Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
26-02-2010

Aillar as comunidades de montes e impedir a posta en valor dos montes veciñais son dúas das liñas que ten o goberno da Xunta de Galiza

A política de montes da nova (vella) Consellería de Medio Rural

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ

Campo de golf no Concello de Rois


Imos cumplir un ano do novo goberno da Xunta de Galiza, e a nova Consellería doe Medio Rural (mellor deberíamos dicir  a Conselleria de Medio Rural de sempre, xa que o Director Xeral de Montes é o Director Xeral de toda a vida), xa está a amosar cales van ser as liñas mestras da nova política para os montes veciñais en man común. Unha das liñas mestras é:      

-Entender que o único uso que teñen que ter os montes veciñais en man común é o uso forestal con especies de crecemento rápido, compre este uso co de ser suministradores de biomasa forestal para a producción exclusivamente  de enerxía, mediante a plantación masiva de arborada para  cortar de 3/5 anos con destino a queimar. Iso de camiñar cara un monte veciñal multifuncional e sustentable é cousa de catro comunidades de montes e anterior Consellería de Medio Rural  da Xunta de Galiza .  

¿Cal é o  fundamento que nos permite manifestar rotundamente que a antes indicada é unha das liñas mestras da política de montes da nova (vella) Conselleria do Medio Rural?Son, nen máis, nen menos, os pasos que xa deu. Estes pasos foron:      -

-Liñas de axudas para o monte veciñal: Vai xa un ano do Goberno da Xunta de Galiza do PP, e a nova (vella) Conselleria de Medio Rural, somentes sacou dúas liñas de axudas para os montes veciñais, as denominadas "fomento da silvicultura en bosques rurais" e os proxectos dinamizadores en áreas rurais. Estas duas liñas de axudas, significan algunha novidade ao respecto das mesmas liñas de axudas  sacadas polo Consellería de MedioRural do goberno bipartito da anterior Xunta de Galiza?. Evidentemente que sí,  mais son novidades negativas. A primeira  destas novidades e o feito de impedir que as mancomunidades de montes poidan ser beneficiarias das axudas .

A segunda, é o feito de adicar menos orzamentos para  os montes veciñais en man común que  para os montes de titularidade privada. Que obxetivos se marca a nova (vella) Consellería de Medio Rural con estes cambios?. Nen máis nen menos que rachar a unidade das comunidades de montes e deixar de considerar como prioritario a posta en valor dos montes veciñais. A segunda liña de axudas, a denominada proxectos dinamizadores das areas rurais, segue a impedir que as manconunidades de comunidades de montes sexan beneficiarias das axudas e das seis medidas das que consta esta liña de axudas, as comunidades de montes, só poden ser beneficiarias  en unha, a denominada posta en valor do patrimonio rural. Nesta liña de axudas, ao contrario da mesma liña de axudas  sacada pola anterior Conselleria de Medio Rural, as comunidades de montes, non poden solicitar axudas para: aproveitamentos gandeiros, aproveitamentos da biomasa forestal, produccións de cogumelos, de apicultura...Que obxetivos se marca con estes cambios a nova (vella) Conselleria de Medio Rural? Nen máis, nen menos, que, seguir rachando a unidade das comunidadese impedir  o camiñar hacia un monte veciñal multifuncional e sustentable, que é o futuro por onde ten que camiñar o monte veciñal, se queremos que teña futuro.   

-Cambios de criterios no programa Leader Galiza 2007/2013. Este programa, foi aprobado pola anterior Consellería de Medio Rural. O obxetivo central de este programa era o logro de un medio rural vivo. Para eiso, priorizabanse os proxectos productivos e dentro destes, priorizabanse  os proxectos relacionados coa posta en valor do agro e do monte. Os novos dirixentes do Agader, pola calada, estan a tentar de cambiar estes criterios. Como o fan?. Pois fanno poñendo mil e unha pegas a todos aqueles proxectos presentados polas comunidades de montes  que significan unha posta en valor diversificada dos montes veciñais en man común. Que alegan para tentar de botar abaixo estes proxectos? .Alegan, nen máisnen menos que non son proxectos innovadores. Que entenderan os novos dirixentes do Agader por innovador?. Entenderán se cadra encher os montes veciñais en man común de campos de golf, construir  neles urbanizacións para o desfrute das élites da sociedade  ou instalar circuítos para a práctica dos deportes a motor?. A bon seguro que sí. O obxectivo que se marca a nova (vella) Consellería do Medio Rural, nestes cambios do programa Leader é o mesmo que se marca  no das liñas de axudas. Esto é, o impedir o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentable. Porque a nova (vella) Conselleria do Medio Rural, sabe moi ben que  un monte veciñal multifuncional  e sustentable é bo para o monte veciñal e bo para os  veciños e veciñas comuneiros e e bo para o País. E estes fins, están nas antípodas da sua extratexia política.        

Aillar as comunidades de montes e impedir a posta en valor dos montes veciñais son dúas das liñas que ten o goberno da Xunta de Galiza do Partido Popular na sua extatexia final de privatizar os montes veciñais en man común.