A capela da Magdalena da Catedral de Mondoñedo

A capela da Magdalena da Catedral de Mondoñedo

A Capela da Magdalena foi fundada polo Arcebispo D. Alfonso, segundo consta nun documento do que fora Deán da Catedral D. Pedro Ares, outorgado en 1393 no que se di que quería ser enterrado na Capela da Magdalena sita entre a Catedral e o “pazo dos Cabaleiros”.

Este Arcebispo D. Alfonso fora bispo de Mondoñedo entre 1347-1366.

Nos tempos do bispo Diego de Soto, fixo una sacristia menor porque “le daba gran pena ver revestir los sacerdotes por los altares”. Estaba situada cara o claustro e unida a capela da Magdalena.

A capela quedou sumamente reducida pola construción do claustro. Tamén se decidiu facer unha nova sala capitular que se situaría sobre a Capela da Magdalena. A obra non se chegou a rematar pola incomodidade que tiñan os cóengos á hora de subir as escaleiras o proxecto, cambiouse de situación.
O facerse a xirola da Catedral a capela quedou de espazo moi reducido.
Na idade Media serviu como sacristia menor para que os capeláns e no seu cuarto alto se celebraron moitos cabidos, na segunda metade do século XVI.
En 1911, D. Xosé María Palacios, Arcediago de Lugo, sobriño do que fora bispo de Mondoñedo Sr. Palacios López pediu permiso para colocar un altar en honor da Virxe do Lourdes na Capela da Magdalena.

O retablo coa imaxe da Magdalena foi retirado, ata que anos mais tarde foi cedido para presidir a ermida que se fixera no cemiterio do Carme, para albergar os restos do bispo Manuel Fernández de Castro.

Coa creación do Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, o retablo volve novamente a dependencias da Catedral, ocupando un lugar privilexiado no primeiro Salón Gótico.

O retablo contén unha escultura da Magdalena, recostada nunha peaña e con amplos roupaxes e con un libro na súa man ó que dirixe a súa mirada. Conten toda ela un rico estofado.

Na parte superior do retablo a ambos lados sobresaen os escudos dos Moscosos.
A Capelanía da Magdalena. Os seus Presentadores a familia Moscoso.

Era capelán en mil seiscentos vinte e nove D. Diego Moscoso, irmán de D. Antonio Moscoso veciño de S. Martiño e señor de San Martiño e dos Palacios de Ferreira e a súa xurisdición. Este tiña dereito de presentar dita capela “ynsolidum” por ser do seu morgado e está en quieta e antiquísima posesión de Don Lorenzo de Moscoso seu avó e Santiago López de Moscoso seu bisavó.

Muller de Don Lorenzo Moscoso foi Aldanza de Omaña, que por morte do Capelán, D. Calixto Méndez de Moscoso o vinte de setembro de mil seiscentos trece presentou o seu fillo D. Diego Moscoso.

No ano mil seiscentos cincuenta e sete era patrón o Capitán Antonio Moscoso y Omaña, veciño da freguesía de Santa Cecilia e señor da vila de San Martiño acumulativa dos Palacios de Ferreira, fixo presentación para capelán a Martín Carlos Carvajal y Barriento, clérigo de menores ordenes e fillo do Capitán Antonio Carvajal e Aguiar e Dona Beatriz de Barrientos.

En mil seiscentos sesenta e dous era capelán D. Juan Rodríguez Freire, á morte deste o patrón que o era D. Antonio Moscoso e Omaña presenta en primeiro lugar a Juan Moscoso e Omaña clérigo de primeira tonsura e irmán do patrón e veciño das freguesías de Fazouro e Santa Cecilia e en segundo lugar a Don Lorenzo Moscoso, clérigo, cura reitor de Fazouro, Santa Cecilia, Nois e Cordido. Foi nomeado o primeiro. A morte deste foi nomeado Don Lorenzo de Moscoso.
Era capelán en 1682 Diego Basanta e Aguiar, cura propio da freguesía de San Salvador de Anseman. O non cumprir coas misas de Aniversario e demais cargas a capelanía vacuo. O patrón propón a Juan Agustín da Raña, clérigo de Menores e veciño de Mondoñedo. Este Morre en mil seiscentos oitenta e tres sendo substituído no cargo polo irmán do Patrono Juan de Moscoso e Omaña.
En mil seiscentos noventa era patroa D. Luísa de Castro e Ulloa e Ribadeneira veciña de Fazouro e viúva de D. Antonio de Moscoso y Omaña. Nomea por morte de Juan de Moscoso a D. Pedro de Rigueiro Freire y Andrade, Arcediago de Viveiro.
No ano mil setecentos oito declarase vacante pola deixadez de D. Pedro de Riguiero, sendo nomeado, Juan Moscoso Omaña. Neste ano dábaselle a fábrica da Catedral dous ducados por razón de título.

En 1739 era patrón D. Antonio Moscoso Omaña e Lemos dono e Señor do Coto de Ferreira, Fontao e acumulativo da vila e xurisdición de San Martín de Mondoñedo, sucesor, levador e lexítimo posuidor dos vínculos e morgados de Fontao e outros como fillo maior e primoxénito de D. Lorenzo Moscoso Omaño. Este presenta para capelán o seu irmán o coengo da Catedral D. Francisco Moscoso Omaña e Lemos. Este morre en 1765. Era Patrón D. José María Moscoso Omaña y Lemos veciño de Mondoñedo, o cal presentou como capelán a Don Diego Fernández de Lodos presbítero e residente na freguesía de Santa Cecilia do Valadouro.
Substituíu como capelán pola morte do anterior Don Manuel Caínzos e Roca presbítero veciño da freguesía de Santa Cecilia do Valadouro e residente en Mondoñedo.

En mil setecentos noventa e cinco o día de San Xoán foi rematada a media annata da Capelanía colectiva de Sta. María Magdalena fundada polo Doutor Josef López de la Fuente, Cóengo Maxistral dela en setecentos reais de Vellón.
No ano mil oitocentos dezaseis era patrón D. José María Moscoso Altamira, Miranda e Navia, Quiroga e Quindos, Maestrante da Real de Ronda, dono das Casas de Fontao, Ferreira, Cedeira, San Pedro de Río, Don Alba, Biris e veciño da vila do Ferrol.

O último capelán que tivo foi o Bacharel D. Ramón María Rojo, presbítero e veciño de Santa Cecilia do Valadouro.