A Mariscala
Co nome da "Mariscala" e coñecida unha gran cadea de ferro forxado que se atopa hoxe en día no Museo Provincial de Lugo. Noutros tempos a denominaron "Mariscal". A tradición dinos que foi a cadea con que se suxeitou o Mariscal Pedro Pardo de Cela de ahí o nome de "Mariscala".
As primeiras noticias que se atopan da Mariscala datan do 12 de Outubro de 1691, cando a Xustiza e Rexemento, ordenan que Antonio Marful, porteiro, por haber avisado o Procurador xeneral, ingrese na cárcel e lle poñan a cadea "Mariscal".
O 31 de Maio de 1737, recoñecese a cárcel seglar da cidade de Mondoñedo por parte de D. Manuel de Iravedra e Puga, avogado da Real Audiencia de Galiza e Xuíz de Residencia da cidade de Mondoñedo, levantando a seguinte acta:
"Que era carcelero José Bautista da Fraga, alguacil mayor de la Ciudad y que en la carcel se hallaban "por presos a Julián de Cazás y Domingo Antonio Valseiro en la cadena con ferropea y una barra de grillos cada uno por delitos de urtos según lo respondieron y dicho Alcaide y que eran vezinos de la feligresía de Santa Cruz del Valle de Oro= Pedro Leogílde, Agustín de Valiña y Antonio Alvite, Presos en la cadena gruesa que llaman La Mariscal y una barra de grillos por delito de muerte= Roque de Souto detenido en dicha Cárcel sin prisiones por aber desertado de soldado= Pedro Díaz asimismo detenido en dicha Cárcel sin priones de orden del Provisor de esta ciudad por no saber la doctrina Christiana= Pedro Guerreiro vecino de Santa María de Gerdíz de orden de dicho Provisor= Juan López y Pedro López de Reigosa vezinos de la feligresía de Vidal presos también en por dicho Provisor por causa de amanzebamiento en dicha Carcel y en ella la referida cadena Cadena Mariscal con su candado y llabe= otras dos más delgadas de la misma forma, otra cadena mas gruesa muy fuerte. Quatro barras de grillos, Cinco ferropeas y un Tronco y no se allaron en dicha Carcel más prisiones y el Alcaide della dixo no haverlas ni abersele entregado quando entro a serlo y que quando se ofrecían y necesitaban venían de la Carcel de la Corona de dicha Ciudad por ser ella y esta del Ilmo. Sr. Obispo de la rreferida Ciudad y su obispado y entrambas corren a cargo de dicho Alcaide".
Benitto Vicceto, na súa "Historia de Galicia", tomo IV, páxina 192, nota 2.ª di:
"En la cárcel de Mondoñedo se guarda una gran cadena con el nombre de la Mariscala que se asegura que es la única cosa que se conserva de la Frouseira; algunos dicen que sirvió para sujetar al Mariscal los dias que estuvo preso. Tiene la Mariscala 24 eslabones de un píe de largo y una fuerte argolla a la punta".
Nos seguintes anos foron moitos os historiadores, poetas e escritores que lle dedicaron os seus traballos a Mariscala, pero debemos esperar ata o 21 de Nadal de 1929, cando o cronista da cidade de Mondoñedo, D. Duardo Lence-Santar, a recoñeza e faga unha descripción miuda da cadea: "Tiene esta cadena, como dice Vicetto, veinticuatro eslabones y una argolla; pero los eslabones no son todos iguales, ni un pie de largo como él asegura: Empezando por la argolla, que tiene 95 centimetros de circunferencia por 11 de perímetro, los dos primeros miden 34 cada uno; el tercer 33; el cuarto, quinto y sexto, 35 cada uno; el séptimo, 33; el octavo, 34; el noveno, 35; el diez 36; el once, 27; el doce, 26; el trece, 25; el catorce, 27; el quince y dieciseis 30, cada uno, el diecisiete 25; el dieciocho 22; el diecinueve 25; el veinte, 26; el veintiuno y veintidós, 31 cada uno; el veintitrés, 33; y el veinticuatro, 31. Los eslabones son esféricos, como la argolla; de 10 centímetros de perímetro y ovaloblongos, de doble flexión interna del eje menor. La cadena tiene de largo seis metros.
Sendo ministra de prisións dona Victoria Kent, en orden do 13 de Maio de 1931, acordase proceder coa maior urxencia a retirar das prisións de toda clase cantas cadeas das chamadas "blandas" "grillos" e demais ferros que existisen nelas. Todos estes metais fixos levar a Madrid para fundilos coa idea de facer un busto de Concepción Arenal. A Mariscala non foi menos e acabou en Madrid, xunto coas demais cadeas.
O concello de Mondoñedo vendo que se ía perder a Mariscala, cadea con moito simbolismo para Mondoñedo e en xeral para Galiza, ponse en contacto co Deputado as Cortes pola provincia de Lugo D. Daniel Vázquez Campos, para a búsqueda e recuperación da cadea.
En Sesión plenaria do 2 de Setembro de 1932, acordase dalas grazas o mencionado deputado polas xestións realizadas na Dirección Xeneral de Prisións e que deran por resultado a entrega ó Concello de Mondoñedo da cadea "A Mariscala". Foi comisionado para a identificación, recollida e demais dilixencias o oficial de 1.º de Secretaria D. "Jesús Lage Alvarez".
O 23 de Setembro en sesión supletoria do Concello dáse conta dun telegrama do mencionado oficial. E acordase facilitarlle o mesmo a cantidade de 250 pesetas, a xustificar unha vez realizadas as xestións a el encomendadas con tal motivo.
Na sesión 28 de Outubro de 1932 ten lectura na comisión o escrito que presentou sobre as xestións realizadas e cumprimento do mandado. Nel di que a Mariscala se atopa na estación del "Norte de Madrid" a disposición do seu actual propietario D. Rafael Marqués, o cal esixe duascentas cincuenta pesetas pola súa entrega e que os gastos ocasionados polo propio oficial nas xestións realizadas foron de cento noventa e una pesetas e oitenta e cinco céntimos. Acordase o pago e aprobar as contas.
E curioso porque meses mais tarde ten lugar unha comunicación da Xunta do Museo Provincial na que se suplica a cesión en depósito da cadea "Mariscala" propiedade deste Concello. E acordase a dita petición
No pleno do cinco de maio de 1939, a proposta dos Sres. Rego e Barja e a fin de dar comezo a instalación do Museo Municipal, cuxa creación foi acordada en sesión do 20 de Febreiro último acordase recadar da Deputación Provincial a devolución das pedras e cadea que para o Museo da mesma foron facilitadas en precario.
Descoñecemos porque non tivo lugar a devolución, aínda que o Museo tampouco foi creado.
Hoxe en día a Mariscala atópase no claustro do Museo Provincial de Lugo, co escudo do bispo Muñoz e Salcedo, rodeado polos releves de San Xerónimo e San Lorenzo, que procederon da Fonte Nova que existiu na actual praza de Oswaldo Codina.
Por iso nos, reclamamos do Concello de Mondoñedo, que faga as xestións necesarias, e despois de 80 anos de exilio forzoso, sexa traída de novo a Mondoñedo a "Mariscala", e para ser instalada no recentemente restaurado "Convento de Alcántara", coma as demais pezas que o largo dos anos, foron levadas ó mencionado Museo, e os mindonienses e visitantes, non teñamos que desprazarnos a Lugo para ver unha parte da nosa história.