50 aniversario da saída do libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
Acto de celebración do cincuentenario. O máis vendido entre os mellor vendidos. Saído do prelo na Arxentina un 5 de xaneiro, do ano 1961. Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.
Intervención de Mª Pilar García Negro nas xornadas "Rosalía de Castro, Luís Seoane, Carvalho Calero e Uxio Novoneyra; a afirmación da lingua" organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG. Conferencia en Compostela o 11 de novembro de 2010.
I Simposio sobre Prisciliano celebrado do 24 ao 26 de novembro de 2006 en Santiago de Compostela. Resume dalgunhas das intervencións e entrevista con relatores: Anselmo López Carreira, Alvaro Rodríguez Resino, Ramón Chao Rego, Eduardo López Pereira, Victorino Pérez Prieto, Francisco Carballo, Millán Picouto e Xosé Chao Rego
Presentación d'O clamor da rebeldía, Rosalía de Castro: ensaio e feminismo' de Mª Pilar García Negro
A profesora e escritora Mª Pilar García Negro presentou no Consello da Cultura Galega o seu libro "O clamor de rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo", obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2010.
No acto interveu: Francisco Fernández Rey, catedrático da Facultade de Filoloxía da USC, María Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG, e a autora.
Santiago de Compostela. 20 de maio de 2010
Presenza do pensamento de Castelao na alternativa política do BNG
Data: 29 de maio 2010
Hora: 10:00 horas
Lugar: Hotel Méndez Núñez
Xornadas de formación do BNG
Conferencia inaugural da exposición "Brais Pinto, o afiador revolucionario" organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña . Intervén a Concelleira de Cultura Mª Xosé Bravo, e tamén algúns dos membros do grupo: Xosé Fernández Ferreiro, César Árias, Méndez Ferrín, Ramón Lourenzo, Bautista Álvarez, Bernardino Graña e Herminio Barreiro. O vídeo é un resume do acto celebrado o 4 de febreiro de 2010 na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. O grupo "Brais Pinto" supón o renacer mozo da conciencia da nación. Estudantes e traballadores novos galegos residentes en Madrid ávidos de coñecer a Terra negada e liberar a patria sometida.
A crise política na baixa Idade Media. Un momento crucial da historia de Galiza. II Xornadas Lois Obelleiro de Historia, Pensamento e Cultura. 29 de outubro de 2009. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. Inauguración a cargo de Mª do Pilar García Negro. Xosé Ramón Freixeiro Mato. "Lingua e poder político na Galiza Medieval". "O papel da nobreza e a xerarquía eclesíastica na Galiza do século XIV e XV". Francisco Rodríguez. A Alternativa galega no conflito europeo da segunda metade do século XIV. Clausura de Bautista Álvarez
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.