Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
31-10-2013

No presente, nin sequera contamos cunha Soberanía alimentaria garantida, debido ás malformacións sufridas pola estrutura económica galega en función dos intereses alleos exteriores

Unha economía autocentrada no País. Para que serve?

FRANCISCO GRAÑA

Dende hai moito tempo Galiza é parte da periferia do sistema mundial, xogando un papel subordinado no Estado español. Unha posición que foi reforzada coa pertenza á Unión Europea e con independencia das distintas políticas levadas a cabo desde o Estado e a UE, todas elas contragalegas.                          

A división internacional do traballo atribuíu a Galiza a función de subministradora de recursos naturais, materias primas e forza de traballo a uns prezos marcados polo mercado global, por baixo do seu valor. Un intercambio desigual e unha sangría permanente da nosa Terra.

Coa crise, agudízase aínda máis esta posición dependente de Galiza, como Nación e como Pobo. Ante isto, faise necesario o incremento da autoorganización do pobo galego e a mobilización da maioría social, estruturada ao redor da clase traballadora galega, que se converte no instrumento principal para a supervivencia e emerxencia do País encadrado nun proxecto político nacionalista e patriótico, cara á Soberanía Nacional, baseado nas forzas políticas, sociais, culturais e económicas do propio país. As posíbeis axudas ou apoios alleos só poden vir coas loitas nacionalistas paralelas contra a Globalización Imperialista, sen inxerencias.

A emancipación nacional e social de Galiza é responsabilidade exclusiva do pobo galego.        

O españolismo confiscou os dereitos colectivos e individuais do pobo galego, en todo un proceso histórico dividido en distintas etapas e baixo diversos réximes políticos, mais co denominador común do mantemento e afondamento da opresión colonial, até o exterminio da Nación galega. Porén, as loitas nacionalistas e patrióticas das clases populares para a conquista dos nosos dereitos, no marco nacional galego, son indispensábeis para o pulo de procesos emancipadores, partindo da estrutura política, social, cultural e económica existente no país, por moi raquítica e deturpada que se encontre despois dun longo período de opresión nacional que hoxe continúa e que só pode combaterse a través da mobilización popular en todas as formas e campos, sen excepción nin tabús.                  

A batalla por unha economía autocentrada no país, é un elemento esencial, no presente e no futuro, para poder sobrevivir coma Nación e como Pobo, e, xa que logo, coma galegas e galegos, nun mundo globalizado polo Imperialismo. No presente, nin sequera contamos cunha Soberanía alimentaria garantida, debido ás malformacións sufridas pola estrutura económica galega en función dos intereses alleos exteriores.            

Esta loita, para tentar de frear ou cando menos minimizar as agresións e o permanente saqueo dos nosos recursos, capacitaranos como pobo para encetar dinámicas de transformación liberadora, autocentradas no pais; un proceso de autoconstrución do Poder Popular. Na articulación deste poder o desenvolvemento das facultades políticas e económicas do pobo galego marchan conxuntamente cara unha Democracia Política e Económica.                                

Tamén na loita de liberación nacional, as mudanzas cuantitativas producen mudanzas cualitativas. O proceso de acumulación das capacidades políticas do pobo galego conduce inexorabelmente a un futuro de rupturas dos vínculos da cadea imperialista, que impiden a emancipación nacional e social, e, porén, a mudanzas cualitativas cun novo escenario no que Galiza conte con capacidade para decidir o seu futuro, rompendo coas inxerencias exteriores.

Unha economía autocentrada no país, ten como meta principal a satisfacción das necesidades do pobo, sen exclusións, cun proxecto económico nacionalista ecoloxicamente sustentábel. Isto, leva ao control público e democrático para acometer a restauración dos medios de produción fundamentais do pais, que no caso de Galiza e, a pesares da destrución e distorsións causadas pola súa subordinación, seguen a ser os enunciados por Castelao; as tres fontes da riqueza galega, a vaca, o peixe e o árbore, amais dos sectores económicos asociados. Os sectores económicos estratéxicos, como a enerxía, transporte,comunicacións....deben constituírse no Sector Público de propiedade nacional, como un instrumento fundamental da Soberanía Nacional . Nesta liña, resulta absolutamente imprescindíbel o desenvolvemento dun sector financeiro público galego, co obxectivo de potenciar as empresas públicas e os sectores fundamentais de economía galega. Neste sector inclúese a recadación tributaria cun modelo progresivo de impostos para a redistribución da riqueza dun xeito igualitario, amais do financiamento do aparello produtivo nacional.              

Un modelo de Democracia Económica, onde se combinaría a actividade das grandes unidades económicas nacionalizadas coa expansión e estímulo das pequenas e medianas empresas, autónomos e de autoxestión, cooperativas e outras formas de propiedade colectiva, nas que se mantén a primacía do valor de uso sobre o valor de cambio. Na Planificación democrática, as grandes orientacións estratéxicas constrúense coa participación popular, onde as organizacións sociais deben ter un papel relevante.              

