Presentación do Proxecto Casa Museo de Manuel María. Fundación "Manuel María". Museo do Pobo Galego o sábado 17 de abril de 2010.
Neste video recóllese a parte da actividade de homenaxe a Rosalía de Castro -celebrada o 15 de xullo de 2010- que tivo lugar en San Domingos de Bonaval, coas actuacións musicais respectivas (Guadi Galego, Sonia Lebedynski, Uxía Senlle, Xabier Díaz, Ugia Pedreira, Coral da Asociación Solfa e Banda da Escola de Música de Rianxo), lecturas de poemas e interpretación do Himno galego.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou o xoves 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro -que tivo lugar o 25 de maio de 1891-, e para que se garanta o acceso público ao Panteón dos Galegos Ilustres. O acto contou co apoio e colaboración de máis de 200 entidades e colectivos, entre asociacións e fundacións de todo o país. Un tren, identificado como Follas Novas, partiu da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 17,45 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Neste audiovisual recóllese o percorrido do cortexo desde Padrón até Bonaval pasando polas prazas do Toural, Universidade e Cervantes.
Acto de denuncia do peche do Panteón de Galegos Ilustres. Intervención de Iria Aboi e Guillerme Vázquez. O 28 de xuño de 2010
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.