A MAROLA e o “PÉ DA MULA “

A MAROLA é o nome dun “con” que emerxe no mar Ártabro no médio da navegación entre A Coruña e Ferrol.
A partir dél xa é o alto mar , e en tempos de treboadas era perigosa barreira que atemorizaba aos nosos mariñeiros e xustificaba o ditado de : “ Quen pasou a MAROLA, pasou a mar toda ”.
Para explicar o seu nome, as teorías “oficiais” danlle voltas a antigas verbas preromanas, que nos levan a diversas significacións a loor de materais pedrentos.
Para nós, o significado é claro: chega con botar-lle unha ollada ao illote, que canta ao lonxe a sua faciana de seno feminino.
Unha MÁMOA no médio do mar , iso é o que é !
E até co seu destacado mamilo !
Estamos diante dunha MAMAROLA, onde se produciu a esperada reducción MAMMA > MA; como en San Mamedio > San Amedio.
Ise -L- intervocálico non podería ter-se sostido no tempo, por iso propomos a sua procedencia dun antigo -D-.
Velaí o camino que debeu ter seguido :
A MAMAROTA > A MAMARODA > A MARODA > A MAROLA.
Na parte montesía de Monfero existen lugares co mesmo nome de MAROLA e MAROLA GRANDE, que pensamos sexan referencias ás típicas MÁMOAS que inzan polos campos do noso País.
A mesma orixe deben ter as pedras que sempre velan, na ponta do Pateiro do Grove, que locen o nome de de AMOR e as illas AMOROSAS, de Corrubedo e Fefiñáns.
Que retrotraemos a unha PENA MAMORI e a unhas PETRAS MAMOROSAS.
Esa idea de MÁMOA está presente nunha manchea de topónimos, moitas veces mal interpretados.
A topamos en Mugardos un lugar chamado PÉ DA MULA , que comparte o mesmo chamadeiro cun lugar de Mondariz onde radican uns maravillosos petroglifos ( Sabaxáns).
O nome orixinario debeu ser PEDRA MAMÚLA, ou sexa, pedra ou lomba combada. PEDRA MAMÚLA > PERA MAMÚA < PÉ.RA MÚA > PÉ DA MÚA , e daí o disparate de pensar que a MÚA estáse referindo a unha MULA !
Autoridades municipais de Mondariz e Mugardos
corrixan ises nomes !, porque co paso do tempo xa non se vai entender de onde veñen as cousas !