12:51 Mércores, 13 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

EMILIO LÓPEZ PÉREZ Perfil

Monforte de Lemos, 1952

Emilio López Pérez


Fillo e neto de labregos.

Estudos primarios: Realízaos na escola da súa parroquia, Sindrán. Estudos de Bacherelato: Realízaos no Seminario diocesano de Lugo. Estudos superiores: Fai a licenciatura de Ciencias políticas e Socioloxía en Madrid, na Universiddade Complutense dende 1972 a 1978.

Colabora co Sindicato das Comisións Labregas dende 1974, formando parte do seu primeiro Secretariado Nacional no 1978.

E Secretario Xeral das Comisions Labregas dende 1982 ate1989. É Secretario de Organización e Responsábel do Sector Lacteo dende 1989 ate 1993.

É Deputado autonómico polo BNG e portavoz desta organización na Comisión de Agricultura do Parlamento Galego dende Outono do ano 1993 ate a primavera do 2005. É o Delegado da Consellería Do Medio Rural en Lugo durante o Goberno BNG-PSOE dende 2005 ate 2009.

Na actualidade é o Coordenador da Comisión de colaboradores da Ferderación Rural Galega (FRUGA).


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña