Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
15-04-2020

Noutro traballo anterior tiñámonos ocupado da relación entre o nome da vila de Castelao e o que, na parte de Ourense ao menos, chamamos de “rianxo”

Máis, a loor do nome de RIANXO

CÉSAR VARELA GARCÍA

Noutro traballo anterior tiñámonos ocupado da relación entre o nome da vila de Castelao e o que, na parte de Ourense ao menos, chamamos de “rianxo”. Reparabamos que ,o “rianxo” ourensán era toda a verdulería que traguian á praza de abastos as labregas , que eran nomeadas por tanto de , “rianxeiras”. As teorías “oficiais” para explicar o nome do topónimo RIANXO,parten duns supostos, RIVUS ANGULUS ou  RIVUS AMPLUS, facendo alusión á ponta de terra que entra no mar ou á amplitude da enseada rianxeira.

Se fosen certas estas suposicións, chegaríamos a uns RIANLLO ou RIANCHO que logo evoluirían para o RIANXO de hoxe.

Na verdade, dado o recortado que é o litoral galego, cabería esperar unha chea de nomes como o de RIANXO inzando todo o beiramar.

Como non é ise o caso, xa que o nome de RIANXO é cuase único, lévanos a pensar que a orixe do nome, mais que ao accidente xeográfico marítimo pode deberse a feitos económicos relacionados coa agricultura popular.

Ao querer desvendar a relación entre o topónimo e a producción agraria, daquela, propuxemos duas solución etimolóxicas para explicar a palabra:

  1. Como procedendo de RIGARE, a producción das terras de régas; TERRENO RIGANDIO > RIANXO.
  2. Mallando na idea de seren os primeiros productos das hortas, apontabamos a sua posíbel procedencia de RENASCERE; RENASCIO > REANXO.
Hoxe matinamos como mais probábel a idea de que os labregos chamarían de RIANXO ao conxunto variado da producción das suas hortas. Propomos como étimo un GREGINASIO > GREIANDIO > REIANXO > RIANXO; e todo de AGREGARE, ou sexa xuntar cousas variadas.

Hoxe, estamos mais na idea de que, a palabra RIANXO procede dun latino GREGIS, GREI, ou conxunto de productos agrícolas variados. GREGINANDIO > GREIANXO > GRIANXO > RIANXO, ou millor:

GREGINATIO > GREIANÇO > REIANÇO > RIANÇO > RIANXO

Así se explicaría o “rianxo” de Ourense, como un conxunto surtido de todo a producción agrícola da casa dispoñível nise intre.

O mandil , chámase así por que níl caben cousas moi variadas. O xeito mais elemental de gardar productos é armar unha TROUXA cun retallo de tea rectangular. lembramos os canteiros e xentes de oficios que cando ian traballar fóra, levaban o seu almorzo envolto nun pano cuadrado atado ao través polas pontas. Para representar o xeito mais elementar de arrumar as pertenzas, por ex. ,un vagamundo sempre se prepresenta por un atadello pendurado dun pau.

Ainda hoxe, os vendedores de manta, en cando albiscan a policía recollen todo un intre atando a manta polos cabos e liscando,…

Aquela cantiga de JOSÉ AFONSO : “ …é xa tempo de embalar a TROUXA e zarpar,…”

Así imaxinamos que actuaban as nosas labregas ; recollían a sua variada producción de p.ex. cenouras, liño,feixóns,ervillas, fruta,etc,… que embrullaban nun pano da casa para levar ao mercado, e alí no chan, desplegaban a sua oferta para os clientes. Ise pano ou mandil acabou levando o nome do variado producto á venda, O RIANXO.

A vila de RIANXO debería logo o seu nome, a ser un lugar de producción agrícola variada, non especializada .; nin era unha SEARA, adicada a pan, nen un VIÑAL, nen un POMAR, nen un SOUTO de castiñeiros,… era unha terra adicada a HORTA variada, ou sexa unha COMPOSTA ou RIANXO.
Valería para outros como : RINXELA, RINLO,….?

GREGINILO > REINLO > RINLO GREGINTIEDA > REINÇELA > RINÇELA > RINXELA
A idea sería a mesma, cultivo hortícola diversificado, onde se esconde o nome de COMPOSTELA, e outros mais insuspeitados que iremos desvendando…