XOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ LOSADA
COMOLDES Sociedad cooperativa, situada no Polígono de San Cibrán das Viñas de Ourense, con un cadro de personal nos últimos tempos de arredor de 30 traballadores e adicada a fabricación de moldes principalmente para a automoción, esta en fase terminal despois de mais de 30 anos en funcionamento
Dende o ano 2008, a empresa empeza a arrastrar débedas cos traballadores e dende o mes de maio de 2009, os traballadores deixan de percibir o seu salario, producindose o seu despido o 30 de setembro de 2009.
Neste contexto, os traballadores organizados na CIG, iniciaron una loita en defensa dos seus dereitos e pola continuidade da empresa e dos seus postos de traballo.
Deste xeito levouse a cabo una campaña sindical, de denuncia pública da situación e de mobilización dende o mes de Outubro de 2009, que contou con apoio decidido da Federación do Metal e da Unión Comarcal de Ourense da Confederación Intersindical Galega, con concentracións de delegados e representantes de traballadores diante dos locais da empresa.
Son de destacar entre todos os actos levados a cabo, a convocatoria de una folga e o campamento permanente as 24 horas do día durante dous meses, protagonizado pola casi totalidade da plantilla , facendo garda diante das instalación da empresa e con fin de evitar a desaparición dos bens da mesma ( maquinaria e ferramentas) como garantía do cobro dos salarios pendentes e da posibilidade no seu caso de continuidade da actividade da empresa.
Non cubertas as debedas salariais na súa totalidade polo Fondo de Garantía Salarial, tal campamento posibilitou o cobro de tres mensualidades e media mais, a través do cobro polo propios traballadores da venta de producción elaborada por eles e que os compradores tiñan que abonar aos mesmos traballadores antes da súa retirada da empresa.
Hoxe os traballadores están en situación de desemprego e os bens que quedaban da empresa embargados por eles, pendentes de subasta.
A elo chegouse, a pesar de ser a empresa moi productiva e rentable, a través de un proceso de descapitalización que coincide no tempo coa aproximación dos socios cooperativistas a súa xubilación.
Así no ano 2003 os cooperativistas crean una Sociedad Limitada denominada Inversora Oito a que transfiren a nave e os terreos propiedade da cooperativa, para logo ser alugados a propia cooperativa.
Tal operación, de dudosa legalidade, e sobre a que os traballadores están valorando a interposición de una querella por alzamento de bens, en termos prácticos liquida o ben mais importante da empresa, e fai desaparecer a garantía de cobro dos salarios e indemnizacións dos traballadores no actual desenlace da sociedade cooperativa.