A confraría e festas polo San Xoán en Mondoñedo

A confraría e festas polo San Xoán en Mondoñedo

A confraría foi fundada o 11 de Marzo polo bispo Diego González Samaniego. Nas súas constitucións fundacionais consta o seguinte: Na confraría non poderían entrar máis que os que fosen escribáns, procuradores, notarios ou persoa nobre e principal. Non sería admitido ningún confrade que non fose “escribano, procurador o notario sin que primero el Mayordomo aga llamar a cabildo y se junten todos y aga declaración de si debe admitir o no y no puede ser níngun admitido por cofrade si no fuese persona noble y principal y el Mayordomo que lo admitiese sin orden de todos los cofrades pague quatro duacos”

Os confrades tiñan obrigación facer dicir unha misa cantada o primeiro luns de cada mes, despois de tocar a “Prima”. Celebrar vésperas pola festa do santo e o seguinte día a correspondente misa cantada no Altar de Nosa Señora a Grande ou onde o crego e confrades quixesen.

Para dar maior suntuosidade as festas a confraría tiña que aportar “doce hachas y cien cirios de tres en libra”. Ademais cada confrade estaba obrigado a ter unha “hacha” mais grande e con ela asistiría, sempre que estivese na cidade de Mondoñedo, o enterro dos seus irmáns confrades de asociación, baixo a multa de media libra de cera. Os homes ían diante do cortexo fúnebre e as mulleres detrás.

Os confrades que designase o mordomo estaban obrigados a levar o cadáver dos seus compañeiros o cemiterio. Os cabidos celebrábanse na capela do cura ou na ermida de Nosa Señora dos Remedios.

O día de San Xoán, todos os confrades que estivesen na cidade entre catro e cinco da maña reuniríanse co mordomo e alcalde maior e logo partirían “Caballeros en sus caballos, mui galanes cada uno lo mexor que pudiese para reguzixar la fiesta del glorioso Santo” a la Ermida de San Xoán de Seivane.

Alí oirían misa e despois regresarían para oír a Misa que se celebrase no altar da Nosa Señora A Grande na Catedral ou onde os confrades o houbesen disposto. O confrade que non fose a ermida de Seivane pagaría dúas libras de cera.

Os primeiros mordomos da confraría foron: “Jacome Rodríguez de Labrada el Nuevo, escribano e Bartolome de Represa, Procurador”. Como primeiros confrades figura: Juan Abad, Rodrígo Yañez, Domingo Díaz, Juan Mosquera, Diego Fernández, Andrés da Fraga, Diego López de Reigosa, Cristóbal de Valiño, Juan Fernández Traveso, Esteban de Luaces, Jacome Rodríguez, Mateo de Herbón, Pedro das Cartas, Pedro Alvárez e Jacome Rodríguez de Labrada el Viejo, todos eles escribáns; Francisco Núñez Callobre, Vasco López de Vivero, Jácome Gómez, Fernando García de Río, Bartolome Díaz, Pedro Ares de Ribadeo, Fernando Díaz de Santomé, procuradores; Juan Alvarez e Domingo Rodríguez Bermúdez Notarios e o Rexedor Alvaro Luaces. Ata finais do século XVIII a Confraría estivo perfectamente organizada.

En 1822 adquiriuse unha imaxe que se coñece co nome de San Xoán do Toxo e atópase na Catedral de Mondoñedo. Fíxose en Ferrol polo escultor Francisco Senra, baixo a dirección de Miguel Anxo Uría, cobrando o Sr. Senra 2.000 reais polo seu traballo. Foi pintada por Agustin Robles.

En 1832 contaba a confraría con un número regular de confrades, aínda que poucos eran os que pagaban as súas cotas. O Colexio de Escríbanos en sesión do 15 de xuño de 1841, dispuxo que os mordomos da Confraría empregasen na festa de San Xoán anualmente douscentos oitenta reais que se lles abonarían do fondo común franqueándolles a cera necesaria para a festa aquela festividade e a de Corpus.

Ordenouse que a lámina do “sello” e todos os papeis e libros da “Confraría e Colexio” se gardasen na arca de tres chaves a cal estaría en poder do Decano, tendo una delas o mesmo, outra o fiscal e secretario e outra o Depositario. Pouco tempo despois esta quedou extinguida.

