Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
12-04-2012

A autovía que comunicará Valdeorras co resto do País e da península ten unha asignación ridícula nos presupostos do estado para 2012

A A76 segue a ser un soño distante

VÍTOR SIERRA NIEVES


-----------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
-----------------------------------------------------------------

A autovía que comunicará Valdeorras co resto do País e da península ten unha asignación ridícula nos presupostos do estado para 2012, que asignan 186.000 euros á redacción do proxecto.

A Ministra de Fomento, Ana pastor, que nos 100 primeiros días de goberno se comprometeu coa construción da autovía Ponferrada – Ourense, designa agora 164.000 euros para a redacción do proxecto no tramo lugués, e 21.900 (3 millóns e medio de pesetas) no tramo ourensán.


Ante esta cantidade ridícula só cabe pensar que pouco importa ao goberno do PP que Valdeorras esté comunicada. Por iso segue a retrasar o proxecto. Fontes próximas ao ministerio indican que esta cantidade se debe á extraordinaria situación de crise, escusa que sería crible se o resto de partidas para infraestruturas no presupostos do estado foran na mesma liña.

Todos os axentes sociais, asociacións e partidos políticos coinciden en cualificar da mesma forma este orzamento e moitos ven unha demora premeditada na execución das obras da autovía así como unha falta de seriedade na ministra.   Así, Felipe Rodríguez, portavoz do sector do transporte na Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) en declaracións a La Región, cualificou esta partida de propagandística, explicando que era unha cantidade moi pequena. No mesmo sentido foron as declaracións do presidente da Asociación de Transportistas do Bierzo, Valdeorras e Astorga, Antonio García, que dubida da eficacia e da rapidez da contrución da A76.

O propio Moisés Blanco, portavoz municipal do PP, declarou que lle gustaría que a partida fora máis grande.