A descentralización da planificación facilita a participación popular en todos os ámbitos territoriais e é moi axeitada para o territorio galego, especialmente para a rehabilitación e recuperación do espazo rural, sendo as parroquias o elemento clave. Castelao dicía que na Galiza, historicamente a parroquia foi “unha célula de goberno e administración” “unha especie de comuna sen carta, organizada ao redor do campanario”, cando o desenvolvemento do capitalismo aínda non rompera totalmente os vínculos sociais precapitalistas na nosa nación.

A actividade das empresas privadas capitalistas debe desenvolverse dentro do novo marco estabelecido, no que os capitais privados son regulados; e tamén os fluxos financeiros e de mercadorías co exterior. Non pode permitirse a libre circulación de capitais especulativos que producen desastres económicos e sociais, precariedade e desestruturación da economía. Aceptado polos capitalistas privados este marco xurídico político galego, e a lóxica social das regulacións, estas empresas capitalistas poden ser rendíbeis para os seus propietarios e cumpriren unha función social positiva para o pais.              

A demanda interna nacional, constituída polas demandas do pobo, é o cerne da economía autocentrada no país, e a articulación co mercado exterior mundial debe estar subordinada a esta, quedando o sector público galego á marxe das presións deste mercado. A expresión das demandas e preferencias individuais e colectivas do pobo deben manifestarse no mercado interno nacional galego, dotado de autonomía suficiente fronte ao mercado exterior dominado polas transnacionais da oligarquía globalizada.        

As retribucións do traballo asociado e asalariado, sumadas aos custes da satisfacción dos dereitos socioeconómicos e culturais básicos (soberanía alimentaria, vivenda, sanidade, educación, servizos sociais...), comezando polo do dereito ao traballo remunerado e voluntario, dotarán dos recursos financeiros suficientes para asegurar a absorción da produción nacional de bens e servizos e a potenciación do aparello produtivo galego. A competencia non pode basearse na diminución permanente dos custes laborais e sociais, xa que os ingresos procedentes do traballo e o custe dos dereitos socioeconómicos forman a necesaria demanda interna nacional. A produtividade e a eficiencia deben basearse nun aforro progresivo dos recursos naturais e laborais consumidos na produción. Este aforro eficiente promove a diversidade e a diferenciación nos bens e servizos ofertados polo conxunto do aparello produtivo, cunha produción maior e máis heteroxénea, en combinación coa diminución do tempo de traballo socialmente necesario, e, xa que logo, da xornada laboral en beneficio do tempo libre.                  

Para o pobo galego unha economía autocentrada no pais serve, no presente, e no peor escenario posíbel baixo a opresión colonial, para non morrer de fame e ter que emigrar máis; se cadra, e nun futuro, no mellor escenario posíbel nunha nación galega normalizada e liberada, para poder desenvolver unha vida satisfactoria, a ser posíbel nun mundo en paz, onde o Imperialismo fose erradicado. Mais isto xa é outra historia.

Esta loita, para tentar de frear ou cando menos minimizar as agresións e o permanente saqueo dos nosos recursos, capacitaranos como pobo para encetar dinámicas de transformación liberadora, autocentradas no pais; un proceso de autoconstrución do Poder Popular. Na articulación deste poder o desenvolvemento das facultades políticas e económicas do pobo galego marchan conxuntamente cara unha Democracia Política e Económica.                                

Tamén na loita de liberación nacional, as mudanzas cuantitativas producen mudanzas cualitativas. O proceso de acumulación das capacidades políticas do pobo galego conduce inexorabelmente a un futuro de rupturas dos vínculos da cadea imperialista, que impiden a emancipación nacional e social, e, porén, a mudanzas cualitativas cun novo escenario no que Galiza conte con capacidade para decidir o seu futuro, rompendo coas inxerencias exteriores.

Unha economía autocentrada no país, ten como meta principal a satisfacción das necesidades do pobo, sen exclusións, cun proxecto económico nacionalista ecoloxicamente sustentábel. Isto, leva ao control público e democrático para acometer a restauración dos medios de produción fundamentais do pais, que no caso de Galiza e, a pesares da destrución e distorsións causadas pola súa subordinación, seguen a ser os enunciados por Castelao; as tres fontes da riqueza galega, a vaca, o peixe e o árbore, amais dos sectores económicos asociados. Os sectores económicos estratéxicos, como a enerxía, transporte,comunicacións... deben constituírse no Sector Público de propiedade nacional, como un instrumento fundamental da Soberanía Nacional . Nesta liña, resulta absolutamente imprescindíbel o desenvolvemento dun sector financeiro público galego, co obxectivo de potenciar as empresas públicas e os sectores fundamentais de economía galega. Neste sector inclúese a recadación tributaria cun modelo progresivo de impostos para a redistribución da riqueza dun xeito igualitario, amais do financiamento do aparello produtivo nacional.              