O 17 de Nadal de 1841 o Colexio de Escribáns de Mondoñedo entre outras consideracións dixo: “Informado el Colegio de Esnos. De esta ciudad de que equivocadamente se pretende clasificar su congregación considerándola Cofradía y que suponiendola bajo la denominación de San Juan Bautista se le reclama relación de rentas y Alajas no puede menos de manifestar a V. S. que aunque según tradición los Escribanos, Procuradores, Notarios Reales y Eclesiásticos tiveron en efecto una cofradía bajo el título del citado Santo esta hace muchos años que dejo de existir y se extinguio por sí misma sin duda por efecto de mal gobierno en los que la componían o de rentas suficientes a cubrir sus atenciónes; y así es que los vivientes ni han pertenecido a ella ni de su existencia quedó más que la memoria”.

,A Festa de San Xoán

Con motivo destas festas celebrábanse na cidade de Mondoñedo o día de San Xoán unha corrida de touros. Desto atopamos varias anotacións nas actas do Concello. A Xustiza e Rexemento o cinco de Xaneiro de 1553 creou a seguinte ordenanza: “Acerca y razón del valor de los menudos de la carnicería y condiciones con que se había de pujar dicho año que lo era que los obligados avian de dar quatro toros bravos, dos para el día de San Juan y dos para el día de Nra. Sra. de Agosto”.

En 1616 trasládase a corrida de touros do día de San Xoán ao día de San Pedro. Na acta do concello do 29 de Xuño dise: “Se mando que se trajese a las casas de Ayuntamiento coación y vino para las Damas y para otras personas que adhas casas avian benido aver al fiesta y regocigo de toros que se corrian por rreverencia del Señor San Pedro, los cuales toros se avian reservado para entonces por no se haber echo dho regocijo la vispera del Sor San Juan por caer su día en viernes y no se poder gastar la carne de ellos, la cual dha colazon, fuese asta en cuantía de tres mil mars.”

En Xuño de 1617 resultando malo un dos touros destinados para a corrida de San Xoán, acordou a Xustiza e Rexemento que o Alguacil maior repartise a carne do touro en catro partes iguais e que se deran a: O Convento de San Martín de Vilaourente, Hospital de San Pablo, Hospital de San Lázaro e os pobres da Cárcere.

No ano 1739 tamén se celebrou corrida de touros. Acerca dela no libro de actas do concello vese o seguinte: “Como se presento Memorial para zerrar la plaza para la Corrida de toros en la función del Señor San Juan. En la ciudad de Mondoñedo a vte. y un días del mes de Junio año de mil setecientos treintta y nueve yo ssno. Pongo por delica en como oy día se presto Memorial ante Susa. Los Señores Justicia y Regimto. desta ciudad, estando juntos en coferenica partiicular del vien comun por franco. Antonio Fernandez de Parga esno. Vezo. della. Mayordomo acutal dela Cofradía del Glorioso San Juan Baptista ynclusa en la Santa Yglesia Cattedral destta Ciuda. Porel que como tal repressta tiene prevenido Corrida de ttoros pa. La ttarde de el día dela Vispera del santto, pidiendo para ello licencia y que se zierre la plaza y libre aeste fin lo acostumbrado”. En “cuia vista dichos ssres concedieron dha liza y libraron pa. el cerrar de la plaza tra. Y ttres rrs. Vellon cuatro. Carlos Fernández Parga…Depositario deel arbittrio y pa que constte, de mandato de dhos ssres lo firmo= Miguel Anto. Bizoso.”.

Tamén se correron touros no ano 1753, pois en sesión do Concello do 18 de Xuño dese ano viuse un memorial de José Antonio Villares, Procurador nas Audiencias de Mondoñedo e Mordomo da Confraría de San Xoán pedindo que se concedese permiso para cerra a praza, co obxecto de celebrar a véspera de San Xoán corrida de touros. A Xustiza e o Rexemento acordou dar permiso e mandaron ao tesoureiro da cidade entregase 30 reais para pechar a praza.