoción ben en este particular e a que ha concorrido no pouco ou escasa colleita e tirada renda a seus amos de modo que algún non deixa con que cubrir a súa derradeira disposición e sen contar coa rogación que sempre traballosa e absolutamente voluntaria, ascendería a cando mais a cen ducados de vellón.

De Igrexario nada ten a parroquia.

O venerable Cabido percibe enteiramente os “diezmos” que trae divididos en oito partes e incorporados ca renda do Quiñón o quinta parte de froitos de varias terras por foro: A “luctuosa de pajel” e “Froses” que son nove ferrados dous de todo froito e a “Luctuosa” de catro e pico por metade co xa referido Villapol “que dice le corresponde por foro de la misa”, cuxas “Luctuosas y froses” paga cada cabeza de casa sendo o estado xeneral o tempo da súa morte e co o trigo carga o voto.

No colateral da Igrexa parroquial de San Cosme de Barreiros foi fundada a capelanía colativa de San Xoán Evanxelista de quen e patrón e capelán Don Francisco Antonio Díaz, presbítero e veciño de San Cosme. Ten de pensión una misa rezada o primeiro e segundo día de cada mes, dúas cantadas e outra rezada na festa principal do Sto. Evanxelista. Dous reais a fábrica de dita igrexa e cinco de subsidio. A súa renda e de 20 anegas de trigo anuais.

O préstamo de Augas Santas ou de San Esteban que se reduce a metade enteiramente do “Diezmo” de montes e barrios inmediatos a dita ermida que igualmente leva o cabido e trae separadamente arrendado en 1.200 reais sen saber as cargas e pensións que ten “solo aver oido deber para ello repara la capilla y con lo que se junte de limosna después de pagar a quien la cuia y reoja”.

,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.